Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 01 de outubro de 2001 Páx. 12.944

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Almacenes, Servicios y Recuperaciones, S.L. (Alservi, S.L.)

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Almacenes, Servicios y Recuperaciones, S.L. (Alservi, S.L.), con nº de código 3603222, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-7-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa e da parte social, polos delegados de persoal, en data 24-5-2001. De conformidade co dispuesto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios

da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de xullo de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Almacenes, Servicios y Recuperaciones, S.L. (Alservi, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio regulará as condicións mínimas ás que se haberán de axusta-las relacións laborais e económicas de Alservi, S.L. e o seu persoal e que se rexen pola normativa contida no vixente Estatuto dos traballadores as súas disposicións de desenvolvemento e o propio convenio colectivo.

Afectará o persoal que actualmente preste servicios na referida empresa no seu centro de Vigo e provincia, así como aquel que ingrese no futuro.

Artigo 2º.-Vixencia.

O presente convenio colectivo terá unha vixencia de dous anos e será aplicable a partir da sinatura do convenio e rematará o 31 de decembro de 2002.

Artigo 3º.-Prórroga e denuncia.

Quedará automaticamente denunciada, con tres meses de antelación e prorrogarase o actual convenio ata a entrada en vigor do seguinte.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas aquí forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

Artigo 5º.-Garantías persoais.

Respectaranse a título individual as condicións de traballo que fosen superiores ás establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual.

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

Xornada: a xornada ordinaria de traballo establécese en 40 horas semanais de traballo efectivo e non superior en ningún caso a 9 horas diarias.

Computaranse como horas extras as que superen as anteriores.

Esta xornada será equivalente a 1.780 horas anuais para os anos 2000 e 2001.

A empresa unha vez rematado o ano computará o posible exceso de xornada para o desfrute deles nas datas que se pacten

Horario: o horario establécese preferentemente desde as 22 horas do domingo ás 14 horas do sábado, en quendas rotatorias alternativas de 6 a 14 e de 14 a 22 horas.

A quenda de noite será de 22 a 6 horas para o persoal contratado especificamente para a dita quenda.

No centro de traballo de Alservi establécese un horario de 5.55 a 13.55 horas, de 13.55 a 21.55 horas e de 21.55 a 5.55 horas. O período de descanso fíxase ás 10 horas, ás 18 horas e ás 2 horas.

Estando distribuída a xornada por quendas, as partes pactan que por necesidades organizativas que poderán ser cambiados os traballadores de quenda e de centro de traballo, excepto a quenda de noite que deberá ser pactada individualmente co traballador afectado.

O inicio do cómputo da xornada afectarase cando o traballador se atope no seu posto de traballo.

Artigo 7º.-Vacacións.

Dispoñerase de 30 días naturais de vacacións que se desfrutarán preferentemente no mes de agosto.

Para a súa fixación terase en conta o calendario laboral das empresas clientes nos centros das cales estean os traballadores desprazados ou que estean traballando cos seus productos.

Non obstante, se por causas conxunturais ou outras circunstancias a empresa se vise obrigada a paraliza-la súa producción, ben por avarías ou por falta de subministración de materias primas, orixinado todo iso por unha forza maior, a empresa poderá fixar outra data distinta de vacacións á arriba sinalada, logo de acordo cos representantes legais dos traballadores.

Artigo 8º.-Festivos.

Para a vixencia deste convenio establécense como máximo os festivos que con carácter nacional e autonómicos e locais oficiais fixe o calendario publicado no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra.

Artigo 9º.-Seguridade e hixiene no traballo. Saúde laboral.

É obxecto deste convenio promover entre o empresario e os traballadores unha adecuada formación e información en temas de prevención de riscos no traballo.

A empresa está obrigada ó cumprimento inescusable das normas de seguridade e hixiene no traballo en materia de aseos, vestiarios, dotacións sanitarias, uniformes, etc., de conformidade coa Lei de prevención de riscos laborais.

No demais haberá que aterse ó establecido na mencionada lei e no seu desenvolvemento.

Artigo 10º.-Recoñecemento médico.

A empresa está obrigada a solicitar un recoñecemento médico anual como mínimo.

Artigo 11º.-Incapacidade temporal.

No caso de baixas laborais estableceranse os seguintes puntos:

En tódolos supostos de baixa por enfermidade ou accidente xa sexa común ou laboral o traballador terá dereito a cobrar o 100% do soldo.

En caso de accidente laboral se a baixa comprende o período vacacional tense dereito ó desfrute do resto das vacacións non desfrutadas pola baixa se se obtén a alta dentro do ano soamente.

En caso de baixa por enfermidade ou accidente común non se ten dereito a desfruta-las vacacións se a baixa coincide co período vacacional.

Artigo 12º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, terá dereito a permisos con dereito a remuneración durante o tempo e os supostos seguintes:

-Por matrimonio: quince días.

-Por nacemento de fillo: os mesmos días de ingreso da nai ata un máximo de oito días naturais e un mínimo de dous.

-Por falecemento de muller e fillos : sete días naturais.

-Por falecemento de pais e irmáns: tres días.

-Falecemento de familiar de ata segundo grao de cosanguinidade ou afinidade (avós, netos, sogro, xenro): dous días.

-Enfermidade grave de muller, fillos e pais: dous días coa posibilidade de revisión polo comité de empresa e dirección dela.

-Traslado de domicilio: un día.

-Voda: o día da voda no caso de fillos, irmáns e pais.

-Morte de tíos: o día do enterro con xustificante.

-En declaracións no xulgado saída unha hora antes de declarar e regreso unha hora despois de declarar con xustificante.

-O tempo necesario en caso de consulta médica, coincidindo o horario de traballo co da consulta médica, debendo presenta-lo traballador o volante xustificativo.

-Dous días anuais cun intervalo dun mes como mínimo sen xustificación pero con previo aviso do traballador á empresa e sen remuneración os ditos días. Non deben coincidir con máis do 10% dos empregados e non deben estar relacionados con pontes ou períodos de vacacións.

-As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, por vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

-Nos supostos de falecemento de familiares directos ou enfermidade grave deles, se o traballador necesitase facer un desprazamento fóra de Galicia, concederánselle dous días naturais máis.

Artigo 13º.-Pezas de roupa de traballo.

A empresa facilitará dúas mudas de roupa ó ano para os traballadores indefinidos e unha muda ós eventuais. A roupa de traballo estará composta por pantalón, camisa e chaqueta curta. No período de proba facilitáraselles unha bata ou unha funda que será substituída posteriormente pola roupa de traballo regulamentaria. No caso do calzado de seguridade a empresa dotará o traballador dun par de botas e procederase á súa substitución cando a súa deterioración así o aconselle e de acordo co comité de empresa.

A empresa dotará dun equipamento para os posibles traballos que deban realizarse á intemperie.

O persoal comprométese a mante-la roupa de traballo no mellor estado posible e coa maior limpeza, non estando autorizados ó uso dela fóra das actividades que realice por conta da empresa.

Artigo 14º.-Capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo, enfermidade profesional ou común de longa duración, con reducción das súas facultades físicas ou intelectuais sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocupa-los postos máis aptos con relación ás súas condicións que existan na empresa sempre que teñan aptitude ou idoneidade para o novo posto.

Artigo 15º.-Pagamento de nóminas.

O pagamento de nóminas realizarase de forma mensual. Non obstante, o persoal poderá solicitar coa debida antelación anticipos a conta dos seus haberes devengados.

En canto á forma de pagamento haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 16º.-Complemento por traballos nocturnos.

Considerarase traballo nocturno o comprendido entre as 22 horas e as 6 horas da mañá.

Tódolos traballadores que teñan dereito a percibir suplemento de nocturnidade percibirán unha bonificación do 25% sobre o seu salario base.

Estes suplementos serán independentes das bonificacións que en horas extras lles corresponda.

Artigo 17º.-Categorías.

As categorías quedan fixadas da seguinte maneira:

Peón: realizará tarefas que consisten en operacións realizadas seguindo un método de traballo preciso, con alto grao de supervisión, que normalmente esixen coñecementos xerais de carácter elemental e dun período breve de adaptación. Actividades sinxelas e rutineiras que requiran preferentemente esforzo físico ou atención, sen excesiva complexidade, e que teñan que ver coa selección, control, verificación, ensamblaxe e recuperación, almacenaxe e acondicionamento de pezas, compoñentes e accesorios. Manipulación básica de maquinaria ou ferramentas sinxelas logo do proceso de formación e adaptación de pouca duración. Corresponderá esta categoría a aqueles traballadores de novo ingreso que non sexan contratados especificamente noutra categoría.

Especialista de 2ª: o anterior que ademais pola súa experiencia pode realizar traballos nos que o grao de superviviencia é menor, polo que pode realizar traballos de maior complexidade que o peón como pode se-la ordenación, recepción, realización de traballos cun método de traballo específico ou concreto, traballos con máquinas sen necesidade de formación previa específica agás a adquirida no período de adaptación, e ademais pode ter encomendadas as tarefas de explicarlles ós peóns as tarefas que hai que realizar, así como outros especialistas de 2ª. Corresponderá esta categoría ós peóns con seis meses de antigüidade.

Especialista de 1ª: ademais de todo o anteriormente exposto pode ter encomendadas tarefas que se executen con instruccións concretas, claramente establecidas, cun alto grao de dependencia, que requiran unha especial habilidade, adecuados coñecementos profesionais e aptitudes prácticas, adquiridas pola experiencia profesional. Ademais, poden ter encomendadas tarefas organizativas de pequenos grupos de traballo, así como explica-las tarefas que realizarán os peóns e os especialistas de 2ª, como a outros especialistas de 1ª. Corresponderá esta categoría ós especialistas de 2ª con seis meses de antigüidade na dita categoría.

Especialista de 1ª con funcións de subencargado: ademais de tódalas anteriores, ten unha responsabilidade delegada sobre o resto dos traballadores e sobre os traballos que desenvolven estes. Labores de control, inspección, ordenación, distribución de traballos que lle foron encomendados, así como suepervisión destes. Pola súa vez estará directamente subordinado a un encargado.

Encargado: inclúense neste categoría os traballadores que ademais de te-los coñecementos necesarios e imprescindibles para o desempeño do posto, previamente adquiridos, tanto pola súa formación como pola súa experiencia, realizan actividades que impliquen a responsabilidade dunha quenda de traballo ou unha liña de producción secundada por traballadores dun grupo profesional inferior. Realiza as funcións de integrar, coordinar e supervisar varias tarefas, coa responsabilidade de ordena-la execución do traballo, ordenación das tarefas e postos de traballo, responsabilidade de supervisión segundo especificacións xerais ou concretas recibidas, da execución práctica das tarefas, vixilancia e aplicación dos medios e medidas de seguridade.

Técnico: terá esta categoría o traballador cunha formación específica de grao medio e cuns coñecementos e preparación que sexan necesarios para a actividade que vai desenvolver. Tamén corresponderá esta categoría ós traballadores con formación profesional de segundo grao que pola súa experiencia e preparación teñan capacidade e realicen os mesmos traballos que un técnico titulado.

Responsable de calidade: é o que logo de estudio dos traballos que se van realizar, fixa as normas e regras para a súa execución, establecendo patróns e modelos, revisando e valorando a execución dando ó respecto as instruccións necesarias e podendo toma-las medidas oportunas en caso de urxencia.

Responsable de operacións: é o que con mando directo sobre o persoal e ás ordes da dirección ten a responsabilidad do traballo e a disciplina e seguridade do persoal. Correspóndelle a organización ou dirección do servicio, indicando ós seus subordinados a forma de efectua-los traballos que ordene.

Responsable de administración: é a persoa que ten coñecementos profesionais específicos e a suficiente experiencia para realizar procesos administrativos ou de xestión completos xa sexa na sección de contabilidade, persoal, finanzas, clientes, provedores, xestión de stock, producción, etc., con responsabilidade sobre a execución destes e os seus resultados e no labor dos cales se require autonomía e iniciativa, podendo ser axudada por unha ou varias persoas.

Oficiais administrativos: os que realizan algún dos procesos descritos anteriormente con responsabilidade sobre os seus resultados.

Administrativos: correspóndenlle-las tarefas de axuda e colaboración cos anteriores.

Resposable de RR.HH.: o titulado de grao medio como mínimo que en colaboración coa dirección é responsable da contratación e coordinación do persoal, da súa planificación, formación, disciplina, seguridade e política salarial.

Nas categorías non previstas neste convenio remitímonos ó acordo sobre cobertura de baleiros.

No caso de que por necesidade do traballo sexa necesario crear unha categoría nova, esta será incorporada a este convenio como anexo, de acordo co comité de empresa.

Artigo 18º.-Salarios.

Para o período de vixencia deste convenio, o incremento salarial será o da táboa anexa e este convenio.

Respectaranse as condicións económicas derivadas das condicións persoais do traballador, que sexan máis beneficiosas en cómputo anual.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

Como política da empresa realizaranse as mínimas horas extraordinarias posibles para cubri-las necesidades urxentes dos clientes non superando en ningún caso as 80 horas anuais e as estructurais que sexan en todo caso, imprescindibles. O seu valor está fixado na táboa de horas extras.

Artigo 20º.-Desprazamentos.

O quilómetro de desprazamento pagarase a 32 pesetas/km, sempre que o desprazamento se realice en vehículo achegado polo operario. O desprazamento non se considerará xornada laboral se este se realiza fóra da xornada habitual dos traballadores, sempre que este sexa inferior a 25 km ida e 25 km de volta.

No suposto de que o desprazamento sexa superior de 25 km (ida) e 25 km (volta), contados desde o domicilio do traballador ou desde o centro de traballo onde habitualmente realiza o seu traballo ata o lugar onde debe desprazarse, tomando como referencia a distancia máis curta das dúas anteriores, o tempo empregado en realiza-los quilómetros que excedan do límite anterior considerarase tempo efec

tivo de traballo. En ningún caso se pagará un desprazamento extra no suposto de que o traballador se contrate especificamente para traballar nun determinado centro de traballo, o cal será a súa referencia á hora de desprazarse, ademais do seu domicilio.

Artigo 21º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes ós meses de xullo e decembro na contía cada unha delas de trinta días de salario base.

Estas pagas devengaranse:

-Durante este exercicio, ata o 21 de decembro de 2001, a paga correspondente a xullo ratearase na nómina de tódolos meses que o traballador preste os seus servicios dentro do ano 2001.

-A partir do 1 de xaneiro de 2002 a paga correspondente a xullo será aboada entre o 10 e o 25 deste mes en cuestión (a parte proporcional que corresponda, posto que parte da paga xa se cobrou no ano 2001). A paga extra de decembro será aboada entre o 10 e o 20 de decembro.

Artigo 22º.-Complemento de responsabilidade.

O especialista de primeira que teña responsabilidade de segundo encargado cobrará un complemento funcional por este concepto mentres exerza esta responsabilidade que se especifica na táboa salarial.

O encargado cobrará un complemento funcional determinado na táboa salarial de responsabilidade mentres exerza esta.

Artigo 23º.-Gastos de transporte.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá por día traballado e en concepto de gastos de transporte a cantidade que se establece na táboa salarial.

Artigo 24º.-Recibo liquidación.

Nos contratos de obra ou servicios determinados que duren máis dun ano comunicarase a súa extinción con 15 días de antelación. Nos que duren menos, deberase comunica-la súa extinción con 3 días de antelación e entregar copia resumo orientativa da liquidación que lle corresponde con 2 días de antelación.

Artigo 25º.-Acción sindical.

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente, os traballadores desfrutarán das garantías sindicais vixentes entre os artigos 62 e 92 do Estatuto dos traballadores, ambos inclusive.

Artigo 26º.-Excedencias.

Un traballador poderá solicita-la excedencia despois dun período de prestación de servicios dun ano.

Esta excedencia concederase por un período mínimo dun ano e en todo caso o traballador conserva o seu dereito á reincorporación ó seu posto de traballo sempre e cando este quede libre e o traballador manteña a formación e preparación adecuada para o desempeño del.

Artigo 27º.-Xubilación.

A empresa e os traballadores poderán pactar logo de existencia de común acordo entre as partes, xubilacións anticipadas ós sesenta e catro anos, de con

formidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo e a Lei 63 e 64/1997, do 26 de decembro, reservando a empresa para si o dereito de substituí-lo dito traballador xubilado por quen considere oportuno.

Artigo 28º.-Contratos.

a) Contrato de obra ou servicio.

Identifícanse como traballos que poden cubrirse co mencionado contrato aqueles que teñan por obxecto a realización dunha actividade contratada por un terceiro por tempo determinado e aqueles que teñan por obxecto a selección, recuperación, verificación, control, ensamblaxe, etc. de pezas e accesorios con substantividade propia.

b) Contrato por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

Regularase segundo o establecido no Estatuto dos traballadores, artigo 15.1º b).

c) Pacto polo emprego.

As partes asinantes deste convenio, conscientes da importancia e transcendencia social dun emprego estable e de calidade, e co ánimo de contribuír a isto da forma máis efectiva posible acordan:

A conversión de 25 contratos temporais en indefinidos desde a sinatura do convenio ata un prazo máximo dun ano.

d) A empresa de acordo co comité de empresa fomentará el aumento do número de contratos de duración indefinida realizando a súa elección utilizando as prioridades de:

Antigüidade da empresa.

Capacidade profesional.

Preparación profesional.

Cargo desempeñado.

Aptitudes demostradas.

e) En relación cos contratos formativos facemos referencia ó artigo 11 (contratos formativos) do Estatuto dos traballadores.

f) Empresa de traballo temporal.

A utilización de traballadores de empresas de traballo temporal limitarase a pedidos puntuais e urxentes.

A tódolos traballadores contratados que prestaron servicios na empresa teráselles en conta o tempo anteriormente traballado para determina-la súa categoría profesional, sempre que non transcorresen máis de seis meses desde o remate do anterior contrato. Dentro dun período de referencia de tres anos, un traballador non poderá estar máis de 12 meses prestando servicios coas categorías de peón e especialista de 2ª.

Tendo en conta as características da relación laboral da empresa que se desenvolve moi frecuentemente mediante o desprazamento ós centros de traballo das empresas clientes, os traballadores, deberán presentar calquera tipo de reclamación, petición ou observación á dirección de Alservi, S.L., non debendo polo tanto atender ningún tipo de orde que non proveña directamente da dirección desta ou dos seus encargados, debendo poñer en coñecemento da

dirección calquera tipo de comunicación que poida recibir do persoal ou da dirección da empresa desprazada para efectos de toma-las decisións pertinentes.

Artigo 29º.-Seguro colectivo.

A empresa e pola súa propia iniciativa e se o considera oportuno poderá contratar un seguro complementario de asistencia sanitaria para os traballadores.

Artigo 30º.-Extinción do contrato por causas obxectivas.

Cando a empresa queira facer uso do dereito concedido no artigo 52.1º c) do Estatuto dos traballadores, deberá entregar ademais da comunicación prevista na norma un informe ó comité de empresa coa explicación das causas da dita decisión podendo o dito comité manifestarse con respecto ó dito informe, aínda que non será vinculante sendo sempre a decisión única e exclusivamente da empresa.

Artigo 31º.-Persoal de novo ingreso.

Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito debendo quedar no seu poder unha copia del. Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

Técnicos titulados: 6 meses.

Técnicos non titulados: 2 meses.

Administrativos: 1 mes.

Subalternos, profesionais de oficio, peóns e especialistas: 1 mes.

A empresa deberá entregarlles ós representantes legais dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que deban celebrarse por escrito. Así mesmo, notificarán as prórrogas dos contratos dos traballadores.

Artigo 32º.-Formación profesional.

A empresa colaborará coas organizacións empresariais e sindicatos para a realización de cursos de formación para os traballadores.

Ós traballadores que participen nestes cursos de formación continua teráselles en conta estes para efectos de promoción interna e acceso a categorías superiores.

Artigo 33º.-Código de conducta.

Este acordo sobre o código de conducta laboral ten por obxecto o mantemento dun ambiente laboral respectuoso coa normal convivencia, ordenación técnica e organización da empresa, así como a garantía e defensa dos dereitos e lexítimos intereses dos traballadores e empresarios.

A dirección de empresa poderá sanciona-las accións ou omisións culpables dos traballadores que supoñan un incumprimento contractual dos seus deberes laborais, de acordo coa graduación das faltas que se establecen nos artigos seguintes.

Correspóndelle á empresa, en uso da facultade de dirección, impoñer sancións nos termos estipulados no seguinte acordo.

As sancións das faltas requirirá comunicación por escrito ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que a motivaron. Ó mesmo tempo, a empresa

informará os representantes legais dos traballadores de toda sanción por falta grave ou moi grave que se impoña.

Imposta a sanción, o cumprimento temporal dela poderase dilatar ata 60 días despois da data da súa imposición.

Artigo 34º.-Graduación das faltas.

Toda falta cometida polos traballadores clasificarase en atención á súa transcendencia ou intención en: leve, grave e moi grave.

Faltas leves:

Considéranse como faltas leves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo de ata tres ocasións nun período dun mes.

b) A inasistencia inxustificada dun día de traballo no período dun mes.

c) A non notificación con carácter previo ou, se é o caso, dentro das 24 horas seguintes, a inasistencia ó traballo por causa xustificada, agás que se acreditase a imposibilidade da notificación.

d) O abandono do posto de traballo sen causa xustificada por períodos breves de tempo, se como consecuencia disto se ocasionase un prexuízo dalgunha consideración nas persoas ou nas cousas.

e) A desatención ou falta de corrección no trato cos clientes ou cos provedores da empresa.

f) A falta de compañeirismo ou corrección cos compañeiros.

g) Discutir cos compañeiros, cos clientes ou cos provedores dentro da xornada de traballo.

h) Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio, sempre que estes poidan ocasionar algún tipo de conflicto ou prexuízo para a empresa.

i) Non comunicarlle coa puntualidade debido os cambios experimentados na familia do traballador que teña incidencia na Seguridade Social ou na Administración tributaria.

j) Todas aquelas faltas que supoñan un incumprimento de prescricións, ordes ou mandatos dun superior no exercicio regular das súas funcións, que non comporten prexuízos ou riscos para as persoas ou para as cousas.

k) A inasistencia ós cursos de formación teórica ou práctica dentro da xornada de traballo sen a debida xustificación.

l) A falta de aseo e hixiene persoal.

Faltas graves:

Considéranse como faltas graves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en máis de tres ocasións no período dun mes.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo de dous a catro días durante o período dun mes. Abondará cunha soa falta cando esta afectase á substitución dun compañeiro ou se como consecuencia da inasistencia se ocasionase prexuízo dalgunha consideración á empresa.

c) O entorpecemento, a omisión maliciosa e o falseamento dos datos que tivesen incidencia tributaria ou na Seguridade Social.

d) Entregarse a xogos ou distraccións de calquera índole durante a xornada de traballo de maneira reiterada e causando con isto un prexuízo ó desenvolvemento laboral.

e) A desobediencia ás ordes e instruccións de traballo das persoas das que se depende xerarquicamente no exercicio regular das súas funcións, sempre que isto ocasione ou teña unha transcendencia grave para as persoas ou as cousas.

f) A omisión maliciosa e o falseamento dos datos que tivesen incidencia tributaria ou na Seguridade Social.

g) A neglixencia e a imprudencia no traballo de forma que afecte a boa marcha deste e cause un prexuízo grave á empresa.

h) A falta de aseo ou limpeza persoal que produza queixas xustificadas dos compañeiros de traballo e sempre que previamente mediase a oportuna advertencia por parte da empresa.

i) A suplantación doutro traballador, alterando os rexistros e controis de entrada e saída do traballo.

j) A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha deste, sempre que disto non derive prexuízo grave para as persoas ou para as cousas.

k) A realización sen previo consentimento da empresa de traballos particulares, durante a xornada de traballo, así como o emprego de utensilios, ferramentas, maquinaria, vehículos e, en xeral, bens da empresa para os que non estivese autorizado ou para usos alleos ós do traballo encomendado, mesmo fóra da xornada laboral.

l) A reincidencia na comisión de falta leve (excluída a puntualidade), aínda que sexan de distinta natureza, e sempre que mediase sanción, dentro dun trimestre.

m) A embriaguez ou estado derivado de consumo de drogas durante o traballo.

Faltas moi graves:

Considéranse como faltas moi graves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída de traballo en dez ocasións durante un período dun mes ou máis de vinte nun período dun ano.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas ou a apropiación, furto ou roubo de bens propiedade da empresa, de compañeiros ou de calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa, ou durante o traballo en calquera outro lugar.

d) A simulación de enfermidade ou accidente. Entenderase que existe infracción laboral, cando encontrándose de baixa o traballador por calquera das causas sinaladas, realice traballos de calquera índole, por conta propia ou allea. Tamén terá a consideración de falta moi grave toda manipulación

efectuada para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

e) O abandono do servicio ou posto de traballo sen causa xustificada, aínda por un breve período de tempo, se como consecuencia deste se ocasionase un prexuízo considerable para a empresa ou para os compañeiros de traballo, poñéndose en perigo a seguridade ou fose causa de accidente.

f) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada reserva que produza grave prexuízo para a empresa.

g) A embriaguez habitual ou toxicomanía se repercute nas facultades físicas ou psicolóxicas no desempeño das funcións.

h) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada confidencialidade da empresa.

i) A realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

j) A diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo normal ou pactado.

k) Os malos tratos de palabra ou obra, a falta de respecto e consideración ós seus superiores ou ós familiares destes, así como ós seus compañeiros de traballo, provedores e clientes da empresa.

l) A reiterada non utilización dos elementos de protección en materia de seguridade e hixiene, debidamente advertida.

m) A reincidencia ou reiteración na comisión de faltas graves, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que as faltas se cometan nun período de dous meses e foran motivo de sanción.

n) A desobediencia ás ordes e instruccións de traballo das persoas das que se depende xerarquicamente no exercicio regular das súas funcións e disto derivasen graves prexuízos para a empresa ou para os seus compañeiros de traballo, agás que sexan debidos a un abuso de autoridade.

Terán a consideración de abuso de autoridade os actos realizados polos directivos, xefes ou mandos intermedios, con infracción manifesta e deliberada dos preceptos legais e con prexuízo para o traballador.

o) Os atentados contra a liberdade sexual que se produzan aproveitándose dunha posición de superioridade laboral, ou se exerzan sobre persoas especialmente vulnerables pola súa posición persoal ou laboral.

Artigo 35º.-Réxime de sancións. Sancións.

As sancións máximas que poderán ser impostas pola comisión das faltas enumeradas no artigo anterior, son as seguintes:

-Por falta leve:

Amoestación por escrito.

-Por falta grave:

Amoestación por escrito.

Suspensión de emprego e soldo de 2 a 20 días.

-Por falta moi grave:

Amoestación por escrito.

Suspensión de emprego e soldo de 21 a 60 días.

Despedimento disciplinario.

-Prescricións:

Dependendo da súa graduación, as faltas prescriben ós seguintes días:

Faltas leves: 10 días.

Faltas graves: 20 días.

Faltas moi graves: 60 días.

A prescrición das faltas sinaladas comezará a contar a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se cometer.

Artigo 36º

As partes conveñen en consolidar e facer definitivos os salarios na contía aboada polas funcións desenvolvidas con anterioridade á sinatura deste convenio non tendo nada que reclamar polos ditos conceptos.

Artigo 37º

O persoal en xeral e os encargados de quenda en particular comprométense a unha mellora nas súas prestacións tanto desde o punto de vista da calidade do servicio como na súa productividade.

Artigo 38º

No non previsto por este contrato aplicarase de forma subsidiaria o acordo de cobertura de baleiros Resolución do 13 de maio de 1997 e en todo caso, o Estatuto dos traballadores.

Artigo 39º

Como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do cumprimento deste convenio créase a comisión paritaria composta polos tres delegados que interviñeron na negociación deste convenio ou quen o substitúa e por tres membros en representación da empresa.

Disposicións adicionais

Primeira.-Desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2002 será de aplicación a táboa salarial 2 que resulta de aplicar un 6% sobre o total do salario base anual (da táboa salarial 1) máis o transporte e incrementar este aumento no salario base.

Disposicións transitorias

Primeira.-Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2001 e a data da sinatura deste convenio, retribuiranse os traballadores actuais de Alservi, S.L. co importe resultante de aplicar un 4% sobre o total das percepcións recibidas no dito período, polos seguintes conceptos: salario base, actividade, transporte e pro rata da paga extra de xullo. A partir da sinatura do convenio e ata o 31 de decembro de 2001 será de aplicación a táboa salarial 1 e para o ano 2002 a táboa salarial 2.

Segunda.-Tódolos traballadores que actualmente teñen a categoría de peón pasarán automaticamente a especialistas de 2ª, unha vez transcorridos 6 meses

de forma consecutiva de prestación de servicio na empresa pasarán a especialistas de 1ª, no suposto que continuasen na empresa.

Tódolos traballadores que actualmente teñen a categoría de peón especialista pasarán automaticamente a especialista de 1ª.

Unha vez asinado o convenio aplicaranse as categorías estipuladas nel.

Terceira.-Este convenio substitúe o subscrito pola parte social e os delegados de persoal o 17 de novembro de 1999 e publicado polo Diario Oficial de Galicia o 1 de febreiro de 2000.

Asinado:

Por Alservi, S.L. Mª Carmen Sanmartín Gómez

Polos delegados de persoal Miguel Ángel Alonso Piay, Marcos Fernández Rey, Carlos Fernández Giráldez

Táboa salarial 1: será de aplicación a partir da sinatura do convenio ata o 31 de decembro de 2001.-Salario base:

CategoríasSalario base mensualSalario anual

(14 pagas)

Peón79.4501.112.300
Especialista de 2ª83.0001.162.000
Especialista de 1ª93.2501.305.500
Encargado100.5001.407.000

-Complemento de transporte:

Percíbeno tódolos traballadores: 10.700 pesetas (11 pagas).

-Complemento de responsabilidade:

Complemento de subresponsabilidade: 5.000.

Complemento de responsabilidade: 5.000.

-Horas extraordinarias:

Hora extra normal: 1.000.

Hora extra de sábado mañá: 1.200.

Hora extra de sábado tarde, domingos e festivos: 1.350.

Táboa salarial 2: será de aplicación desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2002.

CategoríasSalario base mensualSalario anual

(14 pagas)

Peón84.7221.186.108
Especialista de 2ª88.4871.238.818
Especialista de 1ª99.3501.390.900
Encargado107.0351.498.490

A cantidade estipulada polo transporte manterase durante o ano 2002 na cantidad de 10.700 pesetas en 11 mensualidades.