Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 25 de setembro de 2001 Páx. 12.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publica a declaración de impacto ambiental, do 14 de agosto de 2001, do proxecto de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de inertes en Quereño, Rubiá (Ourense), promovido polo Concello de Rubiá e pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental.

Antecedentes.

Segundo o artigo 1.2º da Ley 6/2001, do 8 de maio de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, os proxectos, públicos ou privados, consistentes na realización das obras, instalacións ou de calquera outra actividade comprendida no anexo II deste real decreto lexislativo, só deberán someterse a unha avaliación de impacto ambiental na forma prevista nesta disposición, cando así o decida o órgano ambiental en cada caso.

Á vista das características do proxecto, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cualificou o proxecto como sometido a avaliación de impacto ambiental con data do 4 de xuño de 2001.

O obxecto do proxecto é a definición das obras e instalacións necesarias para a clausura, selaxe e recuperación ambiental do vertedoiro de inertes de Quereño, Rubiá (Ourense).

No vertedoiro atópanse fundamentalmente residuos inertes: utensilios, terras e entullos de obra. Tamén se observa en menor proporción voluminosos, entre eles un coche. No momento da redacción do proxecto o volume de residuos era de 1.500 m.

O vertedoiro de inertes de Quereño localízase a 1 km do núcleo urbano, na marxe dereita do río Sil, a uns 60 m deste, de forma que os residuos se asentan sobre unha terraza fluvial cunha lixeira pendente cara a este río. A zona na que se sitúa o vertedoiro presenta vexetación de galería e as especies presentes asócianse a variacións da Alnetum glutinosae, isto é, ameneiros con presencia de salgueiros e bidueiros como especies arbóreas e con abundante cobertura herbácea.

O vertedoiro consta de tres zonas: a zona A (250 m) trátase do vertedoiro propiamente dito, na que se depositan entullos de obra e residuos voluminosos; a zona B (1.100 m), na que se acumulan

terras, entullos e restos de lousa, e a zona C (70 m), na que se observan entullos de obra. Prevese traslada-los residuos da zona C á zona A, onde serán estendidos e compactados. A zona A compactarase e selarase e a zona B compactarase e cubrirase posteriormente cunha capa de terra vexetal. Nas tres zonas procederase a sementar, logo do estendido de terra vexetal, coas seguintes epecies: xoios (Lolium perenne e Lolium multiflorum),festuca encarnada (festuca rubra), dáctilo (Dactilys glomerata) e trevo branco (Trifolium repens), ademais de proceder a plantar bidueiros (Betula alba).

No anexo I resúmese a situación actual e a prevista trala execución do proxecto, ademais das medidas preventivas e correctoras recollidas no estudio ambiental presentado.

O estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de inertes en Quereño, Rubiá (Ourense), someteuse ó trámite de información pública, polo prazo de 30 días, mediante Resolución do 19 de xuño de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 131, do 6 de xullo. O certificado de exposición pública na Delegación da Consellería de Medio Ambiente en Ourense recíbese con data do 14 de agosto de 2001 e non se ten constancia da presentación de alegacións.

Con data do 19 de xuño de 2001 consúltase a Dirección Xeral de Saúde Pública e a Confederación Hidrográfica del Norte e non se ten constancia da emisión dos informes no prazo legalmente establecido; á vista do tempo transcorrido, cómpre prosegui-la tramitación de conformidade co artigo 83 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Formalizada a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formula para os únicos efectos ambientais a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de inertes en Quereño, Rubiá (Ourense), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e o Concello de Rubiá.

O órgano substantivo e ambiental para este proxecto é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

No cumprimento das condicións desta DIA terase en conta que, segundo o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o Concello de Rubiá, a obriga de asumi-lo mantemento e conservación das obras unha vez recibidas será do Concello de Rubiá. Durante a fase de obras, esta obriga recaerá na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental.

Examinado o documento proxecto de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de inertes en Quereño. Rubiá (Ourense). Maio 1999, e tendo en conta o carácter de corrección ambiental das obras, considérase a necesidade de realiza-lo proxecto.

Sen embargo, coa finalidade de optimizar estas medidas e co obxecto de minimiza-las posibles afeccións ambientais negativas, deberanse aplicar, ademais das medidas que se propoñen no proxecto, as recollidas nesta declaración de impacto ambiental, todo isto para cumprir co disposto na Lei 10/1997, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

No caso de que exista contradicción entre o establecido na documentación avaliada e esta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Condicionado.

1. Ámbito da declaración.

Esta declaración de impacto ambiental refírese en exclusiva ó proxecto de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de inertes en Quereño, Rubiá (Ourense).

2. Sobre o nivel sonoro ambiental.

Observarase o disposto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto),así como o estipulado, se é o caso, pola ordenanza municipal ó respecto.

3. Sobre a calidade do aire.

Durante a adecuación da masa de residuos, consideraranse as condicións meteorolóxicas, evitando a remoción de residuos en presencia de vento, alta temperatura ou elevada pluviosidade.

Así mesmo, na escavación de residuos procederase á súa aireación, co obxecto de evitar explosións.

4. Sobre as augas.

Tendo en conta que o vertedoiro se atopa a uns 60 m do río Sil, para calquera afección no dominio público hidráulico, zona de servidume e policía, consecuencia da realización do proxecto, así como para a vertedura de efluentes, será preceptiva a autorización administrativa outorgada pola Confederación Hidrográfica del Norte.

As regas previstas para evita-la emisión de po efectuaranse de xeito que se humecte o solo, pero non se formen asolagamentos nin regatos. Este aspecto tamén deberá ser tido en consideración durante os movementos de terras e residuos, de tal xeito que non se impida o libre fluxo de auga.

Garantirase o adecuado tratamento das augas residuais xeradas nos servicios hixiénicos.

As augas de escorrega superficial conduciranse a través do foxo proxectado. Para evita-la erosión na incorporación das augas á rede natural de drenaxe, deberanse colocar sistemas de disipación de enerxía (encachados de pedra, pequenos diques, etcétera) no punto de vertedura.

Realizaranse periodicamente labores de mantemento co fin de asegura-lo correcto funcionamento do sistema de drenaxe de augas pluviais.

As reparacións e os cambios de aceite da maquinaria móbil realizaranse en talleres autorizados.

5. Sobre o solo.

De maneira previa ó comezo efectivo das obras, procederase a delimita-lo terreo afectado por estas, de maneira que se minimice a afección do proxecto sobre o territorio e restrinxíndose o movemento da maquinaria ás zonas destinadas para o efecto.

Os materiais sobrantes de escavacións, os residuos da obra e calquera outro elemento contaminante xestionaranse de acordo coa súa natureza e coa lexislación vixente. Os residuos almacenados temporalmente á espera da súa entrega a xestor autorizado deberán poñerse en contedores localizados nun lugar debidamente sinalizado.

Queda expresamente prohibido depositar calquera tipo de residuo fóra da superficie delimitada para o vertedoiro.

Os materiais precisos para a adecuación e selaxe do vertedoiro deberán te-la súa procedencia debidamente acreditada.

6. Sobre a restauración.

Ata asegura-la viabilidade da sementeira e da plantación, procederase á rega regular e á fertilización mineral de reforzo anual, á resementeira das superficies nas que se aprecie a presencia de calvas e á reposición de marras no caso de que se produzan.

7. Sobre a protección e o control de accesos.

Adoptaranse as medidas precisas para evita-la aparición de focos de vertedura, tanto na fase de adecuación e selaxe como na fase postclausura.

Segundo o proxecto realizarase un peche ó longo do camiño e debe asegurarse a funcionalidade deste peche en todo momento.

8. Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo, o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas na documentación avaliada e no condicionado desta declaración. Así mesmo, este programa permitirá detectar e cuantificar diferentes alteracións que non se puidesen prever na avaliación do proxecto, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Este programa ten como obxectivo incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. Tódolos controis realizados no seguimento, así como tódalas incidencias que se produzan rexistraranse no momento da súa avaliación nun libro-rexistro que estará á disposición da administración competente. Estes rexistros deberán considerarse na elaboración dos informes que se van remitir a esta dirección xeral.

As analíticas que se van realizar serán efectuadas por laboratorio homologado segundo métodos oficiais de análise. Este laboratorio deberá realizar, así mesmo, a toma de mostras.

A documentación indicada a continuación deberá presentarse, por duplicado, perante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

8.1. Informe final de obras.

Presentarase antes dun (1) mes desde o remate dos traballos e comprenderá, como mínimo, os seguintes elementos:

a) Data de finalización das obras.

b) Plano en planta a escala 1:500 dotado de coordenadas UTM, no que se localicen os elementos construídos e as zonas onde se realizaron medidas protectoras ou correctoras, así como a localización exacta dos dispositivos de control. A este plano xuntaráselle unha relación de coordenadas UTM que defina o perímetro da parcela.

c) Reportaxe fotográfica da zona, que reflicta o estado final do lugar. Esta reportaxe irá xunto cun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

d) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados durante a obra, e que non puideron ser obxecto de depósito no vertedoiro.

e) Definición de imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, así como memoria das medidas adoptadas para o control de acceso e vertedura. Así mesmo, definirase o responsable do control ambiental requirido no punto 9.2º desta declaración.

8.2. Informe de seguimento ambiental.

Presentarase con periodicidade semestral, contado desde o final das obras e ata que esta dirección xeral informe da súa finalización. O seu contido será o indicado no anexo 9. Plan de seguimento ambiental do proxecto e deberá incluír, ademais, a seguinte documentación:

a) Reportaxe fotográfica da superficie selada e revexetada, das zonas nas que quedaron implantados os diversos elementos, do cerramento perimetral e da eficacia do sistema de disuasión de verteduras. Esta reportaxe será xunto cun plano onde se indique a localización dos puntos desde os que se realizaron as tomas.

Se durante o período de control postclausura se producise unha variación significativa na calidade das augas superficiais, deberá notificarse inmediatamente á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por proposta motivada da entidade encargada do mantemento e control postclausura, ou á vista dos resultados obtidos, poderá modifica-la lista

dos parámetros que se van controlar, así como a frecuencia dos controis que se van realizar.

9. Condicións adicionais.

9.1. O Concello de Rubiá poderá solicitar do órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes no desenvolvemento da actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican nesta declaración.

Nesta circunstancia efectuarase a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando a documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Estas solicitudes remitiranse nun prazo máximo dun (1) mes despois de ser notificada esta declaración. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas e comunicaralle ó concello o acordo adoptado.

9.2. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o antedito concello deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

9.3. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá ser notificado previamente á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e informará de se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

9.4. Se, unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, a Dirección Xeral Calidade e Avaliación Ambiental poderá paralizar cautelarmente as obras ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que sexan corrixidas.

9.5. Esta dirección xeral, por iniciativa propia poderá dictar en calquera momento e para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais a esta declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da fase posterior, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

9.6. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial das condicións impostas nesta DIA poderá ser causa suficiente para proceder a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

9.7. A resolución adoptada por esta dirección xeral non exime ó promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes para levar a cabo a actividade ou modificala, incluídos, se é o caso, os da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou normas subsidiarias.

9.8. Cumpriranse tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

Resumo do proxecto

Localización e descrición do vertedoiro

LocalizaciónQuereño. Concello de Rubiá.
Superficie da parcela1.420 m
Superficie que se vai selar250 m
Volume de residuos1.500 m
Tipos de residuosEntullos, restos de lousa e unha pequena cantidade de voluminosos.
Tipo de vertedoiroTerraplén

Situación actual e situación prevista

coa realización do proxecto

Situación

actual

Proxecto

LixiviadosFondo impermeabilizadoNon, terreo naturalNon, terreo natural

Drenes lixiviadosNonNon

Captación de lixiviadosNonNon

TratamentoNon Non

GasesDrensNonNon

CaptaciónNonNon

TratamentoNonNon

PluviaisGabias de recolla perimetral Non

Foxo sen revestir ó bordo do camiño de terra

Punto de verteduraNonÓ medio

CubertaLámina/Capa impermeableNonSi

Terra vexetalNalgunhas zonas30 cm

VexetaciónNalgunhas zonasSi

EstabilidadeEstabilidadeSiSi

AccesosPosibilidade de accesoSiNon

Vixilancia ambientalPlan de vixilancia ambientalNonSi

Compoñentes do sistema de selaxe

Superficie do vertedoiro

Sub-baseXabre compactado (15 cm)

Capa de barreiraArxila compactada (50 cm)

Capa de drenaxe Grava 20/10 (30 cm), cuberta por filtro xeotéxtil

Capa de coberturaSolo (50 cm) e terra vexetal (30 cm)

Resumo das medidas preventivas e correctoras.

-Eliminación do risco de contaminación atmosférica por presencia de po en suspensión motivado polo depósito de residuos.

-Achega de solo e terra vexetal.

-A achega de substrato permitirá restituír hábitats e a implantación da vexetación natural, polo que producirá unha utilización destes espacios por especies máis esixentes.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental