Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.873

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo provincial de transporte de mercadorías por estrada da Coruña, para os anos 2001, 2002 e 2003.

Visto o expediente do convenio colectivo provincial de transporte de mercadorías por estrada da Coruña para os anos 2001, 2002 e 2003 (codigo convenio 1501535), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-7-2001, subscrito en representación da parte económica polas asociacións Acotrades/Atransa/Transcaf, e da parte social, polas centrais sindicais UGT

e CC.OO. o día 26-6-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xullo de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial de transporte

de mercadorías por estrada da Coruña

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito territorial e funcional.

Este convenio será de aplicación en toda a provincia da Coruña para tódalas empresas e o seu persoal laboral encadradas nos seguintes epígrafes de actividades do acordo de ámbito estatal para transportes de mercadorías por estrada, e os seus grupos e categorías profesionais correspondentes.

a) Axencias de transporte.

b) Transportes de mercadorías.

c) Transportes de mobles e mudanzas.

d) Persoal de servicios auxiliares.

Artigo 2º

As normas contidas neste convenio afectan a tódolos traballadores fixos, interinos, eventuais ou temporais que desempeñen as súas funcións nas empresas englobadas nas alíneas a), b), e) e d) do artigo anterior.

Quedan expresamente excluídos os profesionais contratados para traballos específicos que, non tendo o carácter de fixos, interinos, eventuais ou temporais realicen un traballo baseado na aceptación de minuta ou orzamento.

Artigo 3º.-Ámbito temporal e denuncia do convenio.

Este convenio colectivo entrará en vigor o día un de xaneiro de 2001, finalizando o seu período de vixencia o 31 de decembro do 2003.

O convenio quedará denunciado automaticamente polas partes negociadoras deste convenio a partir do 30 de novembro de 2003, manténdose a vixencia dos seus contidos ata a sinatura doutro que o substitúa.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas e de calquera índole contidas neste convenio establécense co carácter de mínimas, polo que as condicións actuais implantadas nas distintas empresas que impliquen globalmente condicións máis beneficiosas con respecto ó establecido neste convenio, subsistirán para aqueles traballadores que as viñesen desfrutando, sen que en ningún caso se poidan establecer en prexuízo do traballador condicións menos favorables que as expresadas neste convenio colectivo.

Os traballadores que viñesen percibindo quebranto de moeda, continuarán facéndoo en calidade de dereito adquirido e co carácter de ad personam ó suprimirse definitivamente este complemento.

Capítulo II

Xornada, vacacións e licencias

Artigo 5º.-Xornada.

Establécese unha xornada para o ano 2001 e 2002 e 2003 de 1.800 horas de traballo efectivo en cómputo anual e de 40 horas semanais de media. Sermpre que a duración da xornada diaria continuada exceda de 6 horas, deberá establecerse para os traballadores de manipulación de mercadorías en almacéns pertencentes ás empresas suxeitas a este convenio, un descanso de 15 minutos que será computado como tempo de traballo efectivo, salvo que entre os traballadores e as empresas fixen xornadas continuadas de forma temporal ou excepcional como por exemplo en verán.

Artigo 6º.-Vacacións.

Tódolos traballadores, con independencia da súa antigüidade na empresa, terán dereito a 30 días naturais de vacacións remuneradas ó ano. O período total de desfrute das vacacións non poderá experimentar un fraccionamento superior a dous períodos.

Artigo 7º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, por tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio do traballador.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia ou á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade de prestación do traballo debido en máis do 20 por 100 das horas laborables nun período de tres meses, a empresa poderá pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no punto 1º do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o importe dela do salario a que tivese dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

f) De acordo coa Lei 39/1999, de proteccion ó embarazo.

Capítulo III

Réxime de retribucións

Artigo 8º.-Definicións.

A retribución do persoal afectado por este convenio estará estructurada polos seguintes conceptos:

a) Salario base mensual.

b) Complementos salariais.

-Persoais.

-De posto de traballo.

-De vencemento superior a un mes.

Artigo 9º

En ningún caso terán a consideración de salario as cantidades percibidas polo traballador polos seguintes conceptos:

a) As indemnizacións ou suplidos por gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral, tales como axudas de custo e gastos por viaxes e desprazamentos.

b) Prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.

c) Indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

Artigo 10º.-Salario base mensual.

É a parte de retribución por unidade de tempo (salario base), incrementado polo rateo das pagas extraordinarias que se especifica no artigo 14º e a contía das cales figura recollida no anexo deste convenio.

Artigo 11º.-Complementos persoais.

Terán a consideración legal de complementos persoais os seguintes conceptos retributivos:

Complemento de antigüidade: todo o persoal afectado por este convenio percibirá con carácter xeral por este concepto durante a vixencia del unha contía fixa por cada cinco anos de servicios prestados á empresa ata un máximo de cinco quinquenios.

As percepcións por quinquenios serán:

* Cinco anos:

Ano 2001: 8.219 pesetas (49,39 euros).

Ano 2002: 8.383 pesetas (50,38 euros).

Ano 2003: 8.590 pesetas (51,14 euros).

* Dez anos:

Ano 2001: 12.545 pesetas (75,39 euros).

Ano 2002: 12.796 pesetas (76,90 euros).

Ano 2003: 12.988 pesetas (78,05 euros).

* Quince anos:

Ano 2001: 16.337 pesetas (98,18 euros).

Ano 2002: 16.664 pesetas (100,15 euros).

Ano 2003: 16.914 pesetas (101,65 euros).

* Vinte anos:

Ano 2001: 20.446 pesetas (122,88 euros).

Ano 2002: 20.855 pesetas (125,34 euros).

Ano 2003: 21.168 pesetas (127,22 euros).

* Vintecinco anos:

Ano 2001: 24.554 pesetas (147,57 euros).

Ano 2002: 25.045 pesetas (150,52 euros).

Ano 2003: 25.421 pesetas (152,78 euros).

Os quinquenios comezaranse a devengar a partir do día primeiro do mes en que se cumpra o quinquenio.

Non obstante o anterior, os traballadores por este convenio e durante a vixencia del que cumpran 58 anos de idade e sempre que conten cunha antigüidade de 12 anos de servicio na empresa, percibirán unha gratificación de 11.000 pesetas (66,11 euros) por cada ano de servicio, que se aboarán nas seguintes tres mensualidades ás do cumprimento da idade como máximo.

Artigo 12º.-Complementos de posto de traballo.

Son aqueles que se perciben en razón das características do posto de traballo. Estes complementos son de índole funcional e a súa percepción depende exclusivamente do exercicio da actividade profesional no posto de traballo asignado, polo que non terán carácter consolidable.

Establécense os seguintes complementos de postos de traballo:

1. Complemento de perigosidade e toxicidade: as empresas que habitualmente transporten ou manipulen substancias explosivas, inflamables ou tóxicas aboaranlles ós traballadores afectados por estes conceptos un complemento de 31.358 pesetas mensuais (188,47 euros).

2. Complemento de longa distancia: os conductores e acompañantes que circulen por rutas do Estado español, excepto Galicia e provincias limítrofes, per

cibirán a cantidade de 11.014 pesetas (66, 19 euros) mensuais.

Artigo 13º.-De vencemento superior ó mes (pagas extras).

Establécense tres pagas extraordinarias de trinta días de salario base máis antigüidade. Non obstante, mantendo o criterio das partes de reduci-lo importe das pagas extraordinarias en beneficio dun maior incremento dos salarios mensuais, destínanse cinco días de cada paga extraordinaria a incrementa-los referidos salarios mensuais, de acordo coas táboas salariais anexas, incrementadas, se é o caso, coa antigüidade correspondente.

As pagas deberán facerse efectivas nos meses de marzo, xullo e decembro de cada ano respectivamente.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias aquelas que excedan da duración máxima da xornada ordinaria de traballo.

Realizaranse ata un máximo de 80 horas anuais, acordándose, respecto dos distintos tipos de horas extraordinarias, o seguinte:

a) Horas extraordinarias habituais: reducción drástica

b) Horas extraordinarias estructurais: terán a consideración de horas estructurais as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos que poñan en perigo as instalacións da empresa e/ou materias primas; por avarías que requiran reparacións inmediatas; por ausencias imprevistas; por pedidos extraordinarios ou períodos punta de producción e pola chegada ó punto de destino.

Poderase compensarse a súa realización logo de acordo entre empresario e traballador de dúas formas:

a) Preferiblemente aboándoas en metálico baixo as seguintes regras:

1ª Hora extraordinaria normal: aboarase cun 30% de recarga sobre a hora ordinaria.

2ª Hora extraordinaria realizada en festivo ou domingo aboarase cun 100% de recarga sobre a hora ordinaria.

3ª Hora extraordinaria realizada nos días 24 e 31 de decembro (de 21 horas a 7 horas do día seguinte) de cada ano, aboarase cun 200% de recarga sobre a hora ordinaria.

b) En defecto da regra anterior, con tempos de descanso incrementados coa recarga correspondente, sempre que este descanso teña lugar dentro dos catro meses seguintes á súa realización. As horas compensadas desta maneira non entrarán dentro do cómputo do número máximo de horas extraordinarias anuais.

Para os efectos do cómputo destas horas, rexistraranse día a día as realizadas e totalizaranse mensualmente, entregando copias do resumo ó traballador na nómina correspondente.

Artigo 15º.-Axudas de custo.

Durante a vixencia deste convenio, estableceranse as seguintes axudas de custo diarias:

1. En Galicia serán de 4.806 pesetas (28,88 euros) diarias para o ano 2001; de 4.974 pesetas (29, 89 euros) diarias para o ano 2002 e de 5.148 pesetas (30,94 euros) diarias para o ano 2003.

2. No resto do Estado español e Portugal serán para o ano 2001 de 5.242 pesetas (31,50 euros) diarias; de 5.425 pesetas (32,60 euros) diarias para o ano 2002 e de 5.615 pesetas (33,74 euros) diarias para o ano 2003.

3. En internacional, para o ano 2001 serán de 6.500 pesetas (39,06 euros) diarias desde o cruzamento da fronteira. Para o ano 2002 serán de 6.728 pesetas (40,43 euros) diarias desde o cruzamento da fronteira e para o ano 2003 serán de 6.963 pesetas (41,84 euros) diarias desde o cruce da fronteira.

Establécese a media axuda de custo calculada na metade dos importes consignados nos parágrafos anteriores.

No caso de que o IPC real o 31 de decembro de 2002 superase o 3,5% o incremento que se vai aplicar sobre as axudas de custo do ano 2002 para o ano 2003 será o 50% da contía da desviación habida. Este incremento aboarase ó mes seguinte da constatación oficial do IPC.

No caso de que o IPC real o 31 de decembro de 2003 superase o 3,5% o incremento que se vai aplicar sobre as axudas de custo do ano 2003 para o ano 2004 será o 75% da contía da desviación habida. Este incremento aboarase ó mes seguinte da constatación oficial do IPC.

Artigo 16º.-Incrementos salariais.

Este convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2001. As empresas aboarán os atrasos derivados da aplicación deste convenio na nómina seguinte ó mes da publicación no BOP ou no DOG.

Para o ano 2001 establécese un incremento do 4% en tódolos conceptos salariais existentes no convenio de 2000, para o ano 2002 establécese un incremento dun 3,5 por cento en tódolos conceptos salariais existentes no convenio de 2001 e para o ano 2003 establécese un incremento dun 3,5% en tódolos conceptos salariais existentes no convenio do ano 2002, agás nos conceptos previstos no artigo 11º deste convenio.

Nos tres anos, establécese unha garantía do IPC real constatado o 31 de decembro de cada ano, salvo nos conceptos salariais prescritos no artigo 11º deste convenio.

As cantidades resultantes, se é o caso, aboaranse na nómina seguinte á constatación oficial do índice motivador da revisión con carácter retroactivo o 1 de xaneiro de 2001, o 1 de xaneiro de 2002 e o 1 de xaneiro de 2003, respectivamente.

Artigo 17º.-Cláusula de inaplicación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos neste convenio non serán de aplicación para aquelas empresas que acrediten perdas no resultado do último exercicio, correspondendo neste suposto o mantemento do mesmo nivel retributivo que viñan aplicando no ano en que se producen as perdas.

O procedemento que se seguirá nestes casos será o seguinte:

a) A empresa afectada deberá formula-la solicitude de desvinculación ante a comisión paritaria do convenio ou no DOG no prazo máximo de 60 días desde a publicación do convenio no BOP e de 60 días contados a partir do 1 de xaneiro do 2002 e do 1 de xaneiro de 2003, para o segundo e terceiro ano de vixencia do convenio, xuntando a seguinte documentación:

1. Memoria explicativa da solicitude.

2. Documentación que acredite a causa invocada, entre a que figurará necesariamente a presentada pola empresa ante os organismos oficiais (Ministerio de Facenda e Rexistro Mercantil), referida ó último exercicio.

Os membros da comisión paritaria deberán observar, en todo caso, a obriga de segredo profesional en canto á documentación presentada pola empresa solicitante.

b) A comisión paritaria, unha vez recibida a solicitude da empresa afectada, acompañada da documentación prevista no punto anterior, solicitará preceptivamente o informe da representación legal dos traballadores da empresa solicitante, a cal terá un prazo máximo de 10 días para emitilo, contados a partir do seguinte ó que reciba o requirimento da comisión paritaria.

A representación legal dos traballadores da empresa solicitante deberá observar igualmente a obriga do segredo profesional en todo o concernente á documentación presentada por aquela.

c) A comisión paritaria, unha vez cumprido o trámite previsto no punto anterior, deberá resolver no prazo máximo de quince días sobre a petición de desvinculación realizada, á vista da documentación que consta no seu poder.

d) No caso de que a resolución da comisión paritaria fose denegatoria da solicitude, a empresa solicitante poderá someter, se así convén ós seus intereses, a cuestión á vía xurisdiccional competente.

Capítulo IV

Organización do traballo

Artigo 18º.-Período de proba.

a) Técnicos titulados: 6 meses.

b) Restantes traballadores: 2 meses, salvo en empresas de menos de 25, que será de 3 meses.

Artigo 19º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional no seo da empresa, que se efectuará sen prexuízo dos dereitos económicos e profesionais do traballador, non terá máis limitacións cás esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e a pertenza ó grupo profesional.

Entenderase por grupo profesional o que agrupe unitariamente as aptitudes profesionais, titulacións e contido xeral da prestación, podendo incluír tanto as diversas categorías profesionais como distintas funcións ou especialidades profesionais.

A mobilidade funcional realizada entre grupos profesionais distintos só será posible se existisen razóns técnicas ou organizativas polo tempo imprescindible.

1. Mobilidade funcional descendente: a encomenda a un traballador de funcións inferiores ás do seu grupo profesional só estará xustificada por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva, manténdoselle en todo caso a retribución debida.

2. Mobilidade funcional ascendente: a encomenda a un traballador de funcións superiores ás do seu grupo profesional por un período de 4 meses durante un ano ou de 7 durante dous anos daralle dereito ó traballador a percibi-la diferencia retributiva correspondente e ó ascenso, salvo que a vacante fose cuberta.

Capítulo V

Contratación e formación

Artigo 20º.-Contratación eventual.

Son traballadores eventuais aqueles admitidos para atende-las esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa, sempre que así conste por escrito.

Os traballadores así contratados terán os mesmos dereitos e igualdade de trato que os demais traballadores do cadro de persoal, salvo as limitacións que derivan da natureza e duración do seu contrato.

O contrato terá unha duración máxima de doce meses dentro dun período de 18 meses.

Artigo 21º.-Conversión de contratos temporais en indefinidos.

De conformidade coa lexislación laboral vixente, acórdase que os contratos de duración determinada, incluídos os contratos formativos, poderán ser con

vertidos en contratos para o fomento da contratación indefinida suxeitos ó réxime xurídico establecido na dita disposición vixente.

Artigo 22º.-Cursos de perfeccionamento.

Cando se organicen cursos de perfeccionamento e voluntariamente o realicen os traballadores, logo de autorización da empresa, os gastos de matrícula serán por conta daquelas.

Para a realización de exames oficiais que conduzan ó perfeccionamento profesional no centro de traballo, o traballador terá a correspondente licencia con dereito a retribución e deberá xustificar tanto a formalización da matrícula como ter asistido ós ditos exames.

Capítulo VI

Varios

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

Independentemente da roupa de traballo que as empresas lles faciliten ós seus traballadores, proverase os que efectúen traballos á intemperie de roupa de auga e de botas adecuadas.

Artigo 24º.-Xubilacións.

A xubilación será obrigatoria ó cumpri-lo traballador a idade de 65 anos, sen prexuízo de que o dito traballador poida completa-lo períodos de carencia na cotización á Seguridade Social; neste caso a xubilación será obrigatoria ó completar estes.

O traballador con vinte anos de servicio na empresa que decida voluntariamente e logo de acordo coa empresa a xubilación anticipada percibirá unha gratificación consistente nas contías seguintes:

-Ós 60 anos de idade: 19 mensualidades.

-Ós 61 anos de idade: 17 mensualidades.

-Ós 62 anos de idade: 14 mensualidades.

-Ós 63 anos de idade: 10 mensualidades.

A solicitude deberá efectua-lo traballador cun mes de anticipación ó cumprimento da idade en que se pretenda acoller a este beneficio. A mensualidade refírese ó salario base máis complemento de longa distancia e, se fose o caso, perigosidade.

A gratificación será satisfeita pola empresa mediante o rateo das catro anualidades seguintes en caso de o facer ós 60 anos, e de 3, 2 e 1 se o fai ós 61, 62 e 63.

A empresa e o traballador poderán pactar outra forma de pagamento.

En caso de reducirse por disposición legal a idade de xubilación, quedará en suspenso a aplicación deste artigo ós supostos afectados pola reducción legal. Recoméndaselles ás empresas e ós traballadores

afectados que durante a vixencia deste convenio procuren concerta-la xubilación anticipada ós 64 anos, de acordo co disposto no Real decreto lei 1194/1985, do 17 de xullo.

Artigo 25º.-Defunción.

As empresas afectadas por este convenio e durante a súa vixencia, estarán obrigadas a concertar unha póliza de seguro colectivo de vida ós seus traballadores por un importe de 500.000 pesetas (3.005,6 euros) por cada traballador no momento da publicación do convenio, que será aboado ó beneficiario designado polo traballador por esta orde:

1º Cónxuxe ou parella estable.

2º Fillos.

3º Ascendentes.

4º Persoa a quen designe o traballador: este caso anula os beneficiarios anteriores.

Independentemente do seguro de vida a que ten dereito o traballador, aboaráselle ó beneficiario o salario completo do mes en que se produza o seu falecemento.

Artigo 26º.-Incapacidade temporal.

A empresa aboará durante o período de incapacidade temporal a diferencia existente entre a prestación correspondente á Seguridade Social e o 100% da base reguladora do traballador nas seguintes condicións:

a) No suposto de accidente de traballo, desde o primeiro día da baixa no traballo.

b) Cando a enfermidade requira intervención cirúrxica ou ingreso en centro sanitario, desde o primeiro día do ingreso do traballador no centro sanitario que corresponda.

Este complemento só se poderá percibir por un período de seis meses no prazo dun ano.

En tódolos demais casos, o subsidio que se aboe será o 75% da base de cotización do traballador durante todo o período que este se encontre na situación de incapacidade temporal.

En caso de enfermidade ou accidente fóra do Estado español co que non haxa convenio entre a Seguridade Social de ambos países, as empresas terán que sufraga-los gastos que o traballador poida carrexar coa dita enfermidade ou accidente ata a súa repatriación.

Artigo 27º.-Póliza de seguros.

As empresas comprendidas no ámbito de aplicación deste convenio y durante a súa vixencia estarán obrigadas a concertar con primas íntegras ó seu cargo, cando se publique aquel, unha póliza de seguros

que cubra os riscos de morte e invalidez por accidente de traballo e que lles garanta a tódolos traballadores daquelas o percibo das indemnizacións seguintes:

a) En caso de falecemento do traballador por accidente: 3.500.000 pesetas, (21.035,42 euros).

b) En caso de invalidez total ou absoluta do traballador por accidente: 4.500.000 pesetas, (27.045,54 euros).

Esta compensación é compatible coa pensión e indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social.

Artigo 28º.-Privación do carné de conducir.

Para os casos de privación do carné de conducir ou tarxeta ADR de calquera traballador afectado por este convenio, a empresa estará obrigada a facilitarlle ó traballador ocupación en calquera posto de traballo, aínda de inferior categoría, polo período da suspensión do carné, sempre que esta non excedese de seis meses, ou de oito tratándose da suspensión da tarxeta ADR sen perda de emolumentos que viñera percibindo aquel e, igualmente, sempre que non concorran os seguintes requisitos:

a) Que a privación do carné de conducir ou tarxeta ADR derive de feitos acaecidos no exercicio da actividade de conducir alleo á empresa.

b) Que a privación do carné de conducir ou tarxeta ADR sexa como consecuencia da comisión de delictos dolosos.

c) Que a privación do carné de conducir ou tarxeta ADR non se producise no prazo dun ano desde a última privación.

d) Que a privación do carné de conducir ou tarxeta ADR sexa consecuencia de ter inxerido bebidas alcohólicas ou tomado algún tipo de estupefaciente, ou ter incorrido en imprudencia temeraria.

A garantía de conducción establecida no parágrafo primeiro deste artigo aplicaráselles ós traballadores cando vaian ó seu lugar de traballo ou cando saian del en calquera vehículo.

Artigo 29º.-Garantías sindicais.

Recoñécense as garantías sindicais conforme o establecido na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 30º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do convenio.

As súas funcións específicas serán as seguintes:

-Interpretación auténtica do convenio.

-Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidos por ámbalas partes, de común acordo en asuntos derivados deste convenio.

-Conciliación facultativa nos problemas colectivos con independencia das atribucións que por norma legal poidan corresponder ós organismos correspondentes.

-Vixilancia e seguimento do cumprimento do pactado.

-Estudio da evolución das relacións entre as partes contratantes.

-Cantas outras cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

-Coñecer e resolver sobre as solicitudes de inaplicación salarial que se lle sometan.

Os acordos ou resolucións adoptados por unanimidade de tódolos membros presentes da comisión paritaria terá carácter vinculante. Se non se obtén unanimidade, seguiranse, para a resolución das cuestións presentadas, as canles previstas legalmente.

A comisión integrarase por 8 vocais, 4 empresarios e 4 traballadores, que serán designados de entre as respectivas representacións asinantes no convenio.

Poderanse nomear asesores por cada representación, aínda que non terán dereito a voto.

A comisión en primeira convocatoria non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais previamente convocados, e en segunda convocatoria, que terá lugar media hora despois da primeira, actuará cos que asistan, tendo voto unicamente un número paritario dos vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A comisión reunirase por instancia das partes póndose de acordo sobre o lugar e hora en que se deberá celebra-la reunión.

En ningún caso se poderá reunirse a comisión paritaria antes do transcurso dun prazo de tres meses desde a anterior, salvo no suposto de circunstancias extraordinarias debidamente xustificadas apreciadas de común acordo.

Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión paritaria de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos se puidesen producir como consecuencia da interpretación e aplicación deste convenio para que a comisión actúe de acordo coas súas funcións.

Como domicilio da comisión paritaria fíxase a praza Luis Seoane, torre 1, entresollado A Coruña código postal 15008 e co teléfono 981 13 28 45.

Táboas salariais do convenio provincial de mercadorías para 2001

CategoríaMes

pesetas

Mes

euros

Extra

pesetas

Extra

euros

Total

pesetas

Total

euros

Grupo 1º: persoal superior técnico

* Subgrupo A

Xefe de servicio176.5621.061,16139.391837,762.536.91615.247,17

Inspector provincial164.077986,12129.536778,532.357.52814.169,03

* Subgrupo B

Enxeñeiros e licenciados166.4051.000,12131.373789,572.390.98114.370,08

Enxeñeiros técnicos e auxiliares titulados144.609869,12114.164686,142.077.79812.487,82

Axudantes técnicos sanitarios133.775804,01105.612634,741.922.13811.552,28

Grupo 2º

* Subgrupo A-Persoal administrativo

Xefe de sección148.315891,39117.088703,722.131.05012.807,87

Xefe de negociado143.640863,29113.400681,542.063.87412.404,13

Oficial de primeira136.585820,89107.831648,081.962.51711.794,97

Oficial de segunda132.804798,17104.843630,121.908.17611.468,37

Auxiliar administrativo127.402765,70100.578604,491.830.56011.001,89

Aspirante de 16 a 17 anos99.429597,5878.499471,791.428.6488.586,35

-Persoal de axencias de transporte

Encargado xeral141.960853,20112.076673,592.039.74712.259,13

Encargado de almacén133.685803,46105.542634,321.920.84411.544,50

Capataz130.442783,97102.981618,931.874.24611.264,45

Mozo especializado129.309777,17102.087613,561.857.97611.166,66

Mozo de carga, descarga e reparto126.903762,70100.188602,141.823.40010.958,85

CategoríaMes

pesetas

Mes

euros

Extra

pesetas

Extra

euros

Total

pesetas

Total

euros

* Subgrupo B: transporte de mercadorías

Xefe de tráfico de primeira141.960853,20112.076673,592.039.74712.259,13

Xefe de tráfico de segunda137.324825,33108.412651,571.973.11911.858,69

Xefe de tráfico de terceira134.281807,04106.012637,151.929.40511.595,96

Conductor-mecánico136.883822,68108.064649,481.966.78611.820,62

Conductor134.541808,07106.148637,961.931.85711.610,70

Conductor de motocicleta e furgón131.706791,57103.977624,921.892.39911.373,54

Axudante de conductor129.894780,68102.544616,301.866.35911.217,04

Mozo especializado129.540778,55102.265614,631.861.28011.186,52

Mozo de carga, descarga e reparto126.903762,70100.188602,141.823.40010.958,85

* Subgrupo C: persoal de servicios auxiliares-Sección 1ª: garaxes

Encargado xeral de primeira136.585820,89107.831648,081.962.51711.794,97

Encargado xeral de segunda129.540778,55102.265614,631.861.28011.186,52

Encargado de almacén127.856768,43100.937606,641.837.07811.041,06

Engraxador-lavacoches131.028787,49103.447621,731.882.67011.315,08

Garda de noite126.903762,70100.188602,141.823.40010.958,85

Garda de día126.903762,70100.188602,141.823.40010.958,85

-Sección 2ª: estación de lavado e engraxe

Encargado de primeira135.610815,03107.059643,441.948.49311.710,68

Encargado de segunda129.540778,55102.265614,631.861.28011.186,52

Engraxador131.028787,49103.447621,731.882.67011.315,08

Mozo de servicio126.903762,70100.188602,141.823.40010.958,85

* Subgrupo H: transporte mobles mudanzas e gardamobles

Xefe de tráfico141.960853,20112.076673,592.039.74712.259,13

Inspector-visitador137.324825,33108.412651,571.973.11911.858,69

Encargado de almacén e gardamobles135.610815,03107.059643,441.948.49311.710,68

Capataz134.179806,43105.932636,671.927.94211.587,16

Capitonista133.686803,47105.542634,321.920.85611.544,58

Mozo especializado128.630773,08101.548610,311.848.20711.107,95

Mozo126.903762,70100.188602,141.823.40010.958,85

Carpinteiro133.686803,47105.542634,321.920.85611.544,58

Conductor-mecánico136.883822,68108.064649,481.966.78611.820,62

Conductor131.706791,57103.977624,921.982.39911.373,54

Conductor de motocicleta e furgón128.501772,31101.449609,721.846.36311.096,86

Grupo 3º: persoal de movemento

Factor134.278807,02106.009637,131.929.35811.595,68

Grupo 4º: persoal de talleres

Xefe de taller157.930949,18124.678749,332.269.19813.638,15

Encargado xeral141.138848,26111.422669,662.027.92812.188,09

Encargado de contramestre141.138848,26111.422669,662.027.92812.188,09

Encargado de almacén141.138848,26111.422669,662.027.92812.188,09

Xefe de equipo136.883822,68108.064649,481.966.78611.820,62

Oficial de primeira135.471814,20106.954642,801.946.51811.698,81

Oficial de segunda131.175788,38103,560622,411.884.78311.327,77

Oficial de terceira131.084787,83103.487621,971.883.46611.319,86

Mozo de taller129.525778,46102.258614,581.861.07111.185,26

Grupo 5º

Cobrador de facturas127.402765,70100.578604,491.830.56011.001,89

Telefonista126.136758,1099.585598,521.812.39210.892,70

Porteiro128.581772,79101.511610,101.847.51111.103,77

Vixilante128.581772,79101.511610,101.847.51111.103,77

Mozo dos recados de 16 a 17 anos97.519586,1076.989462,711.401.1928.421,33

Limpadora4172,51