Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 11 de setembro de 2001 Páx. 12.081

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 3 de setembro de 2001 pola que se dispón o cesamento de vocal en representación da organización sindical máis representativa no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 facultan ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a separación dos vocais do Consello de Administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, vista a proposta de cesamento realizada pola Comisión Executiva da Federación da Comunicación e Transporte de Galicia do sindicato CC.OO., do representante no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, e, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

Que cese Casimiro Rojo Fernández como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en representación da organización sindical máis representativa no porto (CC.OO.), agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2001.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda