Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 25 de setembro de 2001 Páx. 12.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula a instructora do expediente sancionador (P-P-01/030) (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución, dictadas pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia se está tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 16 de agosto de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-P-2001/030.

Denunciado: Emilio Fontán Andión, calle Espedrigada, 65 de Vigo.

DNI: 35247091.

Feitos denunciados: pescar dúas troitas (16 cm) de tamaño inferior ó autorizado, ás 12 horas do día 25 de marzo de 2001, no río Calvelle, ó seu paso por Valongo, no Concello de Cotobade.

Data do acordo da incoación: 30 de marzo de 2001.

Alegacións á incoación: non presenta escrito.

Data da proposta de resolución: 1 de agosto de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, relación co anexo IV do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 10.000 pesetas (60,10 euros).

Indemnización: 2.000 pesetas (12,02 euros).