Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.244

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 14 de setembro de 2001 pola que se dispón que o secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais se encargue do despacho dos asuntos da Dirección Xeral de Servicios Sociais.

Producido o cesamento da titular da Dirección Xeral de Servicios Sociais, cómpre adopta-las medidas inmediatas para que, sen prexuízo do posterior nomeamento do novo titular do centro directivo, se asegure o correcto funcionamento do servicio e a resolución, se é o caso, dos asuntos encomendados á devandita dirección xeral.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-O desenvolvemento das accións e o exercicio das competencias propias da Dirección

Xeral de Servicios Sociais, que figuran no Decreto 48/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificado polo Decreto 69/2001, do 22 de marzo, e outras que lle fosen expresamente delegadas, quédanlle encomendadas temporalmente e ata que se produza o nomeamento do seu titular ó secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2001.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais