Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 11.982

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio do metal.

Visto o texto do convenio colectivo do sector do comercio do metal, con nº de código 3600365, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-6-2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Comercio de Electrodomésticos, Ferretería y Material de Oficina, Asociación de Almacenistas-Mayoristas de Material Eléctrico e Asociación de Joyería, Platería y Relojería, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 20-6-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provinical e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de xullo de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o sector

comercio do metal (Pontevedra)

Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes do presente convenio as centrais sindicais Unión Xeral de Traballadores (UXT), Comisións Obreiras (CC.OO.) e Confederación Intersindical Galega (CIG), en representación dos traballadores e as asociacións provinciais de comercio de electrodomésticos, ferraxería e material de oficina; almacenistas-maioristas de material eléctrico e xoiería, pratería e reloxería, en representación dos empresarios do sector.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta a todas aquelas empresas englobadas no sector comercio do metal, os centros de traballo dos cales se atopen comprendidos dentro da provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor ós dez días da súa sinatura, con independencia da súa publicación no BOP, se ben os efectos económicos do primeiro ano de vixencia do convenio se retrotraerán ó primeiro de xaneiro de 2001.

Artigo 4º.-Duración e prórrogas.

O presente convenio terá unha duración de dous anos, contados a partir do 1 de xaneiro de 2001, finalizando os seus efectos o 31 de decembro de 2002.

Entenderase prorrogado automaticamente por anualidades, se non media denuncia das partes con tres meses, alomenos, ó termo da súa vixencia. A dita denuncia deberá facerse por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio. Todo iso sen prexuízo do establecido no artigo 29 do convenio.

Artigo 5º.-Compensación de melloras.

As melloras que se establecen no presente convenio poderán compensar ou absorber no que alcancen aquelas melloras que voluntariamente tiveran establecidas as empresas, ou as que no futuro puideran establecerse por disposición legal de carácter obrigatorio.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio viñera desfrutando de condicións máis beneficiosas, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual, cás que aquí se establecen, deberá conservarlas.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral será de corenta horas semanais de traballo efectivo, de luns a sábado pola mañá.

Artigo 8º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio gozará de trinta días naturais de vacacións anuais retribuídas, que se desfrutarán preferentemente (metade máis un do persoal, alomenos) entre os meses de abril a outubro, ambos inclusive.

Se no período de desfrute dos trinta días citados, coincidisen dous ou máis días dos declarados como festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (incluídos os festivos locais), o traballador terá dereito á recuperación dun deles, o desfrute do cal se fixará de mutuo acordo entre a empresa e o traballador, sen que este se poida unir ó período vacacional nin a outros festivos.

Se antes de inicia-lo traballador as vacacións anuais programadas, este se atopase en situación de IT, non perderá o dereito a estas, fixándolle a empresa unha nova data, unha vez que o traballador obteña a alta médica, sempre e cando a data da dita alta permita o desfrute delas dentro do mesmo ano natural.

Artigo 9º.-Licencias.

Con base no disposto no artigo 37.3º do Estatuto dos traballadores, o persoal, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos seguintes:

a) 15 días en caso de matrimonio.

b) 1 día por traslado de domicilio habitual.

c) 5 días naturais nos casos de morte de cónxuxe, ascendentes, descendentes ou irmáns e parto de esposa, así como enfermidade grave de cónxuxe, pais e fillos.

d) Ata un máximo de catro días naturais ó ano, por necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora, téndose en conta para iso os desprazamentos que o traballador teña que facer e as demais circunstancias que no caso concorran.

Esta última licencia, demostrada a súa indubidable necesidade, concederase no acto, sen prexuízo das sancións que poidan impoñérselle ó traballador que alegue causas que resulten falsas.

e) O traballador desfrutará dun día retribuído ó ano de libre disposición, que deberá solicitar cunha semana de antelación e que non poderá ser coincidente co solicitado por outro traballador da empresa.

Este beneficio quedará suprimido do convenio no caso de reducción de xornada por disposición legal.

Os dereitos en materia de permisos retribuídos recoñecidos ós cónxuxes no epígrafe c) do presente artigo, estenderanse ás parellas de feito que, inscritas no rexistro do organismo público que competa, acrediten un período de convivencia mínimo dun ano.

Artigo 10º.-Outras licencias e permisos.

Para os efectos meramente informativos, insírese a redacción literal establecida polos artigos 2.1º, 2.2º e 2.3º da Lei 39/1999, do 5 de novembro, sobre conciliación de vida familiar e laboral, redacción que se modificará automaticamente ó mesmo tempo e na mesma medida en que o faga a citada lei.

1. As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da súa xornada en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou o pai en caso de que ámbolos dous traballen.

2. Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial, que non desempeñen unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, alomenos, un tercio a un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, quen por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse en por si, e que non desempeñe actividade retribuída.

A reducción da xornada considerada no presente punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, ser dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

3. A concreción horaria e a determinación do período de desfrute do permiso de lactación e da reducción da xornada, previstos nos puntos anteriores deste artigo, corresponderalle ó traballador dentro da súa xornada ordinaria. O traballador deberá avisar previamente ó empresario con quince días de antelación a data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

As discrepancias xurdidas entre empresario e traballador sobre a concreción horaria e a determinación dos períodos de desfrute previstos nos epígrafes anteriores deste artigo serán resoltas pola xurisdicción competente a través do procedemento establecido no artigo 138 bis da Lei de procedemento laboral.

Artigo 11º.-Sábado Santo.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de descanso na mañá do sábado de Semana Santa.

Artigo 12º.-Retribucións.

Os soldos e salarios correspondentes para o primeiro ano de vixencia do convenio, son os que figuran na táboa salarial anexa I.

No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 2001 un incremento respecto ó 31 de decembro de 2000, superior ó 3%, o dito exceso servirá de base para a elaboración da táboa do ano 2002 (1-1-2002 ó 31-12-2002). Para iso, no momento en que se coñeza o dito dato, procederase a cuantifica-lo dito exceso, calculado sobre os salarios utilizados para utiliza-los aumentos pactados para 2001. A cuantificación do dito exceso adicionarase ós salarios vixentes o 31 de decembro de 2001 e sobre a cantidade resultante, calcularase o incremento salarial pactado para o 2002.

Para o segundo ano de vixencia do convenio, incrementarase a táboa vixente o 31-12-2001, nun 3%, aplicándose, en principio, os soldos e salarios que figuren na táboa salarial anexa II. Táboa que deberá ser revisada se, como se indica no parágrafo anterior, o IPC rexistra o 31 de decembro de 2001 un incremento respecto do 31 de decembro de 2000, superior ó 3%.

No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro do ano 2002, un incremento respecto ó 31 de decembro de 2001, superior ó 3% pactado para o segundo ano de vixencia, o dito exceso servirá de base para a elaboración da táboa salarial do ano 2003 (1-1-2003 ó 31-12-2003). Para iso, no momento da negociación do convenio colectivo do ano 2003, procederase a cuantifica-lo dito exceso, calculado sobre os salarios utilizados para realiza-los aumentos pactados para o 2002. A cuantificación do dito exceso adicionarase ós salarios vixentes ó 31 de decembro de 2002 e sobre a cantidade resultante, calcularanse os incrementos salariais para o 2003.

Artigo 13º.-Antigüidade.

Os premios de antigüidade consistirán en cuadrienios ó 5% sobre o salario base dos traballadores.

A partir do 7 de novembro de 1999 a acumulación dos incrementos por antigüidade non poderá supera-lo 50% do salario base (dez cuadrienios). Non obstante o cal os traballadores manterán e consolidarán as porcentaxes superiores que viñesen percibindo por este concepto ata a data citada.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado polo presente convenio manterá o seu dereito a percibir catro pagas extraordinarias dunha mensualidade cada unha delas, en marzo (paga de beneficios), xuño, setembro e decembro (Nadal).

Estas pagas consistirán no salario base, de acordo co salario do traballador, máis a antigüidade, se é o caso, debendo ser aboadas non despois do día dez dos ditos meses.

A empresa poderá ratea-las pagas extraordinarias de marzo e setembro, á totalidade do cadro de persoal, en cada uno dos doce meses do ano.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Durante a vixencia do presente convenio, quedan suprimidas as horas extraordinarias, agás caso de

extrema necesidade, que será apreciada polo empresario, oídos os delegados de persoal ou membros do comité de empresa.

As horas extras así consideradas aboaranse cun incremento do 100% sobre o salario que corresponda a cada hora ordinaria segundo categoría e táboa anexa de cada ano.

Artigo 16º.-Axudas de custo.

O persoal ó que se confira algunha comisión de servicios fóra da súa residencia habitual de traballo terá dereito a que se lle aboen os gastos que efectuase, logo de presentación dos xustificantes correspondentes.

O persoal terá dereito, ademais, a unha axuda de custo que segundo o desprazamento sexa por media xornada ou por xornada completa, será respectivamente de:

-Ano 2001: 876 e 1.301 pesetas (5,26 e 7,82 euros).

-Ano 2002: 902 e 1.340 pesetas (5,42 e 8,05 euros).

Artigo 17º.-Complemento de transporte.

As empresas aboaranlles ós seus traballadores en concepto de complemento de transporte a cantidade de 11.629 pesetas (69,89 euros), no ano 2001 e de 11.978 pesetas (71,99 euros) no ano 2002, nos once meses de traballo efectivo, polo que non se aboará no mes de vacacións, sendo considerado como concepto extra salarial para tódolos efectos.

Artigo 18º.-Incapacidade temporal.

Durante as situacións de incapacidade temporal derivadas de accidente ou enfermidade debidamente xustificados, as empresas completarán as prestacións económicas da Seguridade Social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Artigo 19º.-Servicio militar.

Ó cesar esta causa legal de suspensión do contrato de traballo, ó teor do establecido no artigo 48 do Estatuto dos traballadores, o traballador terá dereito á reincorporación ó posto de traballo reservado, debendo solicita-lo reingreso dentro dos dous meses seguintes ó cesamento da dita causa de suspensión, baixo pena de perder todo dereito á reincorporación á empresa.

Artigo 20º.-Excedencias.

1. A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

2. O traballador con alomenos unha antigüidade na empresa dun ano, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor a dous anos e non maior a cinco. Este dereito só poderá ser exercitado outra vez polo traballador, se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

3. Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

4. O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbera ou se produciran na empresa.

5. A situación de excedencia poderá estenderse a outros supostos colectivamente acordados, co réxime e os efectos que alí se prevexan.

Artigo 21º.-Excedencia por coidado de fillo e/ou familiar.

Para os efectos meramente informativos, insírese a redacción literal establecida polo artigo 4 da Lei 39/1999, do 5 de novembro, sobre conciliación da vida familiar e laboral, redacción que se modificará automaticamente ó mesmo tempo e na mesma medida en que o faga a citada lei.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza, como por adopción, ou nos supostos de acollida tanto permanente como preadoptiva, contados desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia, de duración non superior a un ano, os traballadores para atende-lo coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade noin poida valerse en por si e non desempeñe actividade retribuída.

A excedencia considerada no presente epígrafe constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante dese dereito a un novo período de excedencia, o inicio dela dará fin ó que, se é o caso, se viñese desfrutando.

O período en que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o traballador terá dereito á asistencia a cursos de formación profesioinal, a participación dos cales

deberá ser convocada polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o dito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

Artigo 22º.-Suspensión con reserva de posto de traballo.

Para os efectos meramente informativos, insírese a redacción literal establecida polo artigo 5 da Lei 39/1999, do 5 de novembro, sobre conciliación da vida familiar e laboral. Redacción que se modificará automaticamente ó mesmo tempo e na mesma medida en que o faga a citada lei.

No suposto de parto, a suspensión terá unha duración de dezaseis semanas, que se desfrutarán de forma ininterrompida, ampliables no supostos de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. No caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste do período de suspensión.

Non obstante o anterior e sen presuízo das seis semanas inmediatas posteriores ó parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que o pai e a nai traballen, esta, ó iniciarse o período de descanso de maternidade, poderá optar por que o pai desfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

Nos supostos de adopción e acollida, tanto preadoptivo como permanente, de menores de ata seis anos, a suspensión terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas, ampliable no supostos de adopción ou acollimento múltiple de dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, contadas á elección do traballador, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollida, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. A duración da suspensión será, así mesmo, de dezaseis semanas nos supostos de adopción ou acollida de menores maiores de seis anos de idade cando se trate de menores discapacitados ou minusválidos ou que por circunstancias e experiencias persoais ou que por provir do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar debidamente acreditadas polos servicios sociais competentes.

En caso de que a nai e o pai traballen, o período de suspensión distribuirase a opción dos interesados, que poderán desfrutalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre con períodos ininterrompidos e cos límites sinalados.

Nos casos de desfrute simultáneo de períodos de descanso, a suma deles non poderá exceder das dezaseis semanas previstas nos epígrafes anteriores ou das que correspondan en caso de parto múltiple.

Os períodos ós que se refire o presente artigo poderán desfrutarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, logo de acordo entre os empresarios e os traballadores arfectados, nos termos que regulamentariamente se determinen.

Nos supostos de adopción internacional, cando sexa necesario o desprazamento logo dos pais ó país de orixe do adoptado, o período de suspensión previsto para cada caso no presente artigo, poderá iniciarse ata catro semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.

Artigo 23º.-Axuda por defunción.

En caso de falecemento do traballador cun ano alomenos pertencendo á empresa, queda esta obrigada a satisface-los seus dereitos habentes o importe de tres mensualidades iguais cada unha delas á última que o traballador percibise, incrementada con tódolos emolumentos inherentes a esta.

Artigo 24º.-Xubilación.

As empresas e traballadores poderán pactar, logo de existencia de común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituílos simultaneamente ó seu cesamento por xubilación, por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

Artigo 25º.-Premios por xubilación anticipada.

Ó producirse a xubilación anticipada voluntaria dun traballador que leve na empresa máis de quince anos, recibirá dela unha compensación económica equivalente a 5 mensualidades, cando esta se produza ós 60 anos; catro mensualidades, ós 61 anos; tres mensualidades, ós 62 anos; dúas mensualidades, ós 63 anos; e unha mensualidade ós 64 anos.

Artigo 26º.-Pluriemprego.

As partes asinantes deste convenio estimen conveniente erradica-lo pluriemprego, como regra xeral.

Para estes efectos, estímase necesario que se apliquen co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social, por estaren dados de alta xa noutra empresa.

Para coadxuva-lo obxectivo de controla-lo pluriemprego, considérase esencial o cumprimento exacto do requisito de dar a coñecer ós representantes legais dos traballadores os boletíns de cotización á Seguridade Social, así como os modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa e os documentos relativos á terminación da relación laboral, conforme dispón o artigo 64.1º do Estatuto dos tra

balladores. O incumprimento desta obriga considerarase falta grave para efectos da súa sanción pola autoridade laboral.

Artigo 27º.-Pezas de roupa de traballo.

Ós traballadores que proceda proveráselles obrigatoriamente por parte da empresa, de uniformes e outras pezas de roupa de traballo, das coñecidas e típicas para a realización das distintas e diversas actividades que o uso vén aconsellando.

A provisión de tales pezas de roupa de traballo hase de facer ó comeza-la relación laboral entre a empresa e o traballador en número de dúas pezas de roupa, que se repoñerán en anualidades sucesivas de xeito conveniente, ou alomenos, na metade delas.

Artigo 28º.-Acumulación de horas sindicais.

No ámbito de empresa, os delegados ou membros do comité poderán renunciar a todo ou parte de crédito de horas, que a lei en cuestión lles recoñeza a favor doutro ou outros delegados ou membros do comité. Para que iso produza efecto, a cesión de horas haberá de ser presentada por escrito.

Artigo 29º.-Contratación.

Emprego fixo: tódalas empresas do sector están obrigadas a ter un mínimo de emprego fixo do 60% do cadro de persoal, sendo obrigatoria unha revisión semestral para velar polo cumprimento desta porcentaxe.

Contrato eventual: a teor do diposto no artigo 15 b) do texto refundido do Estatuto dos traballadores, Real decreto lei 8/1997, Real decreto do 16 de maio e Lei 5/2001, do 2 de marzo vixentes, este contrato ten por obxecto atender esixencias circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

Formalización do contrato: formalizarase por escrito, consignándose con suficiente precisión e claridade a causa e circunstancias que o motiven, e rexistrándose no Inem.

Duración e prórroga: a duración destes contratos non poderá ser inferior a 30 días, nin superior a doce, dentro dun período de 18, contados a partir doi momento do contrato inicial. Limitarase a dous o número de contratos que se van realizar, na súa duración máxima, a unha mesma persoa.

No caso de que se concerte o contrato por un prazo inferior ós doce meses, poderá ser prorrogado mediante acordo dfas partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo. As prórrogas terán unha duración mínima de 15 días. A duración do contrato e das súas prórrogas axustarase ó disposto anteriormente, salvo que exista pacto do contrario.

Nos contratos supueriores ós seis meses, se á finalización do período inicial ou de calquera das súas prórrogas, non houbese unha comunicación previa de dez días de antelación á súa finalización, o contrato considerarase prorrogado automaticamente ata a súa duración máxima. Se á finalización da súa duración máxima, non houbese denuncia expresa con dez días de antelación e se continuase prestando servicios, o contrato considerarase por tempo indefinido, salvo proba en contrario que acredite a natureza temporal da prestación.

Indemnización económica: en virtude do establecido no artigo 49, apartado c) do Estatuto dos traballadores, á extinción do contrato eventual por expiración do tempo convido ou pola realización da obra ou servicio obxecto do contrato, o traballador terá dereito a recibir unha indemnización económica equivalente á parte proporcional da cantidade que resultaría de aboar doce días do salario por cada ano de servicio.

Artigo 30º.-Acción sindical.

Haber que aterse ó disposto na lexislación laboral vixente e, en particular, nos artigos 61 ó 81 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 31º.-Lei de prevención de riscos laborais.

Para estes efectos haberá que aterse ó disposto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, publicada no BOE nº 269, do 10 de novembro, así como ó seu desenvolvemento regulamentario, que é normativa de dereito mínimo e indispensable.

Artigo 32º.-Lexislación subsidiaria.

No no previsto expresamente neste convenio aplicarase o acordo marco de comercio, o Estatuto dos traballadores e demais disposicións.

Artigo 33º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación das cláusulas deste convenio, constituirase unha comisión paritaria integrada por catro membros da representación social e catro da empresarial.

Disposicións adicionais

Co fin de evita-lo retraso na negociación do próximo convenio e dados os prexuízos que ós empresarios e traballadores lles causa o aboamento de atrasos salariais, as partes asinantes do convenio acordan constituí-la comisión deliberadora na segunda quincena do mes de xaneiro do ano 2003.

Táboa salarial anexa I

Pesetas

Vixencia do 1 de xaneiro de 2001 ó 31 de decembro de 2001

S. mensualCuadrienioS. anual

Grupo I
Enxeñeiros e licenciados147.1937.3602.355.090
Axudantes e técnicos125.1116.2561.648.512
Formación profesional103.0325.1521.648.512

S. mensualCuadrienioS. anual

Grupo II
Xefe de persoal, de vendas, de compras, encargado xeral147.1937.3602.355.090
Xefe de almacén ou sucursal125.1116.2562.001.783
Xefe de grupo110.3945.5201.766.304
Xefe de sección103.0325.1521.648.512
Encargado establecemento, vendedor, comprador103.0325.1521.648.512
Viaxante99.2684.9631.588.285
Dependente, corredor de praza96.8814.8441.550.101
Dependente maior (10% máis có dependente)
Axudante93.3144.6661.493.032
Traballadores en formación: 85% do salario da categoría para a que se vai formar (artigo 25 contratación)

Grupo III
Xefe administrativo132.4706.6242.119.523
Xefe de sección110.3945.5201.766.304
Contable caixeiro103.0325.1521.648.512
Oficial administrativo99.2684.9631.588.285
Auxiliar administrativo ata 10 anos de servicio93.3144.6661.493.032
Auxiliar administrativo con máis de 10 anos de servicio96.8814.8441.550.101
Auxiliar de caixa94.5084.7251.512.123

Grupo IV
Debuxante125.1116.2562.001.783
Escaparatista115.2995.7651.844.786
Rotulista105.4865.2741.687.770
Cortador107.9355.3971.726.958
Axudante93.3144.6661.493.032
Profesional de oficio93.3144.6661.493.032
Axudante de oficio93.3144.6661.493.032
Mozo especializado93.3144.6661.493.032
Capataz93.3144.6661.493.032
Telefonista, mozo, envasador, embalador93.3144.6661.493.032

Grupo V
Conserxe, cobrador, vixilante, sereno e ordenanza93.3144.6661.493.032
Persoal de limpeza por xornada completa76.8143.8411.229.019
Persoal de limpeza por hora (incluida a pro rata das 4 pagas extras)6733410.768

Táboa salarial anexa I

Euros

Vixencia do 1 de xaneiro de 2001 ó 31 de decembro de 2001

S. mensualCuadrienioS. anual

Grupo I
Enxeñeiros e licenciados884,6544,2314.154,38
Axudantes e técnicos751,9437,6012.030,96
Formación profesional619,2330,969.907,76

Grupo II
Xefe de persoal, de vendas, de compras, encargado xeral884,6544,2314.154,38
Xefe de almacén ou sucursal751,9437,6012.030,96
Xefe de grupo663,4833,1710.615,70
Xefe de sección619,2330,969.907,76
Encargado establecemento, vendedor, comprador619,2330,969.907,76
Viaxante596,6129,839.545,78
Dependente, corredor de praza582,2729,119.316,30
Dependente maior (10% máis có dependente)
Axudante560,8328,048.973,30
Traballadores en formación: 85% do salario da categoría para a que se vai formar (artigo 25 contratación)

Grupo III
Xefe administrativo796,1639,8112.738,59
Xefe de sección663,4833,1710.615,70
Contable caixeiro619,2330,969.907,76
Oficial administrativo596,6129,839.545,78
Auxiliar administrativo ata 10 anos de servicio560,8328,048.973,30
Auxiliar administrativo con máis de 10 anos de servicio582,2729,119.316,30
Auxiliar de caixa568,0028,409.088,04

Grupo IV
Debuxante751,9437,6012.030,96
Escaparatista692,9634,6511.087,39
Rotulista633,9831,7010.143,70
Cortador648,7032,4410.379,23
Axudante560,8328,048.973,30
Profesional de oficio560,8328,048.973,30
Axudante de oficio560,8328,048.973,30

S. mensualCuadrienioS. anual

Mozo especializado560,8328,048.973,30
Capataz560,8328,048.973,30
Telefonista, mozo, envasador, embalador560,8328,048.973,30

Grupo V
Conserxe, cobrador, vixilante, sereno e ordenanza560,8328,048.973,30
Persoal de limpeza por xornada completa461,6623,087.386,55
Persoal de limpeza por hora (incluida a pro rata das 4 pagas extras)4,040,2064,72

Táboa salarial anexa II

Pesetas

Vixencia do 1 de xaneiro de 2002 ó 31 de decembro de 2002

S. mensualCuadrienioS. anual

Grupo I
Enxeñeiros e licenciados151.6097.5802.425.743
Axudantes e técnicos128.8656.4432.061.967
Formación profesional106.1235.3061.697.967

Grupo II
Xefe de persoal, de vendas, de compras, encargado xeral151.6097.5802.425.743
Xefe de almacén ou sucursal128.8656.4432.061.837
Xefe de grupo113.7065.6851.819.294
Xefe de sección106.1235.3061.697.967
Encargado establecemento, vendedor, comprador106.1235.3061.697.967
Viaxante102.2465.1121.635.933
Dependente, corredor de praza99.7884.9891.596.604
Dependente maior (10% máis có dependente)
Axudante96.1144.8061.537.823
Traballadores en formación: 85% do salario da categoría para a que se vai formar (artigo 25 contratación)

Grupo III
Xefe administrativo136.4446.8222.183.109
Xefe de sección113.7065.6851.819.294
Contable caixeiro106.1235.3061.697.967
Oficial administrativo102.2465.1121.635.933
Auxiliar administrativo ata 10 anos de servicio96.1144.8061.537.823
Auxiliar administrativo con máis de 10 anos de servicio99.7884.9891.596.604
Auxiliar de caixa97.3434.8671.557.487

Grupo IV
Debuxante128.8656.4432.061.837
Escaparatista118.7585.9381.900.129
Rotulista108.6505.4331.738.403
Cortador111.1735.5591.778.767
Axudante96.1144.8061.537.823
Profesional de oficio96.1144.8061.537.823
Axudante de oficio96.1144.8061.537.823
Mozo especializado96.1144.8061.537.823
Capataz96.1144.8061.537.823
Telefonista, mozo, envasador, embalador96.1144.8061.537.823

Grupo V
Conserxe, cobrador, vixilante, sereno e ordenanza96.1144.8061.537.823
Persoal de limpeza por xornada completa79.1183.9561.265.890
Persoal de limpeza por hora (incluida a pro rata das 4 pagas extras)6933511.091

Táboa salarial anexa II

Euros

Vixencia do 1 de xaneiro de 2002 ó 31 de decembro de 2002

S. mensualCuadrienioS. anual

Grupo I
Enxeñeiros e licenciados911,1945,5614.579,01
Axudantes e técnicos774,4938,7212.391,89
Formación profesional637,8131,8910.204,99

Grupo II
Xefe de persoal, de vendas, de compras, encargado xeral911,1945,5614.579,01
Xefe de almacén ou sucursal774,4938,7212.391,89
Xefe de grupo683,3934,1710.934,17
Xefe de sección637,8131,8910.204,99
Encargado establecemento, vendedor, comprador637,8131,8910.204,99
Viaxante614,5130,739.832,16

S. mensualCuadrienioS. anual

Dependente, corredor de praza599,7429,999.595,78
Dependente maior (10% máis có dependente)
Axudante577,6628,889.242,50
Traballadores en formación: 85% do salario da categoría para a que se vai formar (artigo 25 contratación)

Grupo III
Xefe administrativo820,0541,0013.120,75
Xefe de sección683,3934,1710.934,17
Contable caixeiro637,8131,8910.204,99
Oficial administrativo614,5130,739.832,16
Auxiliar administrativo ata 10 anos de servicio577,6628,889.242,50
Auxiliar administrativo con máis de 10 anos de servicio599,7429,999.595,78
Auxiliar de caixa585,0429,259.360,69

Grupo IV
Debuxante774,4938,7212.391,89
Escaparatista713,7535,6911.420,01
Rotulista653,0032,6510.448,01
Cortador668,1633,4110.690,60
Axudante577,6628,889.242,50
Profesional de oficio577,6628,889.242,50
Axudante de oficio577,6628,889.242,50
Mozo especializado577,6628,889.242,50
Capataz577,6628,889.242,50
Telefonista, mozo, envasador, embalador577,6628,889.242,50

Grupo V
Conserxe, cobrador, vixilante, sereno e ordenanza577,6628,889.242,50
Persoal de limpeza por xornada completa475,5123,787.608,15
Persoal de limpeza por hora (incluida a pro rata das 4 pagas extras)4,170,2166,66