Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.550

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de setembro de 2001 pola que se lle autoriza a modificación de ensinanzas ó centro privado María Auxiliadora de Vigo.

Examinado o expediente instruído por instancia do centro privado María Auxiliadora de Vigo, solicitando modificación das ensinanzas que ten autorizadas, que son as seguintes: 12 unidades de educación primaria, 8 unidades de educación secundaria obrigatoria e 4 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais, segundo a Orde do 12 de marzo de 1998 (DOG do 13 de abril).

Segundo a solicitude presentada, o dito centro pretende ter autorizadas as seguintes ensinanzas: 6 unidades de educación infantil, 12 unidades de educación primaria, 8 unidades de educación secundaria obrigatoria e 4 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizarlle a modificación de ensinanzas ó centro privado María Auxiliadora de Vigo, consistente na autorización de 6 unidades de educación infantil, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado para imparti-las ditas ensinanzas.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do proce

demento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Venezuela, 9.

Código do centro: 36011142.

Denominación: María Auxiliadora.

Titular: Congregación Padres Salesianos.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria:-8 unidades de educación secundaria obrigatoria.-4 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.