Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 17 de outubro de 2001 Páx. 13.534

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (263/2000).

No procedemento a que se fai referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia:

Xulgado de Primeira Instancia número tres de Santiago de Compostela.

Procedemento: separación 263/2000.

Santiago de Compostela, sete de marzo de dous mil un.

Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza de Primeira Instancia número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de separación nº 263/2000, por instancia de María del Carmen Noya Domínguez, representados pola procuradora Eva Dorado Lebon e dirixidos polo letrado Evaristo Nogueira Pol, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que debo decretar e decreto a separación conxugal dos esposos María del Carmen Noya Domínguez e Julio Seoane Vázquez.

Así mesmo, debo aprobar e aprobo o convenio regulador presentado en autos asinado polos esposos e ratificado en presencia xudicial, o testemuño do cal se deberá xuntar á presente sentencia, todo isto sen facer especial imposición das custas procesuais.

Así que sexa firme a resolución, comuníquese ós rexistros civís correspondentes para os efectos rexistrais oportunos.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito ante este xulgado no termo do quinto día.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentencia».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Julio Seoane Vázquez, expídese esta sentencia para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2001.

O/A secretario/a

Rubricado