Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 25 de setembro de 2001 Páx. 12.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publica a declaración de impacto ambiental, do 30 de agosto de 2001, do proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de RSU de Valdoviño (A Coruña), promovido polo Concello de Valdoviño e pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental.

Antecedentes:

A Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, estipula que os proxectos, públicos ou privados, consistentes na realización de obras, instalacións ou de calquera outra actividade comprendida no anexo II, deberán someterse a unha avaliación de impacto ambiental cando así o decida o órgano ambiental en cada caso.

Á vista das características do proxecto, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cualificou o proxecto como sometido a avaliación de impacto ambiental con data 26 de xuño de 2001.

O proxecto ten como obxecto a adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de Valdoviño, localizado na parroquia do Carballal, concello de Valdoviño.

No vertedoiro atópanse residuos urbanos principalmente, e en menor medida tamén se atopan residuos inertes de construcción e restos vexetais.

Proxéctase a agrupación de residuos espallados, controlar e xestiona-los gases xerados, controla-las augas superficiais como medida de reducción de lixiviados, captar, controlar e xestiona-los lixiviados producidos e recupera-la calidade paisaxística da zona ocupada polo vertedoiro.

Na rexeneración proxéctase realizar unha hidrosementeira e unha plantación coas seguintes especies: Lolium perenne (xoio), Agrostis curtissi (pelo de raposo), Dactylis glomerata (dáctilo), Festuca

rubra (festuca encarnada), Trifolium repens (trevo branco), Trifolium pratense (trevo encarnado), Pinus pinaster (piñeiro), Cytisus scoparius (xesta), Crataegus monogyna (estripo) e Sambucus nigra (sabugueiro).

No anexo I resúmese a situación actual e a prevista trala execución do proxecto, ademais das medidas preventivas e correctoras recollidas no estudio ambiental presentado.

O proxecto de clausura e selaxe do vertedoiro de Valdoviño someteuse ó trámite de información pública, durante o prazo de 30 días, mediante Resolución do 26 de xuño de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 138, do 17 de xullo. O certificado de exposición pública na Delegación da Consellería de Medio Ambiente na Coruña recíbese con data 29 de agosto de 2001, non tendo constancia da presentación de alegacións.

Con data 28 de xuño de 2001 procedeuse a consultar á Dirección Xeral de Saúde Pública. Non tendo constancia da emisión do informe no prazo legalmente establecido, e á vista do tempo transcorrido, procede prosegui-la tramitación de conformidade co artigo 83 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Cumprida a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formula ós sós efectos ambientais a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de RSU de Valdoviño (A Coruña), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e o Concello de Valdoviño.

O órgano substantivo e ambiental para este proxecto é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

No cumprimento das condicións desta DIA terase en conta que, segundo o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o Concello de Valdoviño, a obriga de asumi-lo mantemento e conservación das obras unha vez recibidas será do Concello de Valdoviño. Durante a fase de obras, esta obriga recaerá na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental.

Examinado o documento proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de RSU de Valdoviño (A Coruña) e tendo en conta o carácter de corrección ambiental das obras, estímase a necesidade de realiza-lo proxecto.

Nembargantes, coa finalidade de optimizar estas medidas e co obxecto de minimiza-las posibles afeccións ambientais negativas, deberanse aplicar ademais das medidas que se propoñen no proxecto, as recollidas nesta declaración de impacto ambiental, todo isto para cumprir co disposto na Lei 10/1997, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

No caso de que exista contradicción entre o establecido na documentación avaliada e esta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Condicionado.

1. Ámbito da declaración.

Esta declaración de impacto ambiental refírese en exclusiva ó proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de RSU de Valdoviño (A Coruña).

2. Sobre o nivel sonoro ambiental.

Estarase ó disposto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto), así como ó estipulado, se é o caso, pola ordenanza municipal ó respecto.

3. Sobre a calidade do aire.

Durante a agrupación da masa de residuos, consideraranse as condicións metereolóxicas, evitando a remoción de residuos en presencia de vento, alta temperatura ou elevada pluviosidade.

Así mesmo, na remoción de residuos procederase á súa aireación, co obxecto de evitar explosións.

Trala finalización das obras vixiarase que as emisións nas chemineas de desgasificación non sexan percibidas de forma habitual polas poboacións do contorno, e se é o caso, recollerase este gas e procederase a queimalo.

4. Sobre as augas.

Os lixiviados acumulados na balsa durante o mantenemento posterior á clausura retiraranse cando se acade como máximo as 3/4 partes da súa capacidade e serán entregados a xestor autorizado, para o seu traslado ata unha estación depuradora de augas residuais.

Realizaranse regas para evita-la emisión de po de xeito que se humecte o solo, pero non se formen anegamentos nin regatos.

Terase en conta na execución dos movementos de terras e residuos, que non se impida o libre fluxo de auga, evitando a formación de encharcamentos ou doutras formas que dificulten a súa circulación.

Garantirase o adecuado tratamento das augas residuais xeradas nos servicios hixiénicos.

Realizaranse periodicamente labores de control e/ou mantemento, co fin de asegura-lo correcto funcionamento dos sistemas de drenaxe de augas pluviais e de lixiviados.

As reparacións e cambios de aceite da maquinaria móbil realizaranse en talleres autorizados, tal e como se indica no estudio ambiental.

5. Sobre o solo.

Segundo o indicado no proxecto e de maneira previa ó comezo efectivo das obras, procederase a delimita-lo terreo afectado por estas e a zona dedicada ós labores de mantemento e reparación de maquinaria, de maneira que se minimice a afección do proxecto sobre o territorio, restrinxíndose o move

mento da maquinaria ás zonas destinadas para o efecto.

Queda expresamente prohibido depositar calquera tipo de residuo fóra da superficie delimitada para o vertedoiro.

Os materiais sobrantes de escavacións, os residuos da obra e calquera outro elemento contaminante, xestionaranse de acordo coa súa natureza e coa lexislación vixente. Os residuos almacenados temporalmente á espera da súa entrega a xestor autorizado deberán poñerse en contedores localizados nun lugar debidamente sinalizado.

Os materiais precisos para a adecuación e selaxe do vertedoiro deberán te-la súa procedencia debidamente acreditada.

6. Sobre a restauración.

Na restauración utilizaranse especies autóctonas presentes na zona, tal e como se indica no estudio ambiental.

Ata asegura-la viabilidade da sementeira proposta polo promotor, procederase á rega regular e á fertilización mineral de reforzo anual, á resementeira das superficies nas que se aprecie a presencia de calvas e á reposición de faltas no caso de que se produzan.

7. Sobre a protección e control de accesos.

Adoptaranse as medidas previstas no proxecto para evita-la aparición de focos de vertedura, tanto na fase de adecuación e selaxe como na fase posclausura.

O peche perimetral deberá asegura-la súa función en todo momento, debendo ser reposto en caso de deterioración.

8. Programa de vixilancia e seguimento ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo, o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas na documentación avaliada e no condicionado desta declaración. Así mesmo, este programa permitirá detectar e cuantificar diferentes alteracións que non se puidesen prever na avaliación do proxecto, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Este programa ten como obxectivo incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. Tódolos controis realizados no seguimento, así como tódolas incidencias que se produzan, rexistraranse no momento da súa avaliación nun libro-rexistro que estará á disposición da administración competente. Estes rexistros deberán considerarse na elaboración dos informes a remitir a esta dirección xeral.

As analíticas que se van realizar serán efectuadas por laboratorio homologado segundo métodos oficiais de análise. Este laboratorio deberá realizar así mesmo a toma de mostras.

A documentación indicada a continuación deberá presentarse por duplicado perante esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

8.1. Informe final de obras.

Presentarase antes dun (1) mes desde o remate dos traballos comprendendo, como mínimo, os seguintes elementos:

a) Data de finalización das obras.

b) Plano en planta a escala 1:500 dotado de coordenadas UTM, no que se localicen os elementos construídos e as zonas onde se realizaron medidas protectoras ou correctoras, así como a localización exacta dos dispositivos de control. Este plano acompañarase de relación de coordenadas UTM que defina o perímetro da parcela.

c) Reportaxe fotográfica da zona, que reflicta o estado final do lugar. Esta reportaxe acompañarase dun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

d) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados durante a obra, e que non puideron ser obxecto de depósito no vertedoiro.

e) Definición de imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, así como memoria das medidas adoptadas para o control de acceso e vertedura. Así mesmo, definirase o responsable do control ambiental requirido no punto 9.2 desta declaración.

8.2. Informe de seguimento ambiental.

Presentarase con periodicidade semestral, contados desde o final das obras e ata que esta Dirección Xeral informe da súa finalización. O seu contido será o indicado no punto 1 do anexo 12 Plan de seguimento ambiental do proxecto, debendo incluír ademais a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da entrega dos lixiviados a xestor autorizado.

b) Reportaxe fotográfica da superficie selada e revexetada, das zonas nas que quedaron implantados os diversos elementos, do peche perimetral e da eficacia do sistema de disuasión de verteduras. Esta reportaxe acompañarase dun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

Se durante o período de control posclausura se producise unha variación significativa na calidade das augas superficiais ou nos lixiviados, ou un incremento importante na producción destes últimos, deberá notificarse inmediatamente a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a proposta motivada da entidade encargada do mantemento e control posclausura, ou á vista dos resultados obtidos, poderá modifica-la lista dos parámetros que vai controlar, así como a frecuencia dos controis que vai realizar.

9. Condicións adicionais.

9.1. O Concello de Valdoviño poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes no desenvolvemento da actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican nesta declaración.

Nesta circunstancia, efectuarase a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando a documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Estas solicitudes remitiranse nun prazo máximo dun (1) mes despois de ser notificada esta declaración. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas e comunicaralle ó concello o acordo adoptado.

9.2. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o antedito concello deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

9.3. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá ser notificado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e informará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

9.4. Se unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, a Dirección Xeral Calidade e Avaliación Ambiental poderá paralizar cautelarmente a obra ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que sexan corrixidas.

9.5. Esta dirección xeral, por iniciativa propia poderá dictar en calquera momento e para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais a esta declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da fase posterior, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

9.6. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial das condicións impostas nesta DIA poderá ser causa suficiente para proceder a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

9.7. Esta resolución adoptada por esta dirección xeral non exime ó promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificala, incluídos, se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou Normas Subsidiarias.

9.8. Cumpriranse tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

Resumo do proxecto

Localización e descrición do vertedoiro

LocalizaciónParroquia do Carballal, concello de Valdoviño

Superficie da parcela6.700 m

Superficie para selar6.700 m

Volume de residuos actual3.900 m

Tipos de residuosRSU e residuos inertes da construcción

Situación actual e situación prevista

coa realización do proxecto

Situación

actual

Proxecto

LixiviadosFondo impermeabilizadoNon, terreo naturalNon, terreo natural

Drens lixiviadosNonSi

Captación de lixiviadosNonBalsa

TratamentoNon (vertedura directa)Traslado á EDAR

GasesDrensNonSi

CaptaciónNon7 pozos de captación pasiva

TratamentoNonNon

PluviaisFoxos de recollida perimetralNonSi

Punto de verteduraNonÓ medio

CubertaLámina/capa impermeableNonSi

Terra vexetalNon30 cm

VexetaciónNonSi

EstabilidadeEstabilidadeSiSi

AccesosPosibilidade de accesoSiNon

Vixilancia ambientalPlan de vixilancia ambientalNonSi

Compoñentes do sistema de selaxe

Superficie do vertedoiro

Capa de acondicionamento20 cm de xabre

Protección da capa de impermeabilizaciónXeotéxtil (300 g/m)

Capa de impermeabilizaciónPEAD (2 mm)

Capa de drenaxeXeocomposto drenante

Capa de cobertura70 cm de solo seleccionado e 30 cm de terra vexetal

Resumo das medidas preventivas e correctoras:

-Os motores da maquinaria manteranse en perfecta posta a punto.

-Limitarase a velocidade da maquinaria na obra.

-Toda a maquinaria utilizada estará homologada.

-Humectarase o terreo para evita-la formación de po.

-Establecerase un procedemento de limpeza periódica de maquinaria.

-Evitarase a afección a superficies non incluídas na área de actuación.

-As reparacións e cambios de aceite da maquinaria realizarase en talleres autorizados.

-Xestionaranse os aceites provenientes da maquinaria.

-Modificación da morfoloxía actual do vertedoiro para acadar maior estabilidade.

-Retirada e amoreamento de terra vexetal.

-Retirada e xestión dos residuos de obra.

-Revexetación con especies autóctonas e presentes na zona.

-Non se afectará a vexetación fóra da zona do vertedoiro.

-Achega do substrato adecuado para a implantación da vexetación.

-Revexetarase coa maior brevidade posible para evitar procesos erosivos.

-Evitaranse ruídos innecesarios na época de cría da fauna.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental