Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2001 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer dun predio cun local, lindante co Hospital Juan Canalejo, co fin de destinalo a aparcadoiro e oficinas.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 55.2º do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas con base no Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas.

RESOLVO:

Primeiro.-Facer público que pola peculiaridades do ben, dado que este predio e o local que nel se atopa lindan co Hospital Juan Canalejo e xa viñan sendo dedicados a aparcadoiro e oficinas, respectivamente, e están, polo tanto, acondicionados para este cometido, xustifícase, logo de fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer do predio denominado Xangada e do local de 190 metros cadrados situado no seu ángulo norte-leste, propiedade de Aparcamientos Ciudad Sanitaria, C.B., e contiguos ó Hospital Juan Canalejo co fin de destinalos a aparcadoiro e oficinas, respectivamente.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2001.

P.O. (Orde 21-4-1998)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde