Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 25 de setembro de 2001 Páx. 12.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO.

No BOP número 188, con data do 17 de agosto de 2001, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, quenda libre, de trinta e sete prazas de auxiliares de Administración xeral (ofertas 2000-2001).

A presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria farase no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 23 de agosto de 2001.

Xaime Bello Costa

Alcalde