Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 25 de setembro de 2001 Páx. 12.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador (P-P-01/062 e tres máis) (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 16 de agosto de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-P-2001/062.

Denunciado: Germán Domínguez Groba, enderezo Fernández de la Mora, 49-B-1º K de Ponteareas.

DNI: 76890110.

Feitos denunciados: pescar 3 lampreas con fisga feito recoñecido ante os axentes no intre de ser denunciado, ás 9.45 horas do día 18 de abril de 2001, no río Tea ó seu paso por Prado no concello de Ponteareas.

Data do acordo de incoación: 14 de xuño de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 35.5º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 550.000 pesetas (3.305,56 euros).

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período de 1 ano e 1 día.

Expediente: P-P-2001/063.

Denunciado: Antonio Gándara Martínez, praza dos Arrieiros, 5-1º D, Salvaterra de Miño.

DNI: 34873329.

Feitos denunciados: pescar 2 lampreas con arte prohibida (fisga), feito recoñecido ante os axentes no intre de ser denunciado. Feitos acontecidos ás 9.45 horas do día 18 de abril de 2001, no río Tea ó seu paso por Prado, no concello de Ponteareas.

Data do acordo de incoación: 14 de xuño de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 35.5º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 35 Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 500.001 pesetas (3.000,07 euros).

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período de 1 ano e 1 día.

Expediente: P-P-2001/068.

Denunciado: Alberto González Alonso, enderezo A Ramallosa-Nigrán.

DNI: 36067618.

Feitos denunciados: entorpece-la servidume de paso pola marxe establecida en beneficio de vixilancia ou para uso dos pescadores, na marxe esquerda do río Groba ó lado do antigo matadoiro municipal colocaron unha columna de formigón a 50 metros do canal e un valo de troncos de madeira cunha tea de rede ó longo do río uns 20 metros que entorpecen totalmente o paso. Feitos denunciados ás 10 horas do día 26 de abril de 2001, no río Groba, o seu paso por Marroco-Belesar, no concello de Baiona.

Data do acordo de incoación: 20 de xuño de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 34.27º de la Ley 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 34 da Ley 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 pesetas (300,51 euros) e retira-lo poste e a rede que entorpece o paso.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante un período de 1 ano.

Expediente: P-P-2001/071.

Denunciado: Santiago Villar Brandariz, enderezo Hórreo, 24-4º A de Santiago de Compostela.

DNI: 35297126.

Feitos denunciados: pescar con cana e o cebo dentro da auga, modalidade de pluma nun tramo vedado do río Deza, ás 21.50 horas do día 5 de maio de 2001, no río Deza o seu paso por Ponte Cira, no concello de Silleda.

Data do acordo de incoación: 20 de xuño de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, relación co anexo I da Orde do 20-1-2000 pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia e co artigo 3 da Orde do 15-2-2001 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada de 2001.

Precepto sancionador: artigo 33 Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 20.000 pesetas (120,20 euros).