Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 25 de setembro de 2001 Páx. 12.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 16 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador OU-4/2001-Animais, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento da lei anterior, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo de conformidade ó establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural desta consellería de acordo co artigo 24.2º b) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade e Decreto 153/1998, do 2 de abril.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoo en calquera entidade bancaria.

Ourense, 16 agosto de 2001.

Miriam Areal López

Instructora

Visto e Prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado Provincial de Ourense

ANEXO:

Expediente: OU- 4/2001-Animais.

Denunciado: Venancio Rodríguez Barandela.

DNI: X0158638-F.

Ultimo enderezo coñecido: Loiro de Abaixo. S. Cibrao das Viñas (Ourense).

Feitos denunciados: abandono dun can de raza boxer no interior dun vehículo Wolksvagen Polo matrícula OU-7282-L.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 21 c) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento da lei anterior.

Sanción: 50.001 pesetas.