Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 11 de setembro de 2001 Páx. 12.081

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 3 de setembro de 2001 pola que se dispón o nomeamento de vocal en representación da organización sindical máis representativa no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola

Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do Consello de Administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, vista a proposta de nomeamento realizada na súa condición de organización sindical máis representativa no porto, pola comisión executiva da Federación de Comunicación e Transporte de Galicia e sindicato CC.OO., do representante no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo e, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

Nomear a Ricardo Valeiras Graña como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en representación da organización sindical máis representativa no porto (CC.OO.).

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2001.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda