Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 17 de outubro de 2001 Páx. 13.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2001 pola que se convoca, mediante concurso aberto, a contratación das obras de adaptación e ampliación da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos no complexo administrativo de San Caetano.

1. Obxecto: obras de adaptación e ampliación da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos no complexo administrativo de San Caetano.

2. Orzamento: 76.365.981 pesetas (458.968,79 euros).

3. Garantía provisional: 1.527.320 pesetas (9.179,38 euros).

4. Garantía definitiva: 3.054.639 pesetas (18.358,75 euros).

5. Clasificación: grupo C; subgrupos todos; categoría D.

6. Prazo de execución: oito meses.

7. Documentos de interese para os litadores: a documentación estará á disposición dos interesados na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela, e no enderezo da Internet: http.//www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=783.

As fotocopias da documentación poderanse solicitar en Tórculo Artes Gráficas, S.L., praza de Mazarelos, 14, Santiago de Compostela, teléfono 981 58 54 55, mediante o aboamento do seu importe.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de vinteseis días naturais, contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

9. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do décimo segundo día natural, contado desde o seguinte ó termo do prazo para presenta-las ofertas. Se este fose inhábil ou sábado, a apertura levarase a cabo o seguinte primeiro día hábil.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública