Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 19 de setembro de 2001 Páx. 12.465

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio téxtil da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio téxtil da provincia de Lugo (código 2700205), asinado o día 20 de xuño de 2001, pola representación da Asociación Empresarial Textil da provincia de Lugo e das centrais sindicais CC.OO. (55,6%), UGT (44,4%) e CIG (0,0%), e de conformidade co disposto no artigo 90 números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de mar

zo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo,

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 12 de xullo de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo provincial do comercio téxtil de Lugo

I. Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo afecta e vincula a tódalas empresas e traballadores da provincia de Lugo que se atopen encadradas no sector do comercio téxtil, a través da agrupación provincial da dita actividade, comprendidos no ámbito funcional e de aplicación do texto do acordo para a substitución da ordenanza do comercio publicado no BOE do 9 de abril de 1996.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

As disposicións deste convenio comprenderán todo o territorio de Lugo e a súa provincia.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan sometidos ás estipulacións deste convenio tódalas empresas e traballadores comprendidos no ámbito funcional do texto do acordo para a substitución da ordenanza do comercio e disposicións ulteriores que a desenvolvan, que se dediquen á actividade de comercio téxtil, quedando excluído o persoal especificado no Estatuto dos traballadores cun contrato que non é constitutivo dunha relación laboral de traballo.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

A vixencia deste convenio colectivo de traballo, será desde o 1 de abril de 2000 ó 31 de marzo de 2002, independentemente da súa publicación no BOP.

II. Denuncia, comisión paritaria, condicións máis beneficiosas, normas de subsidiaria aplicación e publicidade

Artigo 5º.-Denuncia e rescisión.

Cunha antelación mínima de 30 días á data de remate do convenio deberá ser este denunciado por

calquera das partes. A ausencia de denuncia deste convenio significará en todo caso a súa prórroga por un ano, en iguais termos salvo no referente á táboa salarial.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixia-lo cumprimento e exercer funcións de arbitraxe nos problemas ou cuestións suscitados como consecuencia da súa aplicación, constitúese unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio, que estará formada por 7 representantes da asociación de empresarios asinante, 4 de CC.OO., 2 de UGT e 1 de CIG, igualmente asinantes. En caso de que non se chegase a un acordo na dita comisión, ámbalas dúas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdicción competente.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas neste convenio teñen o carácter de mínimas, dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás aquí pactadas, manténdose as ad personam en canto excedan das pactadas no cómputo anual.

Artigo 8º.-Normas de subsidiaria aplicación.

En todo o non previsto no presente convenio rexerá subsidiariamente o texto do acordo para a substitución da ordenanza laboral de comercio publicado no BOE do 9 de abril de 1996 e disposicións posteriores que o desenvolvan e complementen, e as normas laborais de xeral aplicación.

Artigo 9º.-Publicidade.

As empresas exporán nos seus centros de traballo un exemplar deste convenio para consulta e coñecemento dos traballadores afectados por el.

III. Retribucións

Artigo 10º.-Salario base.

Comprende para o período que vai desde o 1 de abril de 2000 ata o 31 de marzo de 2001 as retribucións que figuran no anexo I do presente convenio, resultado de aplicar á táboa salarial do convenio anterior un incremento do 4%.

Para o período que vai desde o 1 de abril de 2001 ata o 31 de marzo do ano 2002 comprende as retribucións que figuran no anexo II do presente convenio, resultado de aplicar á táboa salarial do período anterior un incremento do 2%.

Para o segundo período de vixencia, isto é, para o período que vai desde o 1 de abril de 2001 ata o 31 de marzo do ano 2002 establécese unha cláusula de revisión salarial para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2001 supere o incremento do 2% pactado, no exceso da indicada cifra e con efectos desde o 1 de abril de 2001.

Artigo 11º.-Gratificacións regulamentarias.

A contía das gratificacións de 25 de xullo e de Nadal, serán dunha mensualidade, cada unha, dos salarios deste convenio, comprendido o salario base da táboa anexa e a antigüidade.

Artigo 12º.-Paga de beneficios.

As empresas aboarán, en concepto de beneficios, unha paga de mensualidade dos salarios base da táboa salarial deste convenio, incrementada coa antigüidade e, en todo caso, haberá de liquidarse, a de cada ano, dentro do primeiro trimestre do ano seguinte.

Artigo 13º.-Sobresoldo de desgaste de vestiario.

Coa finalidade de repoñe-la deterioración que poida experimenta-lo traballador nas súas pezas de roupa polo exercicio das súas funcións, establécese un sobresoldo de desgaste de vestiario mensual -que é, para cada ano, o que figura nos anexos táboa salarios, 2ª columna- para tódalas categorías profesionais, con excepción dos traballadores menores de 18 anos, que percibirán a metade da contía anteriormente citada. Así mesmo, este sobresoldo permanecerá inalterable polas posibles subas que experimente o salario base, tendo o carácter de non absorbible.

Artigo 14º.

O sobresoldo de desgaste de vestiario devengarase nas doce mensualidades por cada anualidade, sen incluílo nas pagas extraordinarias e de beneficios.

Artigo 15º.-Antigüidade.

A antigüidade consistirá no devengo de cuadrienios do 6% cada un, aplicable sobre os salarios base da táboa anexa deste convenio.

Artigo 16º.-Axudas de custo.

Todo traballador con dereito a axuda de custo percibirá 3.500 pesetas por axuda de custo completa e 1.300 pesetas por media axuda, ou ben gastos para xustificar a elección da empresa.

Artigo 17º.-Quilometraxe.

O traballador que por necesidade do servicio teña que desprazarse fóra do lugar onde radique o seu centro de traballo empregando o seu vehículo particular percibirá por este concepto a cantidade de 24 pesetas/quilómetro.

Artigo 18º.-Liquidación por cesamento.

1. Cando o traballador cause baixa na empresa aboaráselle o importe da liquidación de salarios que legalmente lle corresponda, incluído o importe das gratificacións extraordinarias e o de vacacións en proporción ó tempo traballado desde que se devengou a correspondente gratificación ou se desfrutaron as oportunas vacacións.

2. a) As empresas aboarán, para premia-la constancia no traballo, ó traballador que tendo quince

anos de antigüidade na empresa na data 1 de xaneiro de 2001 e que cause baixa nela, as seguintes cantidades en concepto de premio de constancia: o importe de dúas mensualidades completas das súas retribucións vixentes á data da baixa por o mínimo de quince anos de servicio na empresa, incrementadas en dúas mensualidades máis por cada dez anos de servicios que excedan dos quince primeiros.

Exclúese o cobramento das cantidades anteriores nos seguintes supostos: extinción por falecemento do traballador ou empresario, por invalidez ou xubilación do empresario, despedimentos procedentes e aquelas extincións nas que o traballador teña dereito ó cobramento de indemnizacións previstas no Estatuto dos traballadores.

b) As empresas aboarán ós traballadores que, non tendo quince anos de antigüidade na empresa na data 1 de xaneiro de 2001, causen baixa na empresa con alomenos dez anos de antigüidade nela e nas idades que a continuación se relacionan, as seguintes cantidades en concepto de premio de constancia: se causan baixa ós 64 anos; 235.000 pesetas; se causan baixa ós 63 anos: 335.000 pesetas; se causan baixa ós 62 anos: 435.000 pesetas; se causan baixa ós 61 anos: 535.000 pesetas e se causan baixa ós 60 anos: 635.000 pesetas.

Exclúese o cobramento das cantidades anteriores nos seguintes supostos: extinción por falecemento do traballador ou empresario, por invalidez ou xubilación do empresario, despedimentos procedentes e aquelas extincións nas que o traballador teña dereito ó cobramento de indemnizacións previstas no Estatuto dos traballadores.

Artigo 19º.-Retribucións dos traballadores para a formación.

O salario base para os traballadores contratados baixo a modalidade contractual de contrato para a formación será o 100% do salario mínimo interprofesional durante os dous anos de vixencia do contrato.

O previsto no presente artigo será esixible desde a data de publicación do presente convenio no BOP de Lugo sen que poida dar lugar á reclamación de atrasos.

IV. Tempo de traballo

Artigo 20º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo máxima legal para o persoal comprendido no presente convenio colectivo será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

A regulación legal en materia de apertura de establecementos comerciais e liberdade horaria non suporá modificación da xornada máxima de traballo prevista no convenio habendo de respectarse en todo caso os descansos mínimos previstos na normativa laboral.

Artigo 21º.-Vacacións.

O persoal comprendido neste convenio gozará dun período anual de vacacións de 30 días. Preferentemente entre os meses de xuño e setembro.

Se antes do desfrute do período vacacional o traballador cae en situación de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo ou con hospitalización sinalarase un novo período vacacional entre a empresa e o traballador.

Artigo 22º.-Licencias retribuídas.

O traballador poderá ausentarse do traballo, logo de aviso e xustificación, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) No caso de falecemento de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias o prazo será de catro días.

b) No caso de accidente ou enfermidade grave, debidamente acreditada, de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias o prazo será de catro días.

c) No caso de hospitalización de parentes de primeiro e segundo grao: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias o prazo será de catro días.

d) No caso de matrimonio do traballador: quince días naturais.

e) No caso de nacemento de fillo: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias o prazo será de catro días.

f) No caso de traslado de domicilio habitual: un día.

g) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, incluído o exercicio do sufraxio activo.

h) Polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación do parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo.

i) Os traballadores por lactación dun fillo menor de nove meses teñen dereito a unha hora de ausencia do traballo que poden dividir en dúas fraccións ou a unha reducción da súa xornada en media hora coa mesma finalidade.

j) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

En todo caso o traballador terá dereito a aqueloutras licencias que resulten de aplicación en función do disposto na normativa laboral vixente.

V. Prestacións sociais

Artigo 23º.-Póliza de seguros.

As empresas subscribirán, a favor dos seus traballadores, unha póliza de seguros por importe de 2.000.000 de pesetas que cubra, en caso de accidente de traballo, os riscos de morte e invalidez permanente nos graos de total, absoluta e grande invalidez.

O incremento de 500.000 pesetas que se establece na contía da póliza con relación ó convenio anterior só afectará ós procesos iniciados a partir de transcorridos dous meses desde a publicación deste convenio no BOP de Lugo.

Artigo 24º.-Xubilación anticipada.

As empresas e os traballadores poderán pactar, con existencia de común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituí-los traballadores simultaneamente ó seu cesamento por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

As empresas e os traballadores poderán pactar, con existencia previa de común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións parciais ós 62 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1991/1984, do 31 de outubro, debendo as empresas substituí-la xornada reducida simultaneamente á xubilación parcial, por outros traballadores contratados a tempo parcial nas condicións previstas no citado real decreto.

Artigo 25º.-Incapacidade temporal.

As empresas completarán as prestacións con cargo á Seguridade Social, ata o 100% do salario do convenio, nos casos e coa duración que se indica a continuación:

a) No suposto de que a situación de IT sexa a consecuencia de accidente de traballo, aboándose o complemento mentres dure a situación de IT.

b) No suposto de que a situación de IT sexa consecuencia de enfermidade común ou accidente non laboral o complemento aboarase unicamente cando se produza a hospitalización do traballador e mentres dure esta.

VI. Comisións

Artigo 26º.-Comisión de Seguridade e Hixiene.

As partes asinantes acordan constituír unha Comisión Provincial Sectorial de Seguridade e Hixiene

no Traballo, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Empresarial Textil igual ó total das centrais sindicais.

As funcións básicas da Comisión de Seguridade e Hixiene terá como obxectivos prioritarios:

1. Promove-la observación das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2. Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten contra a integridade física e a saúde dos traballadores.

3. Dar a coñece-las normas e procedementos que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos especializados nesta materia.

4. Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos recoñecementos médicos que se realicen ós traballadores deste sector.

5. Cantas outras funcións a comisión se atribúa orientadas ó desenvolvemento e mellora da Seguridade Social e hixiene no traballo, no sector, e na provincia de Lugo.

Artigo 27º.-Comisión de Formación.

As partes signatarias acordan constituír unha Comisión Paritaria Sectorial Provincial de Formación Profesional, integrada por 1 representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Empresarial Textil igual ó número total de representantes das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisións:

-Requirir das administracións autonómica e central competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten ó sector de comercio téxtil, coa finalidade de colaborar tanto nos que estean en marcha como nos que se poidan programar no futuro.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación dela, tanto ocupacional como regrada.

-Elabora-los plans formativos necesarios para acada-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativos e manuais cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa orientadas ó desenvolvemento e á mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

VII. Outras materias

Artigo 28º.-Mozo especializado.

Todo traballador que actualmente figure na categoría como mozo e que efectúe traballos como reposición de almacén ou facturación de mercadorías, pasará á categoría de mozo especializado.

Artigo 29º.-Dereitos sindicais.

As empresas porán á disposición dos comités de empresa ou delegados de persoal o oportuno taboleiro de anuncios para o seu uso, sen prexuízo de poder mantelo para outros usos nos que así se autorizaran. As empresas poderán deducir a través das nóminas as cotas correspondentes ós afiliados ás centrais sindicais asinantes do presente convenio naqueles supostos nos que os interesados o solicitasen por escrito á dirección da empresa, indicando o número de conta corrente do sindicato á que desexan que se lles transfira o importe da referida cota.

Artigo 30º.-Servicio militar ou prestación social substitutoria.

O persoal que á data de incorporación ó servicio militar ou prestación social substitutoria levase dous anos de prestación de servicios na empresa, terá dereito a percibir, mentres se atope incorporado a filas, as gratificacións extraordinarias de xullo a Nadal que coincidan coa dita prestación de servicio.

Artigo 31º.-Modalidades de contratación.

Os contratos de duración determinada previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores poderán ter unha duración máxima de doce meses dentro dun período de dezaoito meses. Caso de que se concerten tales contratacións por un prazo inferior a doce meses, poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

Artigo 32º.-Prohibición de discriminación.

Dentro das empresas os traballadores e traballadoras non poderán ser discriminados por razóns étnicas, de ideoloxía, sexo, afiliación política ou sindical.

Respectarase o principio de igualdade de acceso a tódolos postos de traballo da empresa tanto para homes como para mulleres sen discriminación ningunha.

Disposición adicional

Única.-Aboamento de atrasos.

Os atrasos ós que haxa lugar como consecuencia da publicación do presente convenio haberán de aboarse ós traballadores no prazo de dous meses contados desde a súa publicación no BOP de Lugo.

ANEXO I

Táboa salarial do convenio colectivo do comercio téxtil de Lugo

Vixencia: do 1-4-2000 ó 31-3-2001.

Categoría profesionalSoldo baseComplem.Soldo mesRetribuc.

anual

Grupo I. Persoal técnico titulado
Titulado grao superior137.9649.648147.6122.185.236
Titulado grao medio117.2589.396126.6541.871.622
Axudante técnico sanitario103.4509.227112.6771.662.474

Grupo II. Persoal mercantil técnico non titulado
Director151.7839.821161.6042.394.597
Xefe de división134.5039.609144.1122.132.853
Xefe de persoal131.0729.565140.6372.080.860
Xefe de compras131.0729.565140.6372.080.860
Encargado xeral131.0729.565140.6372.080.860
Xefe de sucursal e super117.2589.396126.6541.871.622
Xefe de almacén117.2589.396126.6541.871.622
Xefe de grupo110.3479.311119.6581.766.937

Xefe de sección mercantil101.3689.199110.5671.630.908
Encargado establecemento poxa99.9859.182109.1671.609.959
Intérprete89.1488.77697.9241.442.532
Xefe de vendas131.0729.565140.6372.080.860
Persoal mercantil propiamente dito
Viaxante101.3689.199110.5671.630.908
Corredor de praza99.9859.182109.1671.609.959
Dependente96.5329.140105.6721.557.660
Dependente maior106.0329.257115.2891.701.564
Axudante88.6939.04797.7401.438.959
Traballador para a formaciónS.M.I.8.624

Grupo III. Persoal técnico non titulado
Director151.7839.821161.6042.394.597
Xefe de división134.5039.609144.1122.132.853
Xefe de administración121.4009.446130.8461.934.352
Secretario97.9239.154107.0771.578.693
Xefe de sección administrativa113.0999.345122.4441.808.625
Persoal administrativo
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo, idiomas, etc.101.3689.199110.5671.630.908
Oficial administrativo e operador de máquinas contables96.5329.140105.6721.557.660
Auxiliar administrativo e perforista88.6939.04797.7401.438.959
Auxiliar de caixa88.6939.04797.7401.438.959
Auxiliar maior de caixa95.2679.123104.3901.538.481

Grupo IV. Persoal de servicios e actividades auxiliares
Xefe de sección de servicios110.2149.312119.5261.764.954
Debuxante117.2589.396126.6541.871.622
Escaparatista96.5329.140105.6721.557.660
Axudante de montaxe88.6939.04797.7401.438.959
Delineante89.6269.05498.6801.453.038
Visitador89.6269.05498.6801.453.038
Rotulista89.6269.05498.6801.453.038
Cortador100.0399.181109.2201.610.757
Axudante cortador88.6939.04797.7401.438.959
Xefe de taller89.3259.04998.3741.448.463
Persoal de oficio de 1ª94.4629.115103.5771.526.310
Persoal de oficio de 2ª91.8669.083100.9491.486.986
Persoal de oficio de 3ª90.7149.06999.7831.469.538
Capataz92.7919.095101.8861.501.005
Mozo especializado89.9089.05798.9651.457.304
Ascensorista88.6939.04797.7401.438.959
Telefonista88.6939.04797.7401.438.959
Mozo88.6939.04797.7401.438.959
Empaquetadora88.6939.04797.7401.438.959

Categoría profesionalSoldo baseComplem.Soldo mesRetribuc.

anual

Grupo V. Persoal subalterno
Conserxe88.6939.04797.7401.438.959
Cobrador88.6939.04797.7401.438.959
Vixiante, sereno, ordenanza, porteiro88.6939.04797.7401.438.959
Persoal de limpeza413---

ANEXO I

Táboa salarial do convenio colectivo do comercio téxtil de Lugo

Vixencia: do 1-4-2000 ó 31-3-2001.

Euros.

Categoría profesionalSoldo baseComplem.Soldo mesRetribuc.

anual

Grupo I. Persoal técnico titulado
Titulado grao superior829,1857,99887,1713.133,53
Titulado grao medio704,7356,47761,2111.248,67
Axudante técnico sanitario621,7555,46677,209.991,67

Grupo II. Persoal mercantil técnico non titulado
Director912,2359,03971,2614.391,82
Xefe de división808,3857,75866,1312.818,70
Xefe de persoal787,7657,49845,2512.506,22
Xefe de compras787,7657,49845,2512.506,22
Encargado xeral787,7657,49845,2512.506,22
Xefe de sucursal e super704,7356,47761,2111.248,67
Xefe de almacén704,7356,47761,2111.248,67
Xefe de grupo663,2055,96719,1610.619,51

Xefe de sección mercantil609,2355,29664,529.801,95
Encargado establecemento poxa600,9255,18656,119.676,05
Intérprete535,7952,74588,548.669,79
Xefe de vendas787,7657,49845,2512.506,22
Persoal mercantil propiamente dito
Viaxante609,2355,29664,529.801,95
Corredor de praza600,9255,18656,119.676,05
Dependente580,1754,93635,109.361,73
Dependente maior637,2755,64692,9010.226,61
Axudante533,0654,37587,438.648,32
Traballador para a formaciónS.M.I.51,83

Grupo III. Persoal técnico non titulado
Director912,2359,03971,2614.391,82
Xefe de división808,3857,75866,1312.818,70
Xefe de administración729,6356,77786,4011.625,69
Secretario588,5355,02643,559.488,14
Xefe de sección administrativa679,7456,16735,9010.870,06
Persoal administrativo
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo, idiomas, etc.609,2355,29664,529.801,95
Oficial administrativo e operador de máquinas contables508,1754,93635,109.361,73
Auxiliar administrativo e perforista533,0654,37587,438.648,32
Auxiliar de caixa533,0654,37587,438.648,32
Auxiliar maior de caixa572,5754,83627,409.246,46

Grupo IV. Persoal de servicios e actividades auxiliares
Xefe de sección de servicios662,4055,97718,3710.607,59
Debuxante704,7356,47761,2111.248,67
Escaparatista580,1754,93635,109.361,73
Axudante de montaxe533,0654,37587,438.648,32
Delineante538,6654,42593,088.732,93
Visitador538,6654,42593,088.732,93
Rotulista538,6654,42593,088.732,93
Cortador601,2555,18656,439.680,84
Axudante cortador533,0654,37587,438.648,32

Categoría profesionalSoldo baseComplem.Soldo mesRetribuc.

anual

Xefe de taller536,8554,39591,248.705,44
Persoal de oficio de 1ª567,7354,78622,519.173,31
Persoal de oficio de 2ª552,1354,59606,728.936,97
Persoal de oficio de 3ª545,2054,51599,718.832,10
Capataz557,6954,66612,359.021,22
Mozo especializado540,3654,43594,798.758,57
Ascensorista533,0654,37587,438.648,32
Telefonista533,0654,37587,438.648,32
Mozo533,0654,37587,438.648,32
Empaquetadora533,0654,37587,438.648,32

Grupo V. Persoal subalterno
Conserxe533,0654,37587,438.648,32
Cobrador533,0654,37587,438.648,32
Vixiante, sereno, ordenanza, porteiro533,0654,37587,438.648,32
Persoal de limpeza2,48---

ANEXO II

Táboa salarial do convenio colectivo do comercio téxtil de Lugo

Vixencia: do 1-4-2001 ó 31-3-2002.

Categoría profesionalSoldo baseComplem.Soldo mesRetribuc.

anual

Grupo I. Persoal técnico titulado
Titulado grao superior140.7239.841150.5642.228,937
Titulado grao medio119.6039.584129.1871.909.053
Axudante técnico sanitario105.5199.412114.9311.695.729

Grupo II. Persoal mercantil técnico non titulado
Director154.81910.017164.8362.442.489
Xefe de división137.1939.801146.9942.175.507
Xefe de persoal133.6939.756143.4492.122.467
Xefe de compras133.6939.756143.4492.122.467
Encargado xeral133.6939.756143.4492.122.467
Xefe de sucursal e super119.6039.584129.1871.909.053
Xefe de almacén119.6039.584129.1871.909.053
Xefe de grupo112.5549.497122.0511.802.274

Xefe de sección mercantil103.3959.383112.7781.663.521
Encargado establecemento poxa101.9859.366111.3511.642.167
Intérprete90.9318.95299.8831.471.389
Xefe de vendas133.6939.756143.4492.122.467
Persoal mercantil propiamente dito
Viaxante103.3959.383112.7781.663.521
Corredor de praza101.9859.366111.3511.642.167
Dependente98.4639.323107.7861.588.821
Dependente maior108.1539.442117.5951.735.599
Axudante90.4679.22899.6951.467.741
Traballador para a formaciónS.M.I.8.796

Grupo III. Persoal técnico non titulado
Director154.81910.017164.8362.442.489
Xefe de división137.1939.801146.9942.175.507
Xefe de administración123.8289.635133.4631.973.040
Secretario99.8819.337109.2181.610.259
Xefe de sección administrativa115.3619.532124.8931.844.799
Persoal administrativo
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo, idiomas, etc.103.3959.383112.7781.663.521
Oficial administrativo e operador de máquinas contables98.4639.323107.7861.588.821
Auxiliar administrativo e perforista90.4679.22899.6951.467.741
Auxiliar de caixa90.4679.22899.6951.467.741
Auxiliar maior de caixa97.1729.305106.4771.569.240

Categoría profesionalSoldo baseComplem.Soldo mesRetribuc.

anual

Grupo IV. Persoal de servicios e actividades auxiliares
Xefe de sección de servicios112.4189.498121.9161.800.246
Debuxante119.6039.584129.1871.909.053
Escaparatista98.4639.323107.7861.588.821
Axudante de montaxe90.4679.22899.6951.467.741
Delineante91.4199.235100.6541.482.105
Visitador91.4199.235100.6541.482.105
Rotulista91.4199.235100.6541.482.105
Cortador102.0409.365111.4051.642.980
Axudante cortador90.4679.22899.6951.467.741
Xefe de taller91.1129.230100.3421.477.440
Persoal de oficio de 1ª96.3519.297105.6481.556.829
Persoal de oficio de 2ª93.7039.265102.9681.516.725
Persoal de oficio de 3ª92.5289.250101.7781.498.920
Capataz94.6479.277103.9241.531.029
Mozo especializado91.7069.238100.9441.486.446
Ascensorista90.4679.22899.6951.467.741
Telefonista90.4679.22899.6951.467.741
Mozo90.4679.22899.6951.467.741
Empaquetadora90.4679.22899.6951.467.741

Grupo V. Persoal subalterno
Conserxe90.4679.22899.6951.467.741
Cobrador90.4679.22899.6951.467.741
Vixiante, sereno, ordenanza, porteiro90.4679.22899.6951.467.741
Persoal de limpeza421---

ANEXO II

Táboa salarial do convenio colectivo do comercio téxtil de Lugo

Vixencia: do 1-4-2001 ó 31-3-2002.

Euros.

Categoría profesionalSoldo baseComplem.Soldo mesRetribuc.

anual

Grupo I. Persoal técnico titulado
Titulado grao superior845,7659,15904,9113.396,18
Titulado grao medio718,8357,60776,4311.473,64
Axudante técnico sanitario634,1856,57690,7510.191,54

Grupo II. Persoal mercantil técnico non titulado
Director930,4860,20990,6814.679,65
Xefe de división824,5558,91883,4513.075,06
Xefe de persoal803,5158,63862,1512.756,28
Xefe de compras803,5158,63862,1512.756,28
Encargado xeral803,5158,63862,1512.756,28
Xefe de sucursal e super718,8357,60776,4311.473,64
Xefe de almacén718,8357,60776,4311.473,64
Xefe de grupo676,4657,08733,5410.831,88

Xefe de sección mercantil621,4256,39677,819.997,96
Encargado establecemento poxa612,9456,29669,239.869,62
Intérprete546,5153,80600,318.843,23
Xefe de vendas803,5158,63862,1512.756,28
Persoal mercantil propiamente dito
Viaxante621,4256,39677,819.997,96
Corredor de praza612,9456,29669,239.869,62
Dependente591,7756,03647,819.549,01
Dependente maior650,0156,75706,7610.431,16
Axudante543,7255,46599,188.821,30
Traballador para a formaciónS.M.I.52,87

Grupo III. Persoal técnico non titulado
Director930,4860,20990,6814.679,65
Xefe de división824,5558,91883,4513.075,06
Xefe de administración744,2257,91802,1311.858,21
Secretario600,3056,12656,419.677,85
Xefe de sección administrativa693,3357,29750,6211.087,47
Persoal administrativo
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo, idiomas, etc.621,4256,39677,819.997,96

Categoría profesionalSoldo baseComplem.Soldo mesRetribuc.

anual

Oficial administrativo e operador de máquinas contables591,7756,03647,819.549,01
Auxiliar administrativo e perforista543,7255,46599,188.821,30
Auxiliar de caixa543,7255,46599,188.821,30
Auxiliar maior de caixa584,0255,92639,949.431,32

Grupo IV. Persoal de servicios e actividades auxiliares
Xefe de sección de servicios675,6557,08732,7310.819,70
Debuxante718,8357,60776,4311.473,64
Escaparatista591,7756,03647,819.549,01
Axudante de montaxe543,7255,46599,188.821,30
Delineante549,4455,50604,948.907,63
Visitador549,4455,50604,948.907,63
Rotulista549,4455,50604,948.907,63
Cortador613,2756,28669,569.874,51
Axudante cortador543,7255,46599,188.821,30
Xefe de taller547,5955,47603,078.879,59
Persoal de oficio de 1ª579,0855,88634,969.356,73
Persoal de oficio de 2ª563,1755,68618,859.115,70
Persoal de oficio de 3ª556,1055,59611,709.008,69
Capataz568,8455,76624,609.201,67
Mozo especializado551,1655,52606,698.933,72
Ascensorista543,7255,46599,188.821,30
Telefonista543,7255,46599,188.821,30
Mozo543,7255,46599,188.821,30
Empaquetadora543,7255,46599,188.821,30

Grupo V. Persoal subalterno
Conserxe543,7255,46599,188.821,30
Cobrador543,7255,46599,188.821,30
Vixiante, sereno, ordenanza, porteiro543,7255,46599,188.821,30
Persoal de limpeza2,53---