Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 04 de outubro de 2001 Páx. 13.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 30 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores de incendios relacionados no anexo, de referencia OU-231/01 IN e tres máis devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sancións indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 30 de agosto do 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

nº/ano

Denunciado

DNI

Última dirección coñecidaFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

pesetas

231/01 INEulogio Colmenero Justo

DNI: 34647369

r/ Julián Gaiarre 27, 6ºB-BilbaoAbandono vehículo BI-9650-AFArtigo 137.e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN.50.000

234/01 INManuela López Fernández

DNI: 34993786

Nosa Sra. Do Viso 8-B

32005 Ourense

Abandono vehículo PO-2819-ZArtigo 137.e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN.50.000

246/01 INÁngel Javier Pérez Cancela

DNI: 34927740

Rúa Velázquez, 30 32002 OurenseAbandono vehículo OR-0627-EArtigo 137.e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN.50.000

249/01 INFrancisco José González Senra. DNI: 34911264Nosa Sra Das Ermitas, E. Caroni, 1º-C 32005 OurenseAbandono vehículo LU-9266-GArtigo 137.e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN.50.000