Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 21 de setembro de 2001 Páx. 12.549

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de setembro de 2001 pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Jorge Juan de Fene (A Coruña).

Examinado o expediente presentado pola centro privado Jorge Juan de Fene (A Coruña) no que solicita a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que o envía cos informes correspondentes.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4 de outubro), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), pola que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación infantil.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

RESOLVE:

Autorizarlle a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Jorge Juan de Fene (A Coruña), segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que imparta docencia na unidade que se amplía.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Fene.

Localidade: Perlío.

Enderezo: avenida de Tarrío, 78.

Denominación: Jorge Juan.

Titular: Jorge Juan Perío Cooperativa R. Lda.

Código do centro: 15006353.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 3.

Unidades novas autorizadas: 1.

Composición resultante:

Centro de educación infantil: 4 unidades.

Centro de educación primaria: 12 unidades.

Centro de educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.