Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 01 de outubro de 2001 Páx. 12.944

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 24 de setembro de 2001 pola que se modifica a Orde do 12 de setembro de 2001 pola que se convocan os premios de iniciativas da mellora da calidade das entidades locais.

Unha vez comprobada a escasa marxe de tempo para a presentación das peticións das entidades locais que desexen concorrer ós premios regulados na devandita orde, procede a ampliación do prazo que estaba fixado no 30 de setembro de 2001.

Con base no exposto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase a base terceira da Orde do 12 de setembro de 2001, pola que se convocan os premios de iniciativas de mellora da calidade das entidades locais no que respecta ó prazo de presentación de peticións, que queda fixado no día 30 de outubro de 2001.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais