Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 04 de outubro de 2001 Páx. 13.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 30 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores de incendios relacionados no anexo, de referencias OU-28/01, OU-78/01 e OU-83/01 IN, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 14 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2000, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que a presente resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 30 de agosto de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

nº/ano

Denunciado

DNI

Última dirección coñecidaFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

pesetas

OU 28/01 INJosé Pérez Fernández

DNI: 34723089

r/ Guilss nº 7, Puigcerdá

Girona

Abandono de vehículo M-5633-IUArtigo 137.e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN.50.000

Expediente

nº/ano

Denunciado

DNI

Última dirección coñecidaFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

pesetas

OU 78/01 INAntonio Torres Ambrosio

DNI: 34963432

r/ Xeneral Franco nº 92,

Xinzo de Limia, Ourense

Abandono de vehículo OR-7180-IArtigo 137.e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

OU 83/01 INExcavaciones Ourensanas, S.L. 32143919-Br/ Coruña nº 3, O Barco de Valdeorras OurenseAbandono de vehículo OR-29878Artigo 137.e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000