Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Raquel Lemos Pérez.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Vigo tramítase o recurso número 304/2001 (procedemento abreviado), interposto por Raquel Lemos Pérez na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).

A recorrente, aspirante da categoría de auxiliar de enfermería, pretende a asignación de 206,33 puntos no concurso-oposición, coa conseguinte inclusión na relación de aspirantes seleccionados.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de

xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos