Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.256

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2001, conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Industria e Comercio, pola que se adxudican as axudas correspondentes ó programa xeolóxico mineiro do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico para o ano 2001, en réxime de concorrencia competitiva, convocadas pola Orde do 22 de febreiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 9 de marzo).

A orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Industria e Comercio do 22 de febreiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 49, do 9 de marzo), aproba as bases regulamentadoras da concesión de axudas correspondentes ó Programa Investigación Xeolóxica e Mineira do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT) en réxime de concorrencia competitiva, e procédese á súa convocatoria para o ano 2001.

A selección das solicitudes e a determinación da contía das axudas foi realizada pola comisión de selección segundo o establecido nos puntos 8 dos anexos I e II, da mencionada orde de convocatoria.

Na súa virtude, e atendendo a proposta elaborada pola Comisión de Selección, en virtude das competencias atribuídas, as consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Industria e Comercio,

RESOLVEMOS:

Primeiro.-Concede-las axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada industrial ós investigadores que se relacionan no anexo I epígrafe 1 desta resolución, na contía e polas anualidades que, en cada caso se sinalan. Aqueles proxectos que figuran no anexo I con autorización para contratar persoal, deberán realiza-la contratación conforme as normas establecidas nas bases da convocatoria.

Segundo.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento empresarial, as empresas que se relacionan no anexo I epígrafe 2 da presente resolución, na contía e polas anualidades que se sinalan.

Terceiro.-Denega-las axudas ós grupos e ás empresas que se relacionan no anexo II polos motivos que nel se sinalan.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na referida orde da convocatoria, suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou de Industria e Comercio, segundo proceda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, consonte os artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2001.

Jaime Pita VarelaJuan Rodríguez Yuste

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Industria

e Administración Públicae Comercio