Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 11.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/225-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. montes de Outeiro.

Situación: Cambados.

Descricións técnicas: L.M.T., aereo-subterránea, a 20 kV, de 42 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 16 da L.M.T. existente entre os CC.TT. nomeados Benito Fernández e Pedro Jiménez, continuando en subterráneo 504 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., ata o C.T. que se proxecta en montes de Outeiro, no concello de Cambados. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de xuño de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra