Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 27 de setembro de 2001 Páx. 12.805

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector das industrias vinícolas da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector das industrias vinícolas da provincia de Lugo (código 2700045), asinado o día 2 de xullo de 2001 pola representación da Asociación de Empresarios Mayoristas de Vinos da provincia de Lugo e da central sindical CSI-CSIF (100%), e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2º e 3º do Real decre

to lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do dito convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 27 de xullo de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de industrias vinícolas da provincia de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

As estipulacións deste convenio colectivo obrigan a tódalas empresas e traballadores da actividade de industrias vinícolas, alcoholeiras e sidreiras, así como da actividade de almacenamento de viños e licores.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Quedan abranguidos neste convenio tódolos traballadores das empresas incluídas no seu ámbito funcional, coa excepción dos menores de 16 anos, a contratación dos cales queda prohibida.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

A duración deste convenio é desde o 1 de maio de 2001 ata o 30 de abril de 2003, con independencia da súa data de publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Artigo 4º.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial será a provincia de Lugo.

Artigo 5º.-Denuncia.

O convenio entenderase automaticamente denunciado o 31 de marzo de 2003, agás acordo expreso de prórroga anual que, necesariamente, incluirá a revisión salarial aplicable ó novo período.

Artigo 6º.-Salario.

Inclúese anexa a este texto a táboa salarial vixente desde o 1 de maio de 2001 ata o 30 de abril de 2002.

Para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2001 rexistre un incremento superior

ó 2,5%, realizarase unha revisión no exceso do 2,5% sobre as táboas anexas que non terá carácter retroactivo, servindo de base para aplica-lo incremento pactado para o período do 1 de maio de 2002 ó 30 de abril de 2003.

Para o período que vai desde o 1 de maio de 2002 ó 30 de abril de 2003 aplicarase sobre as táboas do período anterior un incremento consistente no IPC previsto polo Goberno para o ano 2002.

Artigo 7º.-Antigüidade.

Quinquenios ó 5% sobre o salario base de convenio que corresponda á categoría do traballador, variando o seu importe de acordo co ascenso de categoría e da correspondente escala salarial. Para efectos de antigüidade empezarase a computar esta desde o día en que o traballador empezou a presta-lo seus servicios na empresa. Todo isto sen prexuízo do establecido no artigo 25 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 8º.-Comité paritario.

Conforme o establecido no artigo 85 do Estatuto dos traballadores, constituirase unha comisión mixta paritaria para a interpretación, aplicación e desenvolvemento das cláusulas deste convenio, así como a incorporación ou adaptación das modificacións da normativa laboral xeral ó seu ámbito funcional.

A comisión paritaria estará integrada por dous representantes de cada unha das partes asinantes deste acordo.

Os acordos da comisión paritaria son vinculantes para ámbalas partes e, se é o caso, pasarán a integra-lo contido do convenio colectivo. Para a súa validez requiren o voto favorable maioritario de cada unha das dúas partes consideradas individualmente.

Será preceptiva a presentación de reclamación previa ante a comisión paritaria por conflictos, tanto individuais coma colectivos, naquelas reclamacións que se pretenda interpor perante a xurisdicción social cando o seu fundamento legal se derive da aplicación ou interpretación das cláusulas deste convenio.

Artigo 9º.-Pagas extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de Nadal e 25 de xullo serán equivalentes cada unha delas ó importe dunha mensualidade e aboaranse os días 22 de decembro e 22 de xullo, respectivamente.

Artigo 10º.-Vacacións.

Tódolos traballadores sometidos a este convenio colectivo desfrutarán dun período anual de vacacións de trinta días naturais.

Artigo 11º.-Xornada laboral.

Establécese unha xornada laboral consistente en 40 horas semanais que se distribuirán de luns a venres, ámbolos dous incluídos, agás nos casos en que entre empresa e traballadores se tome acordo en contra con respecto dos traballos en sábados.

Artigo 12º.-Roupa de traballo.

As empresas, cada ano, distribuirán dúas fundas a cada un dos seus traballadores. Así mesmo, entregarase un traxe de augas ó requirilo a meteoroloxía e os productores que presten servicio no exterior.

Artigo 13º.-Liquidación por cesamento.

1. Cando o traballador cause baixa na empresa aboaráselle o importe da liquidación de salarios que legalmente lle corresponda, incluído o importe das gratificacións extraordinarias e o de vacacións en proporción ó tempo traballado desde que se devengou a correspondente gratificación ou se desfrutaron as oportunas vacacións.

2. As empresas aboaranlles ós traballadores que, tendo a idade que a seguir se expresa e máis de dez anos de antigüidade na empresa, causen baixa voluntaria nela, as seguintes cantidades en concepto de premio de constancia:

-Ós 60 anos: 175.000 pesetas.

-Ós 61 anos: 150.000 pesetas.

-Ós 62 anos: 125.000 pesetas.

-Ós 63 anos: 100.000 pesetas.

Artigo 14º.-Xubilación.

A xubilación será obrigatoria ós 65 anos para aqueles casos nos que o traballador, dadas as normas de determinación dos anos de cotización, teña dereito a se xubilar co 100% da pensión.

Artigo 15º.-Licencias retribuídas.

O persoal neste convenio colectivo desfrutará das seguintes licencias retribuídas:

-15 días en caso de matrimonio.

-2 días por camnio de domicilio na cidade.

-4 días por camnio de residencia fóra da cidade.

En todo caso, e por aplicación do disposto no artigo 37 do Estatuto dos traballadores, os traballadores terán dereito a licencia polos motivos e coa duración prevista no artigo mencionado, incluído o punto engadido por medio do establecido na disposición adicional décimo primeira da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais.

Artigo 16º.-Retirada do carné de conducir.

As empresas, con respecto ós choferes repartidores que, en cumprimento das súas obrigas laborais, se lles retirase o carné de conducir, por infracción -conducindo un vehículo da empresa- comprometeranse a ocupa-lo traballador afectado en tarefas que requiran unha cualificación profesional equivalente e compatible coa súa, por un máximo de tres meses.

Esta medida non será de aplicación en caso de infracción reiterada ou de retirada definitiva do carné de conducir.

Artigo 17º.-Seguro de invalidez ou morte.

As empresas suxeitas a este convenio colectivo contratarán en favor dos seus traballadores -sempre e cando o traballador figure na relación do TC2 con polo menos sesenta días- un seguro de accidente dunha contía de dous millóns de pesetas nos casos de invalidez permanente ou morte; as indemnizacións que por estes conceptos tivesen lugar aboaranse a través da empresa.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que puidese causa-lo traballador, na Seguridade Social ou mutua patronal, así como con calquera outra que sexa imputable a terceiros.

Artigo 18º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte para tódolos traballadores afectados por este convenio na contía mínima de 200 pesetas por día efectivamente traballado.

Artigo 18º.-Dereitos sindicais.

As empresas afectadas por este convenio colectivo poderán deducir a través da nómina as cotas correspondentes ós afiliados das centrais sindicais asinantes deste convenio. Os interesados deberán solicitalo por escrito á dirección da empresa.

Os importes retidos entregaránselle á persoa que designe a central sindical ou ó número de conta que esta lle notifique á empresa.

Artigo 20º

As táboas salariais deste convenio en ningún caso quedarán por debaixo do salario mínimo interprofesional que fixe o Goberno anualmente, senón 5.000 pesetas por riba deste, respectando as diferencias nas categorías.

Disposición derradeira

En todo o non previsto neste convenio observarase o disposto na lexislación laboral vixente.

Disposicións adicionais

Primeira.-Xubilación voluntaria ós 64 anos.

Os traballadores incluídos no ámbito persoal deste convenio colectivo de traballo, con 64 anos cumpridos, que desexen acollerse á xubilación voluntaria co 100% dos dereitos, poderá facelo. As empresas afectadas veranse obrigadas a concede-la dita xubilación e substituír a cada traballador conforme o previsto no Real decreto 1194/1985 ou a normativa que o substitúa.

Segunda.-Contratación eventual do artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores.

Estes contratos poderán ter unha duración máxima de 12 meses e medio dentro dun período de 18 meses.

Terceira.-Axudas de custo.

Para efectos de garantir que ós traballadores se lles reintegren os gastos que realicen como consecuencia do seu traballo, todo traballador con dereito

a axuda de custos percibirá unha cantidade fixa por axuda de custos completa, e unha cantidade fixa por media axuda de custos, segundo o caso, ou ben gastos para xustificar á elección da empresa.

Cuarta.-Extinción de contratos do artigo 52 c) do Estatuto dos traballadores.

As empresas afectadas por este convenio deberán poñer en coñecemento dos representantes legais dos traballadores do centro de traballo ou empresa correspondente, calquera situación que puidese dar orixe a extincións de contrato, conforme as circunstancias ás que fai referencia a letra c) do artigo 52 do Estatuto dos traballadores, con indicación das posibles causas.

Quinta.-Fomento da contratación indefinida.

As partes asinantes deste convenio entenden que a contratación estable é a máis idónea para atende-las necesidades continuadas de persoal das empresas e para palia-lo problema da falta de estabilidade no traballo, considerando, en consecuencia, que a contratación temporal debe ser utilizada sempre e en todo caso adecuándose ós fins e requisitos previstos para o efecto na normativa laboral vixente.

Táboa salarial

Vixencia: desde o 1 de maio de 2001 ó 30 de abril de 2002.

Grupo/categoría profesional

Salario

base/mes

Salario

base/ano

Grupo A. Técnicos
Encargado83.3121.166.368

Grupo B. Administrativos
Auxiliar administrativo, oficial 2ª81.4551.140.370

Grupo C. Comerciais
Viaxante, oficial 2ª81.4551.140.370

Grupo D. Subalternos
Limpador/a81.3481.138.872

Grupo E. Obreiros

E.1. Profesionais de oficio

Conductor carné 1ª, oficial 1ª82.7611.158.654
Conductor repartidor, oficial 2ª81.4551.140.370
E.2. Outros
Almaceneiro, oficial 2ª81.4551.140.370
Mozo especialista81.3481.138.872

Táboa salarial

Vixencia: desde o 1 de maio de 2001 ó 30 de abril de 2002.

Euros

Grupo/categoría profesional

Salario

base/mes

Salario

base/ano

Grupo A. Técnicos
Encargado500,727.010,01

Grupo B. Administrativos
Auxiliar administrativo, oficial 2ª489,556.853,76

Grupo C. Comerciais
Viaxante, oficial 2ª489,556.853.76

Grupo/categoría profesional

Salario

base/mes

Salario

base/ano

Grupo D. Subalternos
Limpador/a488,916.844,76

Grupo E. Obreiros

E.1. Profesionais de oficio

Conductor carné 1ª, oficial 1ª497,406.963,65
Conductor repartidor, oficial 2ª489,556.853,76
E.2. Outros
Almaceneiro, oficial 2ª489,556.853,76
Mozo especialista488,916.844,76