Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 25 de setembro de 2001 Páx. 12.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, na sesión do día 31 de maio de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle da rúa da Choupana, redactado polos servicios técnicos municipais.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP nº 176, do día 2 de agosto de 2001, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2001.

Encarna Otero Cepeda

Alcaldesa en funcións