Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 14 de setembro de 2001 Páx. 12.244

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de setembro de 2001 pola que se dispón que o secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública se encargue do despacho dos asuntos da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Producido o cesamento do titular da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, cómpre adopta-las medidas inmediatas para que, sen prexuízo do posterior nomeamento do novo titular do centro directivo, se asegure o correcto funcionamento do servicio e a resolución, se é o caso, dos asuntos encomendados á devandita seretaría xeral,

DISPOÑO:

Artigo único.-O desenvolvemento das accións e o exercicio das competencias propias da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, que figuran no Decreto 261/1994, do 29 de xullo, e outras que lle fosen expresamente delegadas, quédanlle encomendadas temporalmente e ata que se produza o nomeamento do seu titular ó secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública