Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 11.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións de recursos interpostos contra os expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-00459-O-2000 e catro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións sancionadoras dictadas nos expedientes sancionadores que se citan.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, que se transcriben definitivas en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 0182.5947.14.0200002630 do Banco Bilbao-Vizcaya Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela e, de non facelo así, procederase ó

seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste, para que lle sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Resolución

recurso

OU-00459-O-2000

PO-8602-BF

G.C. de Tráfico

Lavamar Lavandería

Industrial, S.L.

Ricardo Mella, 216

36213 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando roupa (lavandería), carecendo da autorización de transportes. Presenta tarxeta de transportes caducada a nome doutro titular, a que se recolle.

21-12-1999; 9.15; A-52; 241

Art. 103 Lei

16/1987 e art. 158

R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

50.000 ptas.Estimado

parcialmente

15.000

OU-00512-O-2000

PO-3110-AV

G.C. de Tráfico

Mantenimientos Técnicos de

Galicia, S.L.

Estr. de Camposancos, 60

36213 Vigo (Pontevedra)

Realizar un transporte privado complementario, carecendo de autorización. Transporta material técnico de maquinarias ITV.

21-12-1999; 1.35; N-525; 234

Art. 199.B)

R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

5.000 ptas.

30,05 euros

Desestimado

OU-01507-O-2000

PO-7724-AH

G.C. de Tráfico

Rosa Mª Domínguez Lens

Torrecedeira, 14-4º F

36202 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando botellas de viño en caixas, carecendo o vehículo de tarxeta de transportes. Presenta solicitude de data 7-9-1999.

11-4-2000; 18.20; N-120; 461,900

Art. 90 Lei

16/1987 e art. 41

R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.

150,25 euros

Desestimado

PO-00155-O-2000

C-4870-BX

G.C. de Tráfico

Francisco González Rey

García Lorca, 15-3º C

15704 Santiago de Compostela (A Coruña)

Circular cun camión utilizando tacógrafo Kienzle nº 1601563 fabricación, con nº de homologación E1 57 nº 015012730 sen realiza-la inspección bienal: placa de montaxe de data 7-1-1998, L=2930 W=8690 taller autorizado E1-494.

28-1-2000; 9.50; C-533; 180,900

R(CE) 3821/1985Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

50.000 ptas.

300,51 euros

Desestimado

PO-00276-O-2000

PO-3508-E

G.C. de Tráfico

Sara Xesteira Alonso

Touza, 5

36360 Camos

Santa Eulalia P.-Nigrán

(Pontevedra)

Realizar un servicio privado complementario transportando ferramentas varias carecendo da tarxeta de transportes. Presenta ITV caducada e desfavorable.

3-2-2000; 17.40; N-120; 662,800

Art. 103 Lei

16/1987 e art. 158

R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

50.000 ptas.

300,51 euros

Desestimado