Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 01 de outubro de 2001 Páx. 12.952

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do laudo arbitral do convenio colectivo da empresa Almacenamientos y Montajes, S.A. (Alymosa).

Visto o texto do laudo arbitral sobre aplicación de tempos esixibles no método e definición da actividade para o sistema de asignación de tempos no sistema retributivo por rendementos (Bedaux), na empresa Almacenamientos y Montajes, S.A. (Alymosa), dictado po José Mª Casas de Ron, con data 11 de xuño, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-7-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido na Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, artigo 24.4º do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA) e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de xullo de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Laudo arbitral.

José Mª Casas de Ron, designado polas partes árbitro en acta de compromiso arbitral de data 28 de abril de 2001, en procedemento de solución de conflictos, con base no establecido no capítulo III do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA), procedemento número de referencia 8/2001, no que son interesados dunha parte a representación legal dos traballadores a través do seu delegado de persoal, e doutra a empresa Almacenamientos y Montajes, S.A. (Alymosa), mediante acta de compromiso arbitral remitida en data 9 de abril de 2001, como partes lexitimadas do conflictos sobre diverxencias xurdidas entre as partes no método e definición de actividade para o sistema de asignación de tempos no sistema retributivo por rendementos (Bedaux), visto o expediente e oídas as partes, resol

vo a cuestión presentada por medio do presente laudo, con base nos seguintes antecedentes:

Ante as discrepancias xurdidas na aplicación de tempos esixibles no método e definición da actividade para o sistema de asignación de tempos no sistema retributivo por rendementos (Bedaux), e esgotadas as vías de solución de conflictos internos, tal como tamén consta na citada acta de compromiso arbitral, as partes acoden ó sistema de solución de conflictos colectivos.

Iníciase o expediente con base nos seguintes antecedentes: durante a vixencia do anterior convenio colectivo e durante a negociación do recentemente pactado, a parte social veu observando diferencias con respecto á precisión do nivel de actividade, que condiciona o establecemento dos tempos de traballo na empresa como parte do sistema de incentivos por rendementos. Estas diferencias fóronlle explicitadas ó árbitro nas xuntanzas preparatorias previas á iniciación do procedemento arbitral e nas mantidas no centro de traballo. Sinalouse por parte do árbitro a necesidade imprescindible de solicitar un informe técnico pericial a fin de que puidese ter mellor xuízo para resolve-la cuestión presentada no conflicto, que se estima, de intereses.

Procedemento.

O árbitro constituíu a mesa arbitral os días 15 de maio e 6 de xuño no centro de traballo, comparecendo ademais do que subscribe, por parte da representación dos traballadores, o delegado de persoal, Manuel Lago, e parte de CC.OO., como asesor, Francisco Mayo Abalde; por parte da empresa Ramón González, conselleiro delegado, Jorge Puime, director xerente, Agustín Pérez, director de Recursos Humanos, Javier Cid, xefe de enxeñería, e Amaya Baños, responsable de métodos.

Na segunda das xuntanzas consignadas incorpórase a esta José Ramón García, dentro da representación de CC.OO.

O actuante comunica ás partes, na primeira das xuntanzas, as fases do procedemento, sinalando que, para tódolos efectos, garantiranse os principios de audiencia, contradicción e igualdade; ademais, as partes expoñen ó árbitro os seus enfoques, posición e pretensións, delimitando o suposto motivador das diferencias que se someten ó xuízo arbitral.

Á primeira xuntanza, asiste tamén o enxeñeiro técnico industrial Joaquín Nogués Llagostera, técnico asignado polo Servicio de Solución de Conflictos co fin de intervir tecnicamente e emitir un informe dirixido ó árbitro para establece-la actividade e verificar se os tempos de traballo vixentes na empresa de referencia están dados correctamente na escala Bedaux ou nas súas correlacións.

Para estes efectos, o Sr. Nogués informa ó árbitro, en presencia das partes, que se seleccionaron como mostra tres referencias, referencias que foron elixidas polo delegado de persoal da empresa e que, posteriormente, foron aceptadas pola dirección como representativas. Estas referencias son as de montaxe completa do conxunto armadura do asento dianteiro

do automóbil en tres modelos distintos denominados abreviadamente MF, VP e VU. O traballo do técnico realizouse durante a tarde do día 14 de a mañá do día 15, observándose consecutivamente as tres citadas montaxes, con toma selectiva de tempos, gravación videográfica de ciclos de montaxe e análise das gammas operatorias, follas de análise de cronometraxe e bonos de traballo, en función da documentación requirida e achegada pola empresa, ademais de atende-las posibles suxestións das partes intervinientes.

Igualmente, ó finaliza-la análise técnica, o enxeñeiro Nogués ofreceu ós representantes da empresa e dos traballadores o visionado dunha selección de material gravado, a título meramente informativo, e sen entrar en valoración técnica.

Con posterioridade, e despois dunha análise pormenorizada, o Sr. Nogués remitiu ó árbitro, a través do Servicio de Solución de Conflictos, a súa conclusión técnica, solución que o árbitro fai súa e que reflectirá na parte dispositiva deste laudo.

Na segunda das xuntanzas, e co fin de completa-lo expediente, o árbitro ofreceulles ás partes a posibilidade de realizar unha última análise para facerlle chegar as súas alegacións finais, xuntanza na que se realizou un intercambio de argumentacións sobre sistemas de medición e equivalencias (BSI, Bedaux, ou centesimal). Por último, e antes de resolve-la cuestión presentada, significa o árbitro expresamente que por ineludible necesidade de realiza-la peritaxe técnica a que se fixo referencia, foi necesario no presente conflicto utilizar prazos excepcionais para dictar laudo arbitral.

Conclusións.

Remitido o informe técnico, o árbitro considera, en primeiro lugar, que o dito informe se realizou dando satisfacción ós requisitos de audiencia, contradicción e igualdade, podendo as partes interesadas dar conta ó técnico actuante de suxestións ou formalidades no exercicio da súa función; por outra parte, o dito dictame supón para o árbitro a achega de datos necesarios co fin de dictar laudo no conflicto de intereses por aplicación de disposición técnica diante das diferencias na implantación e funcionamento dos tempos do sistema de incentivos por rendementos implantados.

Por isto, e baseándose nas consideracións expostas, resolvo a cuestión en equidade, en función das previsións do dictame técnico que o árbitro converte en vinculantes dictando o seguinte laudo, de acordo co artigo 3 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Conflictos Colectivos de Traballo, dictándose no prazo excepcional previsto no epígrafe 2º do artigo 24 do dito acordo, xustificado na propia petición do informe técnico ó que se fixo referencia, e sendo advertidas as partes da excepcionalidade á que se acolle o presente pronunciamento en canto ó su prazo.

A peritaxe técnica conclúe que os tempos de traballo na empresa Alymosa non están dados a actividade 72 a escala Bedaux senón a actividade 75 da mesma escala.

Polo tanto, dado que actividade 75 é un 4,17% superior a 72 os tempos de traballo da empresa deberán ser aumentados nesta mesma porcentaxe, é dicir, un 4,17%, aumento que se debe reflectir en tódolos tempos de traballo na actualidade vixentes, para compensa-lo desaxuste na valoración da actividade e que desta forma tódolos tempos estean dados a actividade 72 da escala Bedaux.

O presente laudo poderá ser recorrido ante a xurisdicción social nos termos establecidos no pr. 4 do artigo 24 do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo (AGA).

Dado en Vigo, 11 de xuño de 2001.

José Mª Casas de Ron

Árbitro