Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 27 de setembro de 2001 Páx. 12.808

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2001, da Presidencia da Xunta Electoral de Galicia, sobre distribución de espacios gratuítos de propaganda electoral en medios de comunicación de titularidade pública.

Acordo da Xunta Electoral de Galicia, do 26 de setembro de 2001, polo que se aproba e se fai pública a distribución de espacios gratuítos nos medios de comunicación de titularidade pública, en relación coas eleccións ó Parlamento de Galicia.

A Xunta Electoral de Galicia, na reunión que tivo lugar o día 26 de setembro de 2001, prestou a súa aprobación á proposta elevada pola Comisión de Control Electoral, relativa á distribución de espacios gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública:

Autonómica: Televisión Galega e Radio Galega (artigo 29 LEPG).

Estatal: Televisión Española en Galicia e Radio Nacional de España 1 e 5 (artigo 64 LOREX).

O expediente de proposta e aprobación dos espacios gratuítos ponse de manifesto na Secretaría da Xunta Electoral de Galicia, sita na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Praza de Galicia na cidade da Coruña, para exame e consulta dentro do prazo dun día, o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra o acordo de distribución, os representantes legais das forzas políticas concorrentes ás eleccións ó Parlamento de Galicia, que se consideren afectadas, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta Electoral de Galicia:

-Dentro do mesmo prazo preclusivo dun día, o correspondente ó da posta de manifesto do expediente.

Polos motivos e na forma establecidos nas normas primeira e terceira da instrucción do 13 de setembro de 1999 da Xunta Electoral Central, publicándose o presente anuncio en cumprimento da súa norma oitava (BOE número 222/1999, do 16 de setembro).

A Coruña, 26 de setembro de 2001.

Jesús Souto Prieto

Presidente da Xunta Electoral de Galicia