Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 01 de outubro de 2001 Páx. 12.953

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a exposición pública das listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas dos programas I, II, III, correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2001 para o persoal ó servicio da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no punto 6, procedemento, das condicións xerais do acordo da comisión paritaria de acción social sobre os criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio 2001 do persoal ó servicio da Administración de xustiza nesta Comunidade Autonóma, ó que se lle deu publicidade por Resolución do 10 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Xustiza, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 104, do 30 de maio, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas, correspondentes ós programas I, II e III: axuda fillos e estudios fillos, estudios funcionarios e axuda minusválidos, que están expostas no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas audiencias provinciais, nos xulgados decanos e no Servicio de Xerencia.

Segundo.-Os solicitantes dos devanditos programas poderán presentar escrito e, se é o caso, documentos de reparación de faltas e erros no prazo de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no devandito punto 6 do acordo sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio de 2001, nos rexistros xerais dos órganos administrativos establecidos no artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro, e dirixiranse á directora xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Rela

cións Laborais (praza de Europa, 5A-4º, polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2001.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Directora xeral de Xustiza