Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 17 de outubro de 2001 Páx. 13.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/346).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica Fuciños y Rivas, S.L.

Domicilio social: Ronda da Coruña, 36, Melide.

Denominación: L.M.T.S., C/R Coruña-Rúa Galicia-M. Freire-C.T. Ronda C.II.

Situación: Melide.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 535 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 150 mm Al, que parte do C.T. M. Freire e final na L.M.T.S. a C.T. Rúa de Galicia, pasando polo C.T. Ronda da Coruña II e saída subterránea deste C.T. enlazar coa L.M.T.S. a C.T. Cazallas. C.T. tipo interior de 1.000 kVA a 15/20 kV B2. Concello de Melide.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de setembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña