Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 25 de setembro de 2001 Páx. 12.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 14 de setembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono POL H9.04 e solo adxacente, na confluencia entre r/ Merced e r/ Antonio Ríos, presentado pola orde de Carmelitas Descalzos, con sometemento ás condicións que de forma expresa se sinalan no informe emitido polos técnicos municipais.

Segundo.-Deberá constituír unha fianza de tres millóns trescentas cinco mil catrocentas vintecinco (3.305.425 pesetas, 19.866 euros), en concepto de

garantía de execución das obras de urbanización, para cumprir co indicado no artigo 46.c do Regulamento de planeamento urbanístico.

Terceiro.-Proceder á exposición pública do documento polo prazo dun mes, anunciándose así no DOG e na prensa local.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente poidan formularse as alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na Oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán por conta do seu promotor.

A Coruña, 18 de setembro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo