Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 11.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de xullo de 2001, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00263-I-2001).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores, que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, para que lle sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2001.

Alberto Eiras Martínez

Xefe do Servicio de Informes e Recursos

da Dirección Xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00263-I-2001

2027-BFT

3325183846L145100492

María Peregrina Castro Cao

San Roque, 112-B

272 Lugo

Realizar transporte de mercadorías (terra) co vehículo matrícula 2027-BFT, que arrastra o semirremolque PO-00767-R, (vehículo articulado de 4 eixes) que está provisto dunha autorización da clase MDP-comarcal, o citado vehículo está autorizado cunha M.M.A. de 38.000 kg e presenta un peso total en báscula de 42.150 kg, o que supón realizar transporte cun exceso de peso de 4.150 kg, que representa un 10% de exceso sobre a M.M.A. do vehículo.

14-6-2001; 12.45; C-543; 12

Art. 200.3º R.D.

1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

100.000 ptas.