Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 17 de outubro de 2001 Páx. 13.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de clave PO/01/89.3 e sete máis.

a) Obra.

1. Mellora do firme e beirarrúas no antigo treito da estrada PO-400. Travesías de Sela e Barcela en Arbo, Pontevedra. Convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Concello de Arbo 1-8-2001.

Clave: PO/01/89.3.

Orzamento: trinta e dous millóns setecentas vintesete mil novecentas sesenta e cinco pesetas (32.727.965 pesetas), equivalentes a 196.699,03 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Alargamento e mellora da estrada LU-612 de Lugo a Portomarín, treito: Mougán-Portomarín, fase II Río Ferreira-Portomarín.

Clave: N/LU/90.4.3.2.

Orzamento: trescentos quince millóns setenta e nove mil cento oitenta e oito pesetas (315.079.188 pesetas), equivalentes a 1.893.664,06 euros.

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

3. Acondicionamento da estrada C-535 Becerreá-Vendas de Narón, treito: Sarria-Polígono Industrial de Mourelle p.k. 27,650/30,150.

Clave: LU/00/99.1.

Orzamento: cento noventa e sete millóns cento setenta e sete mil cincocentas noventa e sete pesetas (197.177.597 pesetas), equivalentes a 1.185.061,23 euros.

Prazo de execución: 15 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

4. Mellora da seguridade vial na estrada C-550 O Grove, Pontevedra.

Clave: PO/01/53.6.

Orzamento: cento setenta e catro millóns catrocentas setenta e unha mil oitocentas once pesetas (174.471.811 pesetas), equivalentes a 1.048.596,70 euros.

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d; grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

5. Proxecto de alargamento e acondicionamento da estrada PO-4503, treito: C-550 Aios. Convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Deputación Provincial de Pontevedra 15 de xuño de 2000.

Clave: PO/01/90.3.

Orzamento: douscentos dezaseis millóns seiscentas setenta mil oitocentas dezanove pesetas (216.670.819 pesetas), equivalentes a 1.302.217,85 euros.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d; grupo B, subgrupo 2, categoría d; grupo E, subgrupo 4, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

6. Proxecto de alargamento e acondicionamento da estrada de enlace da C-550 coa PO-4503. Convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Deputación Provincial de Pontevedra 15 de xuño de 2000.

Clave: PO/01/91.3.

Orzamento: setenta e un millóns setecentas corenta e sete mil oitocentas sete pesetas (71.747.807 pesetas), equivalentes a 431.213 euros.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c; grupo E, subgrupo 4, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

7. Proxecto de alargamento e acondicionamento da estrada PO-4513, treito: Portonovo-Adina. Convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Deputación Provincial de Pontevedra 15 de xuño de 2000.

Clave: PO/01/92.3.

Orzamento: cento setenta e tres millóns novecentas cincuenta e catro mil catrocentas oitenta pesetas (173.954.480 pesetas), equivalentes a 1.045.487,48 euros.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d; grupo E, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

8. Enlace desde a C-543 ata N-550, paso a distinto nivel no nó de Vidán.

Clave: N/AC/90.6.1.

Orzamento: douscentos oitenta e oito millóns trescentas trece mil catrocentas vinteúnha pesetas (288.313.421 pesetas), equivalentes a 1.732.798,56 euros.

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo de Internet: http://www.xunta.es/contratación/, e en CopyNino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono 981 58 89 38.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo á documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no parágrafo F, do cadro de características.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2001

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda