Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 28 de setembro de 2001 Páx. 12.873

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 21 de setembro de 2001 pola que se dispón que o delegado provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Ourense se encargue do despacho dos asuntos da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Pontevedra.

Producido o cesamento do titular da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Pontevedra, cómpre adopta-las medidas inmediatas para que, sen prexuízo do posterior nomeamento do novo titular do centro directivo, se asegure o correcto funcionamento do servicio e a resolución, se é o caso, dos asuntos encomendados á devandita delegación provincial,

DISPOÑO:

Artigo único.-O desenvolvemento das accións e o exercicio das competencias propias da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Pontevedra que figuran no Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, e outras que lle fosen expresamente delegadas, quédanlle encomendadas temporalmente e ata que se produza o nomeamento do seu titular ó delegado provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Ourense.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo