Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2001, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se lle outorga a Parque de Mariscos José García Abella, S.L. permiso de actividade para a posta en funcionamento dun establecemento auxiliar de cultivos mariños no lugar da Pasaxe-As Xubias (A Coruña).

Visto o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade para a explotación dunha estación depuradora e centro de expedición, apreciáronse os seguintes

A) Feitos.

Primeiro.-Mediante escrito de abril de 2000, José García Abella (DNI 32171018), en representación de Parque de Mariscos José García Abella, S.L.. (CIF B15348766), solicitou permiso de actividade para a explotación dunha estación depuradora e centro de expedición, no lugar da Pasaxe-As Xubias, municipio da Coruña.

Segundo.-O interesado ahegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de establecementos.

Terceiro.-No expediente obra a seguinte documentación, referida ó resultado da información pública e oficial:

-Anuncio de información pública, publicado no Diario Oficial de Galicia.

-Informe técnico biolóxico favorable.

-Informe urbanístico favorable, do concello da Coruña.

-Informe xurídico favorable do Servicio Técnico-Xurídico.

B) Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 27 de marzo de 2000 (DOG do 5 de abril), pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre.

Vistas as disposicións citadas, a proposta e resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Outorgar a Parque de Mariscos José García Abella, S.L.. co CIF: B15348766, permiso de actividade para

a posta en funcionamento e explotación do establecemento auxiliar de cultivos mariños que se indica a continuación.

-Tipo: estación depuradora/centro de expedición.

-Nome: Parque de Mariscos José García Abella, S.L.

-Actividade: depuración e envasado.

-Especies: moluscos.

-Ubicación: lugar: A Pasaxe-As Xubias, municipio da Coruña.

-Superficies:

Dominio privado: 177,00 m.

-Características das instalacións:

Naves: nº: 1 superficie: 177 m.

Piscinas: nº: 2 rectangulares, superficie: 3,76 x 2,01 m cada unha.

Baixo as seguintes condicións

Primeira.-O permiso de actividade outórgase por un prazo de dez (10) anos, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Poderá prorrogarse por períodos máximos doutros dez anos, logo de petición do interesado dentro dos 60 días anteriores ó vencemento da súa vixencia.

Segunda.-As obras e instalacións que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo conforme o proxecto Depuradora de moluscos bivalvos para instalar no parque de mariscos José García Abella, S.L. nas Xubias, concello da Coruña, subscrito en marzo de 2000 por Alfredo Díez Pérez, e deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 12 meses, contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Terceira.-A execución das obras e instalacións e o incio da actividade realizaranse de acordo co disposto nos artigos 5 e 6 da devandita Orde do 27 de marzo de 2000.

Cuarta.-O establecemento non poderá destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderá modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-O permiso de actividade ó que se refire esta resolución extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Sexta.-O outorgamento deste permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Sétima.-O titular xustificará o pagamento á facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito o acto do dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contecioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246,

do 22 de decembro)

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral