Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 17 de outubro de 2001 Páx. 13.534

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e data de realización do segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

O punto 3 da base sexta a) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que as datas de realización das probas serán anunciadas no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de 7 días naturais de antelación.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, data e hora de realización do segundo exercicio da fase de oposición, cómpre agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente a esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición nalgunhas das categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocadas na Resolución do 20 de marzo de 2001 para a realización do segundo exercicio da fase de oposición consonte a seguinte distribución:

-Día 26 de outubro de 2001:

Chamamento 9.30 horas: grupo técnico da función administrativa.

Chamamento 16 horas: pinche.

Chamamento 18 horas: celador.

-Día 27 de outubro de 2001:

Chamamento 9 horas: ATS/DUE.

Chamamento 12.45 horas: xestión da función administrativa, fisioterapeuta, traballador social, matrona, TEL, TER, TEAP, hixienista dental.

Chamamento 17.15 horas: auxiliar de enfermería.

Segundo.-Este segundo exercicio realizarase no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

Terceiro.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte, e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único, polo que se excluirá do concurso-oposición a quen non compareza por calquera causa.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos