Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.191

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hotel Finisterre.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Hotel Finisterre (código convenio 1500762) que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 25-6-2001, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo comité de empresa, o día 15-6-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de xuño de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Hotel Finisterre

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio afecta os traballadores e traballadoras do cadro de persoal fixo do Hotel Finisterre da Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia.

Con independencia da súa publicación nos boletíns oficiais, este convenio iniciará a súa vixencia o 1 de xaneiro de 2001 con carácter indefinido, podendo ser denunciado por calquera das partes para efectos de negociación e revisión no último mes de cada ano natural, seguindo vixente en tódolos seus contidos e sendo de plena aplicación ata que sexa substituído en todo ou en parte por outro convenio negociado entre as partes.

Artigo 2º bis.-Retribución e revisión.

1. Incremento do 3% en tódolos conceptos económicos, cunha revisión no caso de que o IPC supere o 2% ó remate do ano en curso.

2. No caso de que o IPC publicado polo INE ou organismo que o substitúa superase o 31 de decembro de 2001 un incremento do 2% con respecto ó 31 de decembro de 2000, efectuarase unha revisión automática sobre tódolos conceptos económicos no exceso da devandita cifra. Tal incremento aboarase con efectos do 1 de xaneiro de 2001.

Artigo 3º.-Sistema de retribución.

A retribución salarial do persoal afectado por este convenio consistirá nun soldo base, de conformidade coas distintas categorías profesionais, ó que se sumarán os complementos que se pactan, polo que queda totalmente suprimido o réxime de porcentaxes de servicios que rexía nesta actividade, quedando substituído o sistema a que se refiren os artigos 49, 52 e seguintes da ordenanza laboral vixente pola nova regulación convida, considerando ademais que esta nova modalidade é máis beneficiosa para a totalidade do persoal ó suprimi-las diferencias que, noutro suposto, habería entre as distintas categorías profesionais.

Artigo 4º.-Compensación e melloras.

As melloras que se implantan neste convenio, así como as voluntarias que se establezan no sucesivo, serán compensadas e absorbidas ata onde alcance nos aumentos, melloras ou condicións superiores de calquera natureza que, fixadas por disposición legal, contrato individual ou concesión voluntaria, poidan establecerse no sucesivo.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións establecidas neste convenio teñen a consideración de mínimas, polo que os pactos, cláusulas, condicións ou situacións implantadas que impliquen condicións máis beneficiosas cás aquí pactadas, subsistirán para aqueles traballadores que as viñesen gozando.

Artigo 6º.-Comisións en divisas.

O tanto por cento correspondente á dita comisión será repartido entre o persoal do departamento que efectúa os ditos cambios.

Artigo 7º.-Ordenación das categorías profesionais.

Tódalas categorías profesionais das actividades de hostalería se adscribirán segundo os seguintes niveis:

Nivel I:

-Xefe de cociña.

-Xefe de comedor.

-Xefe de recepción.

-Xefe de administración.

-Gobernanta xeral.

-Encargado de mantemento.

Nivel II:

-Segundo xefe de comedor.

-Segundo xefe de cociña.

Nivel III:

-Xefe de sector.

-Encargado de economato.

-Subgobernanta.

-Encargada de lencería e lavandería.

-Xefe de partida.

-Secretaria de dirección.

Nivel IV:

-Interventor.

-Adegueiro.

-Cafeteiro.

-Camareiro.

-Recepcionista.

-Cociñeiro.

-Oficial primeira administrativo.

-Caixeiro de comedor.

-Fontaneiro.

-Electricista.

-Carpinteiro.

-Pintor.

Nivel V:

-Axudante de economato.

-Axudante de recepción.

-Axudante de camareiro.

-Axudante de cociñeiro.

-Axudante de conserxe.

-Conserxe de noite.

-Auxiliar administrativo.

-Telefonista segunda.

-Camareira pisos.

Nivel VI:

-Calefactor.

-Mozo de equipaxes.

-Vixilante de noite.

-Fregadora.

-Marmitón.

-Lavandería-lencería.

-Pasadora de ferro.

-Costureira.

-Limpadora.

-Mozo limpeza.

Nivel VII:

-Aprendices.

-Mozos dos recados.

Nos casos en que non se incluíse algunha categoría neste artigo, a comisión paritaria determinará o seu encadramento correspondente, categoría e nivel.

Artigo 8º.-Retribucións.

A cada profesional aplicaránselle as contías salariais mínimas correspondentes a cada nivel e que serán as seguintes:

-Nivel I: 172.544 pesetas.

-Nivel II: 165.843 pesetas.

-Nivel III: 155.731 pesetas.

-Nivel IV: 145.617 pesetas.

-Nivel V: 132.289 pesetas.

-Nivel VI: 117.413 pesetas.

-Nivel VII: 108.876 pesetas.

Artigo 9º.-Manutención.

O persoal de calquera clase ou categoría terá dereito á manutención como complemento salarial en especie, que percibirá con cargo á empresa e durante as horas en que preste os seus servicios, e sempre que avise o mes anterior.

O complemento en especie de manutención poderá substituírse mediante a entrega da cantidade de 7.017 pesetas mensuais, computadas diariamente.

Artigo 10º.-Aloxamento.

Considérase incluído nos salarios que figuran no artigo 8º o importe do aloxamento a aquel persoal que o ten recoñecido pola ordenanza laboral do 28 de febreiro de 1974.

Artigo 11º.-Complemento de convenio.

Establécese un complemento de convenio para todo o persoal de 8.686 pesetas.

Artigo 12º.-Transportes.

Establécese un complemento de transporte para todo o persoal afectado por este convenio de 7.615 pesetas.

Artigo 13º.-Antigüidade.

Os premios por antigüidade establecidos polo vixente convenio para o persoal fixo ó 31-12-1985 quedan de acordo coa seguinte escala, tomando como base o salario garantido no convenio provincial de hostalería para as categorías laborais incluídas no artigo 7º deste convenio de empresa. A partir do 1 de xaneiro de 1997 a antigüidade calcularase sobre as bases do convenio provincial de hostalería aprobadas no ano 1996, as cales quedarán como base de cálculo para anos sucesivos, incrementadas na porcentaxe que se aprobe ano a ano no convenio de empresa Hotel Finisterre.

As ditas bases faranse constar no convenio que se asine anualmente neste artigo.

Deste xeito quédase totalmente desligado de calquera acordo que se estableza no convenio provincial de hostalería, tanto que afecte as bases coma outros criterios.

1. Un 4 por cento sobre o salario garantido ó cumprirse 3 anos de servicio efectivo na empresa.

2. Un 9 por cento ós 6 anos.

3. Un 17 por cento ós 9 anos.

4. Un 29 por cento ós 14 anos.

5. Un 41 por cento ós 19 anos.

6. Un 48 por cento ós 24 anos.

A partir dos 25 anos de servicio na empresa, un 2% anual ata un límite dos 40 anos.

A data inicial para a determinación da antigüidade será a de ingreso na empresa, aínda que cambie por ascenso ou por calquera outro motivo de categoría profesional.

Os premios por antigüidade do presente convenio para o persoal con data de ingreso na empresa que sexa posterior ó 1-1-1986 quedan establecidos por trienio de 4.319 pesetas en cada unha das pagas. A dita cantidade será revisada conxuntamente co resto das condicións económicas do convenio.

Bases para o cálculo da antigüidade.

CategoríasPesetas

-Xefe recepción130.419

-Interventor128.418

-Oficial primeira contabilidade124.624

-Recepcionista124.624

-Telefonista122.986

-Axudante recepcionista122.596

-Mozo equipaxe116.828

-Xefe de cociña130.419

-Segundo xefe de cociña128.418

-Xefe de partida124.624

-Encargado de economato124.624

-Cociñeiro122.630

-Cafeteiro126.140

-Xefe de comedor130.419

-Segundo xefe de comedor128.385

-Xefe de sector126.419

-Camareiro126.140

-Gobernanta128.418

-Camareira118.831

-Encargada de lencería124.624

-Pasadora de ferro116.168

-Lenceira114.829

-Limpadora114.829

-Encargado de traballos126.546

-Calefactor118.831

-Carpinteiro114.829

-Electricista114.829

-Fontaneiro114.829

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do verán e Nadal, que se pagarán o 15 de xullo e 15 de decembro, respectivamente, serán de 30 días, e a de setembro de 15 días. Estarán constituídas polos salarios do artigo 8º, incrementados coa antigüidade que corresponda en cada caso.

No mes de marzo aboarase unha paga extraordinaria consistente en 15 días da retribución que corresponda a cada empregado, de acordo cos salarios do artigo 8º.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións para todo o persoal afectado por este convenio será de 30 días naturais.

Procurarase que os días festivos traballados sexan computados en descanso día a día, pero se, por necesidades de organización, isto no se puidese realizar, gozaranse acumulados e, se é o caso, co preceptivo descanso semanal.

Artigo 16º.-Xornada laboral.

A duración máxima da xornada ordinaria de traballo será de 38 horas semanais de traballo efectivo.

Será de xornada continuada nos departamentos de recepción, conserxería, teléfonos, pisos, lencería e administración.

Entenderase por xornada partida aquela na que haxa un descanso ininterrompido dunha hora como mínimo.

O tempo traballado computarase de modo que tanto ó comezo como ó remate da xornada diaria o traballador estea no seu posto de traballo.

Artigo 17º.-Dote por matrimonio.

Tanto o persoal masculino como o feminino que leve dous anos de servicio na empresa e contraia matrimonio continuando nesta percibirá en concepto de dote unha mensualidade de retribución que comprenderá o soldo maila antigüidade. No suposto de que o dito persoal non permanecese na empresa un ano máis a partir da data do matrimonio, descontaráselle na liquidación que se lle practique a cantidade que percibise en concepto de dote.

Este dereito unicamente poderá ser gozado unha soa vez polo productor durante a súa permanencia na empresa.

Artigo 18º.-Licencias.

Sen perda de retribución ningunha, a empresa concederá licencias nos casos seguintes:

-Matrimonio do productor: 15 días.

-Enfermidade grave ou intervención cirúrxica con ingreso do cónxuxe, pais, fillos e parto da muller: catro días.

-Morte do cónxuxe, pais, fillos ou irmáns: 4 días.

-Morte de pais ou irmáns políticos: 2 días.

-Morte de tíos, sobriños ou curmáns de primeiro grao: 1 día.

-Morte de avós e netos: 1 día.

-Casamentos de fillos ou irmáns: 1 día se é dentro da provincia e 3 se é fóra dela.

-Bautizos, primeiras comuñóns de fillos e netos: 1 día.

-Traslado de domicilio: 1 día.

Artigo 19º.-Excedencia.

O traballador cunha antigüidade na empresa, cando menos, dun ano, terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período máximo de cinco anos, sen que, en ningún caso, se poida producir tal situación nos contratos de duración determinada. Reunirá o traballador as condicións seguintes:

a) Contar cunha antigüidade na empresa superior a un ano. A concesión outorgarase dentro do prazo dun mes a partir da data da súa petición.

b) A excedencia terá unha duración mínima de seis meses e máxima de cinco anos, concedéndose polo tempo solicitado.

c) O traballador que se queira incorporar ó seu posto de traballo, notificarallo á empresa cun mes de anticipación á data en que expire o prazo.

d) Perderá o dereito á reincorporación ó seu posto de traballo todo aquel excedente que en tal período de tempo prestase os seus servicios por conta allea en calquera posto de traballo dentro do territorio

do estado en empresas comprendidas na ordenanza laboral de traballos de hostalería.

e) Se a empresa dese emprego a outro traballador para substituí-lo excedente, aquel tería a condición de interino, causando baixa ó reincorporarse o substituído. Se este non se reincorporase no prazo e condicións sinalados, sería destituído definitivamente na empresa, adquirindo o interino a condición de fixo.

f) Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo, contado desde a data de nacemento ou da resolución xudicial ou administrativa, en caso de adopción ou acollemento, tanto permanente coma preadoptivo, para empezar a conta-lo dito período de excedencia. Os fillos sucesivos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, poñería fin á que viñese gozando. A excedencia contemplada no presente punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes o mulleres. Non obstante, se dous o máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

g) Así mesmo, poderán solicita-la situación de excedencia os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, e mentres dure o exercicio do seu mandato.

h) Para se acoller a outra excedencia voluntaria, o traballador deberá cubrir un novo período de, cando menos, catro anos de servicios efectivos na empresa.

i) A excedencia concederase sen dereito ningún a retribución e o tempo que dure non será computable para ningún efecto.

Artigo 20º.-Enfermidade.

No caso de enfermidade ou accidente, a empresa incrementará as prestacións da Seguridade Social ata o 100 por cento do salario establecido no artigo 8º máis a antigüidade, complemento de manutención, convenio e transporte. Esta prestación manterase por un período máximo de 12 meses.

Absentismo.

Nos tres primeiros días de ausencia deixarase de percibir o 20 por cento da retribución diaria.

Do cuarto ó décimo día, ámbolos dous incluídos, deixarase de percibir o 10 por cento da devandita retribución, mediante xustificación médica á empresa.

Cando a situación de enfermidade común dure máis de dez días ininterrompidos, percibirase a retribución íntegra desde o primeiro día de ausencia.

Das xustificacións de enfermidade aludidas exclúense as ausencias orixinadas por:

-Hospitalización.

-Intervención cirúrxica.

-Descanso por maternidade.

Artigo 21º.-Auxilio de defunción.

No caso de falecemento do productor, concederáselle á viuva ou fillos un auxilio de defunción que será do seguinte xeito:

-Por 5 anos de servicio: un mes.

-Por 10 anos de servicio: dous meses.

-Por 20 anos de servicio: tres meses.

-Por 25 anos de servicio: catro meses.

Ó persoal que non leve os cinco anos ó servicio da empresa pagaráselle a parte proporcional ó tempo traballado en seis días por anos de servicio.

Artigo 22º.-Xubilación.

A xubilación do persoal afecto a este convenio será obrigatoria á idade que regulamentariamente estableza o Goberno para ter dereito ás prestacións do 100 por cento por xubilación, sendo no momento de 65 anos. Para o persoal fixo na empresa ó 31 de decembro de 1986, ó producirse a xubilación dun traballador que leva, como mínimo, 15 anos ó servicio da empresa, percibirá dúas mensualidades incrementadas con tódolos emolumentos inherentes a este e unha mensualidade máis por cada 5 anos que excedan dos 15 de referencia.

Para o persoal de novo ingreso a partir do 1 de xaneiro de 1987, o premio por xubilación será:

-Ós 60 anos: 10 mensualidades.

-Ós 61 anos: 8 mensualidades.

-Ós 62 anos: 6 mensualidades.

-Ós 63 anos: 4 emnsualidades.

-Ós 64 anos: 3 mensualidades.

-Ós 65 anos: 2 mensualidades.

Tendo en conta que a xubilación con dereito ó 100 por cento das prestacións na actualidade está fixada en 65 anos, se esta fose modificada á baixa, en igual proporción modificarase a táboa adxunta.

Artigo 23º.-Nocturnidade.

As horas transcorridas durante o período comprendido entre as 12 da noite e as 8 da mañá, agás nos casos en que a categoría do empregado que realiza o traballo nocturno así o especifique, terá unha retribución complementaria do 25 por cento do salario base.

Artigo 24º.-Prazos de aviso previo.

O prazo de aviso previo, nos casos de cesamento voluntario dos traballadores, será o seguinte:

-De 15 días, os traballadores encadrados nos niveis 1 e 2 do artigo 7º.

-De 10 días, o resto do persoal.

O incumprimento destes prazos por parte dos traballadores dará lugar á perda do que puidese corresponderlles polas partes proporcionais das gratificacións extraordinarias contempladas no artigo 14º.

Artigo 25º.-Horas extraordinarias.

Aboaranse de acordo coa lexislación vixente sobre a materia.

Artigo 26º.-Seguro.

A empresa concertará ó seu cargo un seguro polo importe de 2.000.000 de pesetas para os casos de morte ou incapacidade total para o traballador, en caso de accidente laboral e accidente in itinere, cunha cobertura dunha hora antes e outra despois do final da xornada laboral e para todos e cada un dos traballadores.

Artigo 27º.-Vixilancia, interpretación e aplicación.

Para a interpretación, aplicación e vixilancia deste convenio colectivo créase unha comisión paritaria integrada por catro persoas, designadas dúas pola empresa e dúas polo comité de entre os negociadores do convenio.

As partes asinantes deste convenio colectivo, axustándose ó establecido na recomendación número 92 da OIT e no seu artigo número 6 da Carta Social Europea, sobre conciliación, mediación e arbitraxe voluntaria, acordan, no caso de conflictos non individuais xurdidos como consecuencia da aplicación, interpretación deste convenio colectivo, someterse ós procedementos extraxudiciais de solucións de conflictos de traballo establecidos no Acordo Interprofesional (AGA), subscrito entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e as centrais sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e a Confederación Intersindical Galega (CIG), nos propios termos en que neste están formulados.

Cláusula adicional.

En cumprimento do que se establece no artigo 26.5º do Estatuto dos traballadores, faise consta-lo seguinte:

a) Que o número de horas anuais de traballo efectivo será de 1.748, en xornada partida e continua.

b) Que as remuneracións anuais dos traballadores en función do dito número de horas son as seguintes:

-Nivel I: 2.867.960 pesetas.

-Nivel II: 2.767.475 pesetas.

-Nivel III: 2.615.750 pesetas.

-Nivel IV: 2.464.058 pesetas.

-Nivel V: 2.264.154 pesetas.

-Nivel VI: 2.041.005 pesetas.

-Nivel VII: 1.912.874 pesetas.