Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2001 Páx. 12.473

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de setembro do 2001 pola que se nomea persoal interino do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía da información, do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas de informática e do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática.

Polas ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de setembro de 2000, convocáronse procesos selectivos para cubrir mediante

o nomeamento de persoal interino de diversos postos do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía da información, do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas de informática e do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, pertencentes a distintas consellerías.

Realizados os correspondentes procesos, publicadas as propostas dos tribunais, presentada e comprobada a documentación esixida polos aspirantes e celebrado o acto de petición de postos o día 4 de setembro do 2001, esta consellería, de conformidade co establecido na base oitava das ordes das convocatorias e facendo uso da facultade concedida polo artigo 13.2º.9 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear persoal interino do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxía da información, do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas de informática e do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, os aspirantes propostos polos correspondentes tribunais que se especifican no anexo a esta orde, adxudicándolle-los postos que así mesmo se relacionan.

Segundo.-Os aspirantes nomeados deberán tomar posesión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. No caso de non incorporarse ó respectivo posto de traballo asignado no prazo indicado anteriormente, decaerá nos seus dereitos, agás nos casos de forza maior.

Terceiro.-Os servicios de persoal das unidades administrativas ás que sexan destinados os nomeados deberán remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública unha copia das dilixencias de toma de posesión.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública