Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 11.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións de recursos interpostos contra os expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-00368-O-1999).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e último enderezo coñecido que

se sinalan no anexo as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións sancionadoras dictadas nos expedientes sancionadores que se citan.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, que se transcriben definitivas en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega,

conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 0182.5947.14.0200002630 do Banco Bilbao-Vizcaya Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela e, de non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste, para que lle sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Resolución

recurso

LU-00368-O-1999

M-1227-JS

G.C. de Tráfico

Víctor Manuel Codesal Méndez

Casas Novas, 3

27300 Guitiriz (Lugo)

Circular transportando lambetadas en réxime de servicio privado complementario de mercadorías, carecendo o vehículo de tarxeta de transportes.

2-3-1999; 11.20; C-630; 3

Art. 103 Lei

16/1987 e art. 158

R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

50.000 ptas.Inadmisible