Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2001 Páx. 12.472

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de industrias vinícolas, alcoholeiras, licoreiras e sidreiras e o seu comercio para a provincia da Coruña para o ano 2000.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de industrias vinícolas, alcoholeiras, licoreiras e sidreiras e o seu comercio para a provincia da Coruña para o ano 2000, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-7-2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Mayoristas y Embotelladores de Vinos, e, da parte social, polas centrais sindicais UGT e CC.OO. o día 4-7-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo

desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de xullo de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio provincial de industrias vinícolas, alcoholeiras, licoreiras, sidreiras e o seu comercio da Coruña.

Asistentes.

Pola parte empresarial:

Asociación Provincial de Mayoristas y Embotelladores de Vinos.

Víctor Robla Carreiras.

Pola parte social:

Roberto Veira (UGT).

Roberto Vázquez (UGT).

Alfonso Quintana (CC.OO.).

Ámbalas partes se recoñecen lexitimidade para integra-la comisión paritaria e asumi-las súas funcións, e acordan:

1. Efectua-la revisión salarial debida á diferencia entre o IPC real de 2000, do 4%, fronte ó previsto do 2%. Procede aumenta-la táboa salarial en 2%, o cal se fará efectivo con carácter retroactivo a 1 de xaneiro de 2000, e refectirase na táboa anexa, a cal servirá de base para actualiza-las táboas do ano 2001.

Así mesmo, autorízase a Roberto Veira López para que proceda ó seu rexistro e publicación.

Ás 13 horas levántase a sesión e asínase este escrito en sinal de conformidade.

A Coruña, 4 de xullo de 2001.

ANEXO

Táboas salariais definidas

Convenio industrias vinícolas 2000

e outros conceptos retributivos. (Revisión salarial)

Grupo A (Técnicos)Salario mensualSalario anual

Xefe superior222.9593.282.431

1º técnico titulado

Titulado superior200.6632.970.287

Titulado medio178.3712.658.199

Titulado inferior142.6962.158.749

2º técnico non titulado

Encargado xeral bodega156.0752.346.055

Encargado laboratorio124.8571.909.003

Axudante laboratorio107.0241.659.341

Auxiliar laboratorio98.1041.534.461

Grupo A (Técnicos)Salario mensualSalario anual

Grupo B (administrativos)

Xefe superior222.9593.282.431

Xefe de primeira178.3712.658.199

Xefe de segunda156.0752.346.055

Oficial de primeira115.0401.784.165

Oficial de segunda107.0241.659.341

Auxiliar98.1041.534.461

Aspirantes de 16 a 17 anos75.8071.222.303

Grupo C (comerciais)

Xefe superior222.9593.282.431

Xefe de vendas133.7782.033.897

Inspector de vendas120.4011.846.619

Corredor en praza111.4801.721.725

Viaxante111.4801.721.725

Grupo D (subalternos)

Conserxe104.3141.621.401

Subalterno 1ª99.3471.551.863

Subalterno 2ª96.4531.511.347

Subalterno auxiliar93.6441.472.021

Botóns e recade. 16 a 17 anos71.3451.159.835

Persoal limpeza89.1841.409.581

Persoal limpeza371 ptas./h.

ANEXO

Revisión salarial 2000

CategoríasSalario díaSalario anual

Grupo E (obreiros)

1º profesional oficio:

Capataz de bodega3.8191.787.899

Encargado de sección3.6731.725.703

Oficial 1ª3.5251.662.655

Oficial 2ª3.3781.600.033

Oficial 3ª3.0901.477.345

2º oficios auxiliares:

Oficial 1ª3.5251.662.655

Oficial 2ª3.3781.600.033

Peón especializado3.0901.477.345

Peón3.0421.456.897

Pinche de 16 a 17 anos2.5851.262.215

Antigüidade (valor bienio): 4.532 pesetas.

Gratificación patronal sector: 50.349 pesetas.

Complemento asistencia (valor diario): 448 pesetas.