Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 25 de setembro de 2001 Páx. 12.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 24 de agosto de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a escritura de reparcelación voluntaria outorgada por Promociones V-Coruña, S.L. o día 8 de xuño de 2001, nº 2.647, ante o notario Ramón González Gómez, pola que lle ceden ó concello a parte de via que constitúe a prolongación da travesía da Laracha, reservando o seu subsolo con destino a circuíto de circulación interior do garaxe que se vai executar no ámbito do estudio de detalle.

Segundo.-Incluír no inventario de bens municipais con destino a ben de dominio e uso público:

Porción de terreo -en parte aérea- para a ampliación lonxitudinal da travesía da Laracha, cunha superficie de centro trinta e un metros sesenta e oito decímetros cadrados (131,68 m), que se estende en profundidade ata a cota 3,95. Estrema: vista desde a travesía da Laracha xa existente: fronte, coa dita rúa; dereita e esquerda, a parcela descrita anteriormente; e de costas, casa da rúa Meira.

Como predio dominante ó seu favor servidume de apoio sobre o subsolo (que forma parte do predio rexistral que constitúe a parcela privada adxudicada a Promociones V-Coruña, S.L.).

Terceiro.-Notificar a Promociones V-Coruña, S.L.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun

mes, e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG, no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e, noutro caso, no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

A Coruña, 17 de setembro de 2001.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda