Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 200/2000).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Santa Comba-Castriz-Sabaceda (Santa Comba).

Liñas eléctricas aéreas de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56: -De 4.255 m de lonxitude, coa orixe na liña da subestación Carballo-Minas de Barilongo e final no apoio nº 28 da liña que alimenta o C.T. Padreiro. -De 375 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 18 da liña Barilongo-Padreiro e final no C.T. San Salvador. Centro de transformación, tipo intemperie, de 100 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV en San Salvador. -De 933 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta o C.T. Frieiro e final no apoio nº 6 da liña proxectada, cambio de tensión para 20/0,380-022 kV. Dos seguintes centros de transformación tipo intemperie: C.T. San Salvador de 100 kVA, C.T. Xallas de 50 kVA, C.T. Estévez de 50 kV, C.T. Frieiro de 100 kVA, de Traba de 100 kVA, Castriz de 100 kVA, C.T. Boaña de 100 kVA, C.T. Padreiro II de 50 kVA, C.T. Amarelle de 25 kVA e centro de transformación tipo caseta de Padreiro de 100 kVA no termo municipal de Santa Comba.

A petición someteuse á información pública e a relación de propietarios, bens e dereitos afectados publicáronse no DOG do 27 de abril, no BOP do 24 d abril, no xornal La Voz de Galicia do 6 de abril e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Santa Comba, ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na devandita relación.

Así mesmo, comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57.B da devandita lei e no artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública, que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 22 de agosto de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións