Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador AG-SA-139/2001-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción o Regulamento de epizootias, Decreto de 4-2-1955.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Mario Orjales Pita e secretaria a María Magdalena Santiago Pereira.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Concedéndolle ó interesado un prazo de quince días, para que poida examina-lo expediente así como formula-las alegacións que estime axeitadas, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, xa que de non efectua-las alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación poderá ser considerado como proposta de resolución.

Pontevedra, 7 de agosto de 2001.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-139/2001-PO.

Denunciado: José Bonet Renda.

Último enderezo coñecido: avda. da Torre, nº 6-2º, A Estrada (Pontevedra).

Feito denunciado: falta de identificación ovellas.

Data do acordo de incoación: 13-7-2001.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 11 do Real decreto 205/1996, do 9 de febreiro.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias, actualizado polo Real decreto 1665/1976, de 7 de maio.

Sanción: 35.000 pesetas.