Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 17 de outubro de 2001 Páx. 13.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2001 pola que se lles dá publicidade ás resolucións de adxudicación de contratos de asistencias técnicas.

Por resolucións do secretario xeral, actuando no nome do conselleiro da Presidencia e Administración

Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 22 de febreiro de 1999, resolveuse adxudica-los seguintes contratos:

-Contratación dunha asistencia técnica para o desenvolvemento e implantación do portal dos Concellos de Galicia (Eido Local), convocada mediante concurso público por procedemento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 4 de xullo de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 20 de xullo do presente ano.

Adxudicatario: Altia Consultores, S.L.

Importe: 34.950.000 pesetas, IVE incluído.

-Contratación do servicio de mantemento dos equipos informáticos da Xunta de Galicia, convocado mediante concurso público, procedemento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 26 de xuño de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia do 4 de xullo do presente ano.

Adxudicatario: Unisys España, S.A.

Importe: 79.532.580 pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e

Administración Pública