Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 01 de outubro de 2001 Páx. 12.943

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de agosto de 2001 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 1 de marzo de 2001 (DOG do 19 de marzo), convocáronse axudas para alumnos e profesores de centros públicos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo 7 da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322T.480.0 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I, que se presentaron no segundo prazo establecido (ata o 30 de abril), punto quinto.1 do DOG do 19 de marzo de 2001, por importe total de 13.650.200 pesetas.

Segundo.-Recoller no anexo II as renuncias presentadas.

Terceiro.-De acordo co artigo 9 da orde de convocatoria as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo de aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez rematada a actividade e logo da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, achegando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º

da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase integramente unha vez rematada e xustificada a actividade.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedan obrigados a:

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non a acepta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memoria.

Os centros beneficiarios enviarán unha memoria das actividades realizadas que inclúe:

a) Resumo do desenvolvemento da actividade realizada.

b) Obxectivos conseguidos.

c) Procedemento de avaliación utilizado, resultados obtidos e difusión que se realizou destes.

A memoria estará acompañada dunha certificación do director do centro no que se faga consta-lo nome e número de DNI do profesor responsable do proxecto e dos profesores que o acompañaron na viaxe. Igualmente engadirase unha certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

3.2. Xustificación de gastos efectuados.

Os centros educativos enviarán unha certificación do Consello Escolar do centro aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada dos gastos efectuados, así como unha certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

Quinto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous

meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a dictar tantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento correcto desta orde.

Segunda.-A presente resolución entrará en vigor ó día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

AXUDAS CONCEDIDAS

TIPO DE ACCIÓN

CENTRO ESCOLAR

LOCALIDADE

AXUDA

CONCEDIDA

PAÍS DE

DESTINO

INTERCAMBIOIES XELMÍREZ ISANTIAGO DE COMPOSTELA740.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES XELMÍREZ IISANTIAGO DE COMPOSTELA740.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES SOFÍA CASANOVAFERROL2.010.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES EDUARDO PONDALSANTIAGO DE COMPOSTELA940.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES JOHAN CARBALLEIRABUEU660.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES XELMÍREZ ISANTIAGO DE COMPOSTELA1.060.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES SÁNCHEZ CANTÓNPONTEVEDRA1.810.000FRANCIA

INTERCAMBIOCEIP SANTA RITAGALDO1.060.000ALEMAÑA

VISITA DE ESTUDIOCEIP SANTA RITAGALDO150.000FINLANDIA

INTERCAMBIOIES FRANCISCO AGUIARBETANZOS910.000AUSTRIA

INTERCAMBIOIES PRIMEIRO DE MARZOBAIONA1.260.000ITALIA

INTERCAMBIOIES DE TEISVIGO980.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES A XUNQUEIRA 2PONTEVEDRA1.330.200FRANCIA

ANEXO II

RENUNCIAS

TIPO DE ACCIÓNCENTRO ESCOLARLOCALIDADE

VISITA PREPARATORIACEIP SANTA RITAGALDO