Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN de 30 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador AG-SA-86/2001-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo que se menciona a proposta de resolución, dictada polo instructor no expediente que por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto de 4-2-1955, se está tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente, no Servicio Técnico Xurídico, sito na c/ Benito Corbal nº 47, 4ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 30 de xuño de 2001.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-86/2001-PO.

Denunciado: Portafoxo Means, S.L.

Feito denunciado: non respecta-lo prazo de espera preceptivo para o sacrificio de animais tratados con pensos medicamentados.

Data do acordo de incoación: 19-4-2001.

Alegacions a incoación: non presentou.

Preceptos infrinxidos incumprimento do artigo 24.3º, número 1º, do Real decreto 1749/1998, do 13 de xullo.

Precepto sancionador: artigo 36 b) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e polo artigo 109 b), do medicamento.

Sanción: 500.001 pesetas.