Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución Rede de subministración a Bioetanol Galicia, S.A., no termo municipal de Curtis.

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Gas Natural sdg, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 25 de setembro de 1998, a Consellería de Industria e Comercio outorgou a Enagas, S.A. a concesión administrativa para a prestación de servicio público de conducción e subministración de gas natural canalizado para usos industriais en distintos termos municipais da provincia da Coruña, entre os que se atopa Curtis, que debiu en autorización segundo se establece na disposición adicional sexta da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

Segundo.-Por Resolución do 20 de xaneiro de 2000 da Dirección Xeral de Industria autorizouse a subrogación de Gas Natural sdg S.A. en tódolos dereitos e obrigas derivados dos títulos administrativos habilitadores para o desenvolvemento da actividade de distribución de gas natural que presentaba Enagás, S.A.

Terceiro.-Con data do 1 de marzo de 2001, a referida empresa solicitou, ó amparo do establecido nos artigos 89.3º e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de instalacións rede de subministración a Bioetanol Galicia, S.A., así coma a declaración de utilidade pública das mencionadas instalacións, xuntando á dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado por ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

O trazado afecta ó termo municipal de Curtis e está composto por unha canalización de aceiro de 6 polgadas de diámetro e presión APB (51 bar).

Parte mediante unha conexión cap da posición I-016/1 do ramal a Curtis, nas proximidades da estrada de acceso á estación de Curtis e finaliza nunha válvula de acometida sita na entrada da industria Bioetanol Galicia, S.A.

A lonxitude total do ramal é de 13.180 m.

O orzamento ascende á cantidade de 271.259.466 pesetas.

Cuarto.-Esta dirección xeral someteu a información pública o referido proxecto xunto coa relación de bens e dereitos afectados, mediante Resolución do 13 de marzo de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia do 4 de abril, no BOP da Coruña do 29 de marzo, no diario La Voz de Galicia do 26 de marzo de 2001 e no taboleiro de anuncios do Concello de Curtis.

Quinto.-Durante o período legalmente establecido recibíronse as seguintes alegacións ó proxecto:

1. Ángel José Pardeo Ares, alega se-lo único propietario das parcelas identificadas cos números C-CU-210, C-CU-213 e C-CU-217, que apareceran na relación de propietarios afectados publicada no seu día a nome de María de las Nieves Pardo Ares e Ángel José Pardo Ares.

2. Antonio Noya Rey, propietario das parcelas identificadas cos números C-CU-91 e C-CU-93, solicita no seu escrito variante do trazado co fin de que este non discorra pola metade do seu predio, C-CU-91, conforme plano que achega.

3. Dositeo Naveira Gándaras, propietario da parcela identificada co número, C-CU-142, así como Carmen Caínzos Martínez, propietaria das parcelas identificadas cos números C-CU-135 e C-CU-143 e Manuel Mahía Fachal, propietario das parcelas identificadas cos números C-CU-132 e C-CU-118, alegan nos seus respectivos escritos non estaren de acordo coas superficies de afección publicadas.

4. Manuel Antonio Ansede Abella e José Manuel Ansede Abella, como propietarios da parcela identificada co número C-CU-196, poñen de manifesto que se produciron unha serie de erros na relación de bens e dereitos afectados relativos á titularidade.

5. José Díaz Vázquez, propietario da parcela identificada co número C-CU-188, solicita modifica-lo trazado proxectado, desviándoo polo lindeiro esquerdo da súa parcela (tomando como fronte o camiño).

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación.

Sexto.-Así mesmo, solicitouse informe dos organismos e entidades competentes sobre determinados bens públicos e servicios que resultan afectados pola mencionada conducción de gas natural.

Sétimo.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Oitavo.-O 24 de agosto de 2001 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental do dito proxecto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, cos Decretos 2913/1973, do 26 de outubro e 1775/1967, do 22 de xuño.

Segundo.-O proxecto cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no citado Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, así como as normas ou regulamentos que as desenvolven, e o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a estas por parte da empresa Enagas, S.A. e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Con respecto ás alegacións presentadas por Ángel José Pardo Ares (propietario das parcelas C-CU-210, C-CU-213 e C-CU-217), Manuel Antonio Ansede Abella e José Manuel Ansede Abella (propietarios da parcela C-CU-196), relativas a erros de titularidade, logo das comprobacións oportunas,

a empresa procederá a corrixi-los mesmos, se ben os alegantes deberán achegar título orixinal suficiente que acredite a súa condición de propietarios dos predios.

2. En canto ás alegacións presentadas por Dositeo Naveira Gándaras (propietario da parcela C-CU-142), Carmen Caínzos Martínez (propietaria das parcelas C-CU-135 e C-CU-143) e Manuel Mahía Fachal (propietario das parcelas C-CU-132 e C-CU-118), reclamando maiores afeccións dos predios que os publicados, as afeccións calcúlanse multiplicando o fronte da parcela por un largo de 1,5 metros, segundo os planos que constan no proxecto, discorrendo o trazado da conducción polo foxo da pista, polo que non proceden os aumentos de afección propostos.

3. Con respecto ás alegacións presentadas por Antonio Noya Rey (propietario do predio C-CU-91) e José Díaz Vázquez (propietario do predio C-CU-188), solicitando variantes de trazado, a empresa distribuidora púxose en contacto con eles propoñendo trazado alternativo que aínda non aceptaron, polo que se mantén o trazado segundo o proxecto presentado.

Cuarto.-Gas Natural sdg S.A. procederá igualmente a realiza-los cruzamentos e afeccións a organismos públicos de acordo cos condicionados e informes realizados, ou se é o caso, pendentes de realizar.

Por todo o anterior, debe accederse ó solicitado pola empresa Gas Natural sdg, S.A. e, por conseguinte, proceder a aproba-lo proxecto de execución de referencia, correspondente ó termo municipal de Curtis.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Outorgar a Gas Natural sdg, S.A. a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións que se consideran en rede de subministración a Bioetanol Galicia, S.A., no termo municipal de Curtis.

Declara-la utilidade pública das instalacións que se autorizan, para os efectos previstos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta autorización administrativa outórgase de acordo coas condicións xerais previstas na Lei 34/1998, do 7 de outubro, o Decreto 2613/1973, do 26 de outubro e o Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e baixo as condicións especiais seguintes:

Primeira.-As instalacións deberán realizarse conforme as especificacións e planos do proxecto que se aproba.

Segunda.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten ós datos básicos do proxecto será necesario a autorización desa Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá auto

riza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Terceira.-En todo momento deberá cumprirse canto establece o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994, así como as instruccións técnicas complementarias ITC-MIG 5.2. Canalizacións de transporte e distribución de gas de alta presión A e ITC-MIG 6.1. Acometidas de gas en alta presión, aprobadas por Orde do 26 de outubro de 1983 e modificadas pola do 6 de xullo de 1984, normas UNE e demais normativas e directrices vixentes.

Cuarta.-Os materiais e instalacións eléctricas deberán cumpri-lo disposto no Regulamento electrotécnico de baixa tensión e as súas instruccións técnicas complementarias, así como a norma UNE 20.322-86: clasificación de localización con riscos de explosión debido á presencia de gases, vapores e néboas inflamables ou emprazamento de canalizacións deberá realizarse segundo o establecido na norma UNE 60-302 as zonas de seguridade e coeficientes de cálculo estarán de acordo co establecido na norma UNE 60-305, debendo así mesmo establecerse dispositivos que limiten a presión nas canalizacións ós valores máximos de servicio autorizados.

Quinta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións será de seis meses contados desde data en que exista posibilidade legal de ocupación física dos predios afectados, podendo solicitar prórroga, en caso necesario, previa á oportuna xustificación.

Sexta.-A Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña deberá realizar durante as obras e unha vez rematadas estas, as comprobacións e probas que considere necesarias en relación co cumprimento das condicións xerais e específicas establecidas.

Sétima.-O peticionario manterá informada a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña de calquera incidencia que se poida producir durante a execución das obras e tamén das datas e fases previstas para a realización das probas e controis regulamentarios, todo iso con antelación suficiente, acreditando posteriormente ante a citada delegación provincial que os ensaios previstos se realizaron por entidades ou persoas legalmente facultadas e con resultado satisfactorio.

Ó remata-las obras remitirase á dita delegación provincial o certificado final de dirección de obra, asinado por técnico competente, que acredite que as instalacións cumpren as condicións técnicas e prescricións regulamentarias que lle son de aplicación e que se axustan ó proxecto aprobado e/ou, no seu caso, ás modificacións autorizadas, xuntando as actas e certificacións das probas e controis regu

lamentarios. A delegación provincial, logo de informe do técnico designado pola dita delegación extenderá, se procede, a acta de posta en marcha da instalación.

Oitava.-Os cruzamentos especiais ou outras afeccións a bens de dominio público realizaranse de conformidade cos condicionados técnicos impostos polos organismos afectados.

Novena.-O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construcción e despois da súa posta en servicio co fin de garantir que en todo momento se manteran as condicións regulamentarias de seguridade.

Décima.-Para a seguridade das instalacións a que se refire a presente autorización establécense as seguintes afeccións en relación cos elementos que se mencionan:

Un: a expropiación en pleno dominio dos terreos sobre os que se construirán os elementos de instalación fixa en superficie.

Dous: para as canalizacións:

a) Imposición de servidume permanente de paso, nunha franxa de terreo de dous (2) metros de largo, un a cada lado do eixe, ó longo do gasoducto, por onde discorrerá soterrado o encanamento ou encanamentos que se requiran para a conducción do gas e que estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros contados desde do eixe do encanamento.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar acto ningún que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os encanamentos de ventilación, así como de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

b) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer, temporalmente, todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisas ós ditos fins.

Tres: para o paso de liñas, equipos de telecomunicación e elementos dispersores de protección catódica:

a) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun metro de largo, por onde descorrerán soterrados os cables de conexión. Para os leitos dispersores de protección catódica, a franxa de terreo, onde se establece a imposición de servidume permanente de paso, terá como largura, a correspondente á da instalación máis un (1) metro a cada lado. Estas franxas estarán suxeitas ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así coma de plantar árbores ou arbustos e realizar todo tipo de obra, construcción ou edificación a unha distancia inferior a un metro e medio, a cada lado do cable de conexión ou do límite da instalación soterrada dos leitos dispersores, podendo exerce-lo dereito a cortar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbera a distancia inferior á indicada.

2. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

b) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicta para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas ós ditos fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

Décimo primeira.-A compañía operadora deberá ter un programa de vixilancia, inspección e control para observa-las condicións en que se atopan as canalizacións, debendo manter unha central de avisos atendida permanentemente e dispor dun plan de emerxencia escrito que describa a organización e actuación de medios humanos e materiais propios nas situacións de emerxencia. Así mesmo, deberá facilitarlles ós servicios de bombeiros, concello e organismos con competencias en materia de protección civil, copia dos planos de situación das canalizacións e características destas. Esta documentación será copia da que debe ter actualizada en arquivo a compañía operadora durante o período de explotación, de acordo co establecido no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos e demais disposicións complementarias e modificadoras.

Décimo segunda.-A autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias de competencia doutros organismos ou entidades públicas, necesarios para realiza-las instalacións aprobadas.

Décimo terceira.-A administración resérvase o dereito a deixar sen efecto a presente autorización polas causas sinaladas polo artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 20 de xullo, por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos, pola extinción da concesión da que dimana ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse, se é o caso, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria