Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 04 de outubro de 2001 Páx. 13.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ANUNCIO do 26 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se someten a información pública o estudio de efectos ambientais e o proxecto para a posta en funcionamento e explotación dun establecemento de cultivos mariños en Cervo (Lugo).

Tendo en conta, en primeiro lugar, polo que respecta á posta en funcionamento dun establecemento de cultivos mariños, o establecido na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre; e polo que respecta ó estudio de efectos ambientais o disposto no Decreto 327/1991, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, sométense a información pública a petición de permiso de actividade e o estudio de efectos ambientais do establecemento que se describe:

-Tipo: criadoiro.

-Nome: Alrogal, S.A.

-Actividade: producción de crías.

-Especies: rodaballo (Psetta maxima).

-Localización: polígono industrial de Cuíña-Cervo (Lugo).

-Solicitante: Alrogal, S.A. (CIF: 36883239-A).

O expediente estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo, nos días e horas habituais de oficina, e achega-las alegacións e informacións que coide oportunas nos lugares que se detallan a continuación:

1. Proxecto de posta en funcionamento do establecemento:

Servicio de Acuicultura.

Dirección Xeral de Recursos Mariños.

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Rúa do Valiño 63-65 baixo.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

2. Estudio de efectos ambientais:

a) Servicio de Acuicultura.

Dirección Xeral de Recursos Mariños.

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Rúa do Valiño 63-65 baixo.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

b) Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

r/ Os Feáns, 1-3.

15706 Santiago de Compostela.

c) Delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente.

Edificio administrativo servicios múltiples.

Praza Luís Seoane s/n.

15008 A Coruña.

d) Concello de Cervo.

Praza do Concello, s/n.

27891 Cervo (Lugo).

Prazo de exposición: vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Prazo para formular alegacións: vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2001.

P.A. (Orde 4-8-1999)

Juan M. Rodríguez Rodríguez

Subdirector xeral de Marisqueo e Acuicultura